CRMH, 9 de marzo do 2016.- Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña, e Uxío-Breogán Diéguez, doutor en Historia pola Universitat de Barcelona, especialista na historia do nacionalismo galego e fundador e director de Murguía, Revista Galega de Historia, presentarán maña xoves (19.30 hoas) na Librería Sisargas (Rúa San Roque, 7) o número monográfico da revista dedicado ás Irmandades da Fala e a Galiza do seu tempo. Ambos falarán ademais dos vínculos entre os nacionalismos galego e irlandés de finais do século XIX e principios XX. O acto encádrase dentro do programa de conmemoración do Levantamento de Pascua de 1916 que organiza na Coruña a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.

Ligazón ó artigo de Uxío-Breogán Diéguez sobre as relacións entre o soberanismo irlandés e a Galiza da época:

http://laduda.net/proceso-soberanista-irlandes-e-galiza-do-seu-tempo/