Pepe Miñones (1900 – 1936)

José Miñones Bernárdez, máis coñecido como Pepe Miñones, naceu o 1 de maio de 1900 na vila de Corcubión. Foi fillo de Manuel Miñones Barros, dono da Casa de Banca Manuel Miñones e alcalde de Corcubión entre 1914 e 1920.

Estudante de Profesorado Mercantil na Coruña e de Dereito en Madrid e Santiago, contou cun amplo currículo laboral ocupándose de moitos dos negocios herdados do seu pai. Ademáis disto, fundou numerosas empresas e cooperativas de temas innovadores no seu momento (alimentación, enerxía, refinado de aceites, etc) destacando sobre elas a Hidroeléctrica de La Loma, S.A., que funda nos seus anos en Úbeda e a Electra Popular Coruñesa, S.A., que pasaría tralo seu fusilamento a mans de Barrié de la Maza. Así mesmo, foi accionista de moitas outras empresas, como a Compañía Ibero-Argentina de Construcciones y Subterráneos, promotora do metro de Bos Aires, da que era Conselleiro Director.

A súa vida foi intensa no plano industrial, máis tamén no plano político e xornalístico.

Fundador do Partido Socialista Agrario na Costa da Morte e militante activo do Partido Republicano Radical de Lerroux, sendo escollido deputado nas eleccións xerais de 1933. Posteriormente pasaría ao Partido Radical Demócrata e a Unión Republicana, seguindo a Martínez Barrio. En 1936 regresa ao Congreso dos Deputados como membro da Fronte Popular. No seu haber figura o ter loitado por temas de especial calado para Galiza coma son os intereses dos gandeiros prexudicados pola importación da carne conxelada, os portos pesqueiros da Costa da Morte ou a chegada do ferrocarril e da electricidade a esta zona

Traballou de xornalista para varios medios, fundado el mesmo a revista Nerio en 1920, dende onde loitou incansablemente polo seu proxecto máis recoñecido, o tren das “tres ces” que faría a ruta Coruña – Carballo – Corcubión. Nos seus tempos en Úbeda e Madrid, como xa veremos, tamén mantén o seu traballo neste eido.

Foi apresado polos sublevados na Coruña en xullo de 1936, cando trataba de defender a paz, a democracia e a orde republicana. Acusárono de “traizón” nun consello de guerra sumarísimo que o condenou a morte. Por se non fose pouco, tivo que pagar unha multa dun millón de pesetas e expropiáronselle todas as súas empresas. Foi fusilado o 2 de decembro de 1936 en Punta Herminia, escribindo uns días antes estas letras á súa muller:

Ya ves, Maruxiña de mi alma. Esto se va a acabar. Desde que te escribí mi carta de despedida, se prolongó la agonía y el dolor todavía un mes. Ahora, reconcentrado mi pensamiento en ti y en nuestros hijitos, en la noche que voy a morir, nada tengo que agregar a mi carta anterior. Sólo pedir a nuestros hijitos, por tu mediación, que estudien mucho, y que te ayuden porque lo has de necesitar. Desde mañana, Maruxiña querida, te falto yo. Me tortura, neniña del alma, el penar si no te hice feliz. ¿Por qué había de ocuparme tanto de los demás, teniendo en mi casita toda la felicidad? La felicidad eras tú, mi santa, que eres un ejemplo de mujer. (…) Puedes creer, Maruxiña mía, que te quise como nadie te hubiera querido; y que eras todo para mí. Encauza la vida de nuestros hijitos pensando en ellos solamente, ya que en mí, desde ahora, no tienes que pensar, más que para pedir a Dios. Apártalos de la política; y si han de trabajar en negocios, frénales la imaginación, que a mi me fue perjudicial. Que trabajen pensando en ti, y, cuando tengan que casarse, que no piensen más que en llevarse una buena mujer. Ese Tesoro lo encontré yo. Ayúdales a buscarlo, y que lo aprecien que no hay nada que tenga igual valor. Cuando sean mayores, explícales mi vida, con mis éxitos y fracasos, y mi calvario, para que recojan lo bueno y corrijan lo malo que yo tuviese. Acordaros de mí, Maruxiña. (…) ¡Adiós, Mujercita e hijitos de mi alma! En vosotros quedan toda mi ilusión, mis recuerdos, y todas mis horas de felicidad. Adiós para siempre, Maruxiña, santa mía. No puedo con mi cabecita pero no quiero dejar de escribir.¡Adiós, neniña de mi alma e hijitos de mi corazón!. Siempre con vosotros, aun en la Eternidad, vuestro Pepe.

Por todo isto foi escollido Republicano de Honra 2018 e dende hoxe comezamos unha serie de publicacións para recordar a súa figura.

Fontes:
Xesús Alonso Montero: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), Xerais, 2009.
Luís Lamela – Pepe Miñones: un crimen en la leyenda (1900-1936), Ed. do Castro, 1991.

 

Caricatura de Miñones, por Luís Huici na revista Nerio e portada en cor da obra de Luís Lamela.