O Pepe Miñones empresario 

Aínda que aquí só nos referimos a José Miñones Bernárdez, máis recoñecido como Pepe Miñones, non hai que esquecer que tanto os seus irmáns como o seu pai xa tiveran unha dilatada carreira profesional.

A Casa de Banca Manuel Miñones Barros é impulsada polo seu pai, quen tamén participa de diferentes publicacións da hemeroteca da Costa da Morte e ocupa a Alcaldía de Corcubión entre 1914 e 1920.

E aínda que Pepe Miñones era avogado, contou cunha importante vertente empresarial que ocupará diferentes eidos, creando na Coruña a compañía hidroeléctrica Electra Popular Coruñesa, propietaria dun salto do río Lambre e con opción de compra dos lignitos de As Pontes de García Rodríguez. Ademais tiña planeado construír un tendido eléctrico dende A Coruña ata a Costa da Morte.

Pero esta liña de traballo xa viña dos seus tempos fora de Galicia, sendo un dos impulsores da Hidroeléctrica de La Loma, sobre o Guadalquivir. Alá tamén se encargará de varias empresas centradas na alimentación, no xabrón, no refinado de aceite e un longo etcétera. Con trinta anos xa era conselleiro en sete grandes empresas.

Ademais do seu énfase por levar o tren á Costa da Morte tamén fixo importantes esforzos por mellorar o transporte marítimo, crucial para esa zona, ca construción de postos pesqueiros e melloras dos comerciais. E incluso en 1935 foi nomeado Conselleiro Director da Compañía Ibero-Argentina de Construcciones y Subterráneos, empresa promotora do metro de Bos Aires, da que era un importante accionista.

En definitiva, podemos comprender como o progreso que Pepe Miñones quería para Galicia viña dado por tres liñas que eran fundamentais naquelas anos: as instalacións portuarias, as ferroviarias e o subministro de enerxía.

Fontes:

Luís Lamela: Pepe Miñones, un crimen en la leyenda. 1900 – 1936. Ediciós do Castro, 1991.