Roteiro da Vergoña: Fóra das nosas rúas os alcaldes da Ditadura. Sábado, 2 de outubro, ás 12 horas

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) convoca un Roteiro da Vergoña, en colaboración coa Asociación Veciñal de Agra do Orzán, baixo o lema “Fóra das nosas rúas os alcaldes da ditadura”. Nos próximos meses continuará con outros roteiros para acabar cos restos do franquismo na Coruña.

Son numerosas as iniciativas que, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica de 2007, tomaron moitos concellos para retirar rúas e distincións a alcaldes e alcaldesas da ditadura, Así, En Bilbao, alcaldía del PNV, que goberna con el PSOE, declararon hai moitos anos como “ilexítimos” os 21 alcaldes durante a Guerra Civil e a ditadura. En consecuencia, eliminaron todas as súas rúas e distincións.

En Barcelona retiran en abril de 2018 a Medalla de Ouro a Miquel Mateu Pla, alcalde na ditadura. Madrid, co voto a favor do PSOE, retira a distinción de Fillo Adoptivo e cambia o nome da avenida Conde de Mayalde, alcalde na ditadura. Tamén retiran a Medalla de Honor e de Ouro a Carlos Arias Navarro, alcalde na ditadura, e cambian o nome do Parque do Alcalde Carlos Arias Navarro, tamén co voto do PSOE. En Cádiz retiran a avenida do alcalde Ramón de Carranza e cambian tamén nome do estadio de fútbol desa cidade.

En Ferrol, a iniciativa do PSOE, retiran do salón de plenos os retratos de todos os alcaldes da ditadura. En Ponferrada, alcaldía do PSOE, retiran tamén todos eses retratos do salón de plenos. Na Deputación de Lugo (goberno PSOE-BNG) retiran do salón de sesións do palacio provincial os retratos de todos os presidentes da Deputación de Lugo durante a ditadura.

En A Coruña, como contraste, dos 108 restos do franquismo que quedan por retirar, 30 están relacionados con alcaldes e alcaldesa na ditadura, que ocuparon o cargo até abril de 1979: 11 rúas, retratos, distincións, placas, esculturas.

roteiro polas catro rúas do barrio do Ventorrillo comezará na placa de “Alcalde Liaño Flores”, na súa confluencia con Rolda de Outeiro, continuará pola rúa “Alcalde Jaime Hervada”, haberá unha parada na escultura de Pucho Boedo na rúa Mosteiro de Caaveiro, continuará pola rúa “Alcalde Salorio Suárez” e rematará na rúa “Alcalde Peñamaría de LLano”, na súa confluencia con Mosteiro de Caaveiro.

En cada parada está prevista unha explicación da biografía de cada alcalde e unha intervención dalgún familiar das vítimas do franquismo. Debaixo de cada placa actual será colocada unha proposta de nome alternativo para esa rúa que a CRMH trasladará ao goberno municipal da Coruña e a todos os grupos municipais.

Dentro da súa actividade informativa para toda a cidadanía, a CRMH difundirá un folleto coas biografías destes alcaldes da ditadura, así como das rúas alternativas que propón.