Pepe Miñones e a Costa da Morte

Malia que boa parte da súa curta vida a pasou entre Madrid e Jaén, Pepe Miñones tivo presente todo o tempo á Costa da Morte.

E non só no referido ao tren das tres CCC co que pensaba unir A Coruña con Carballo e Corcubión, senón que boa parte das súas iniciativas políticas e empresariais estaban encamiñadas a mellorar o día a día dos seus veciños.

El mesmo proxectou o tendido eléctrico co que ía unir A Coruña ca Costa da Morte e del saíron ideas como o de mellorar os portos pesqueiros e comerciais de toda a comarca ou o recheo da Seca.

Presentou iniciativas para reformar esta zona occidental de Galicia, potenciando o encaixe de Camariñas ou transformando a fortaleza de Ameixenda nun asilo de anciáns. Nesta zona tamén potenciaría a industria do salazón.

Por todo isto é recordado na zona da Costa da Morte como un dos homes máis destacados do pasado século, a pesar de que o seu proxecto foi truncado en 1936.

Fonte: Luís Lamela – Pepe Miñones: un crimen en la leyenda (1900 – 1936), Ed. do Castro, 1991.