A Coruña, 12 novembro do 2012. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña leva anos explicando que o pazo de Meirás foi mercado a finais dos anos 30 cos cartos conseguidos, fundamentalmente, por tres procedementos: obrigando a traballadoras e traballadores (públicos e privados) a aportar unha parte da súa nómina; colleitas polos concellos, visitando as casas dos veciños; e achegas directas dos concellos. Sempre baixo ameazas. Fronte ó espolio, a CRMH defende a devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público.

Un exemplo das subscricións

A Asociación Cultura Aberta de Carral facilitou os documentos para o seguinte relato sobre como se fixo nese concello á subscrición popular para comprar o pazo para regalarllo a Franco.

A chamada Junta Pro Pazo del Caudillo enviaba a seguinte carta aos alcaldes:

La iniciativa de regalar al providencial Caudillo de los victoriosos ejércitos españoles, Excmo. Sr. Don Francisco Franco Bahamonde (Q.D.G.), un Pazo situado en la tierra que le vio nacer y, que en los próximos futuros días de paz, sea el lugar de descanso de la ingente tarea del Gobierno del Nuevo Estado de esta España Imperial, forjada por el valor de nuestros soldados guiados por su clara y gloriosa inteligencia, ha sido acogida con tal entusiasmo, que fueron muchas las personas que se han dirigido a esta JUNTA-PRO PAZO DEL CAUDILLO, exponiendo el deseo de colaborar en la realización de tan feliz idea.

Adjunto tenemos el gusto de remitirle un paquete, conteniendo los siguientes impresos: PLIEGOS PARA LA RECOGIDA DE FIRMAS. HOJAS PARA LA CONFECCIÓN DE LISTAS. (Las personas que no supieran firmar, deberán ser anotadas en una casilla con su nombre y apellidos).

Nos permitimos indicarle la conveniencia, de nombrar comisiones que se compondrán, de dos o tres personas de significación en la localidad, quienes se encargarán de visitar personalmente a sus convecinos, pudiendo ser varias estas comisiones, a fin de realizar esta labor rápidamente.

¡FRANCO!   ¡FRANCO!   ¡FRANCO!   ¡ARRIBA ESPAÑA!!

La Coruña, Mayo de 1938. II AÑO TRIUNFAL

O alcalde de Carral, Laureano Núñez Rivas, convocou ó Xefe Local de Falanxe, mestras e mestres do concello, e a seis párrocos a unha reunión para o 19 de maio dese ano “al preciso objeto de tratar sobre un asunto de excepcional importancia patriótica”. O 21 de maio de 1938 quedaban constituídas as Juntas Parroquiales Pro Pazo del Caudillo nas parroquias de Paleo, Cañás, Quembre, Sergude, Sumio, Tabeaio, Veira e San Vicente de Vigo. En cada comisión, formada por tres persoas, participaban mestras ou mestres, párrocos, concelleiros e falanxistas. Na acta asinaban todos eles debaixo dun texto que dicía: “Quedamos enterados y prometemos cumplir bien nuestro cometido”.

Cumpriron as instrucións e, despois de visitar casa por casa aos veciños, a recollida das achegas voluntarias supuxo que 819 familias aportaron 4.385 pesetas para que “el invicto Caudillo FRANCO venga a descansar en la tierra que le vió nacer, de la ingente tarea de conducir los Ejércitos Nacionales a la Victoria”. Sucedeu todo isto no concello de Carral onde numerosos veciños foron asasinados polos fascistas despois da sublevación militar do 36, e moitos cadáveres apareceron nas cunetas.

Este procedemento repetíuse en todos os concellos da provincial da Coruña. Non foi suficiente, así que o Estado autorizou a que parte dos salarios (un día ou dous de cada mes, dependendo do cargo) dos funcionarios públicos se destinara a ese fin. A empresa privada fixo o mesmo. E as institucións públicas (concellos e Deputación) e empresas terminaron por facer tamén a súa propia achega. CRMH

 

Na campaña pola DEVOLUCIÓN do PAZO DE MEIRÁS a CRMH pretende ofrecer argumentos e documentación que apoien a nosa esixencia de reparación daquel espolio.