Ten publicado en galego: Lexanias (1980) edición do autor. Maruxía (1989) edita concello de Tomiño. Mais aló de Fisterre (1991) edición da Exma. Diputación Provincial de Pontevedra.

Segunda edición, (2000) Deputación de Pontevedra.

En castelàn: Poemas del verbo amar (1981) edición do autor. Soliloquios del silencio (1982) edición do autor. Para el amor pido la palabra (1987) Madrí editorial Betania. 2ª edición (1990) editorial Lumen Argentina .Sombra de luna (1990) ediciones Moria (Nueva York). Desde la otra orilla (1994) edición do Concello de Tomiño. Entre dos aguas (1995) editorial Latino Press. Entre tu cuerpo y mi cuerpo (1996) Concello de A Guarda e Tomiño. 2ª edición (1997) Concello de a Guarda. Nova Iorque en nove poetas (antoloxía) (1999) Casa da Cultura de Ecuador.

Al Fin Del Siglo. (2000) Ollantay Press New York. Doce poetas entre rañaceus (2000) Casa da cultura de Ecuador (antoloxia). Miradas de Nova Iork (2000) Editorial El Vigía Granada (antoloxia).Para Abril e amantes 2003(colección Tambo Deputación Provincial) Seis narradores en Nueva York 2006 (Ediciones Dauro Granada). Entre tu cuerpo y mi cuerpo. 2007 ( Antoloxia amorosa. Edición da Deputación Provincial). Ratas en Manhattan 2007 (narrativa Sotelo Blanco edición).

Ten sido antologado en distintas antoloxías e colabora en xornales de literatura de España Portugal e Latinoamérica.

TEMPO DA MEMORIA

I

Meu corazón e hoxe un puño aberto
donde aniña a lembraza da historia.
E tamen un frente no deserto,
donde nace unha flor feita memoria.

II

Ai España, folklórica terra,
donde habita a razón da sinrazón.
Ainda a sotana condena e berra,
e moitos soñan con fusilar no paredón.

III

Nesta hora que penso no pasado
florece no meu peito a vosa semente,
e sinto o voso corpo como a terra o arado
donde florece a vosa voz en toda a nosa xente.

IV

Faeremos das vosas cinzas unha bandeira
que voe polos teitos da verdade,
donde a libertade que enterrou a xenrreira,
desperte no aturuxo dunha sola vontade.

V

Faeremos das rúas primaveiras.
Ergueremos nunha canción a vosa voz.
Poremoslles asas silandeiras,
para que non exista o asesinato atroz

VI

Será o encontro do corpo amado,
inda en cinza, lembranza que condena.
Serán os beizos un páxaro preñado,
que abra o peito e rompa esa cadena.

VII

Serán os fillos, netos, compañeiros,
que abracen o silencio nesta aurora.
Seremos tantos que seremos milleiros,
que abra a historia nesta nova hora.

VIII

Que non quede un corpo abandonado.
Que sexa a xustiza unha fogeira,
Donde se abra un sulco en cada balado,
E se erga a memoria da clase obreira.

IX

Que non quede a esquecemento o asesinato
Que a historia coñeza o nome dos Atilas,
que a golpe de fusil e garabato,
arruinaron a dignidade das nosas Vilas.

X

Escribo con dolor, raiba e pranto
este cantar que sae das cunetas.
Hoxe e sempre a memoria canto,
no cristo redimido das saetas.

Francisco Álvarez Koki
Tui Setembro Nova Iork Novembro do 2009