Sodes vós os que fostes mulleres e homes
Sodes vós as vítimas de moleiras roídas pola couza noxente
Sodes vós unhas e outros que xa non estades
Sodes vós os que facedes que xermole na lei a xustiza
Sodes vós os que nos destes ese espírito máis forte
Sodes vós os de corazón grande de homes moi grandes
Sodes vós a quen vos quitaron todo, todo, tamén a vida
Sodes vós os que non estades, os que mataron, asasinaron
Sodes vós os que fixestes posible ese xérmolo forte
Sodes vós os que nen sequera tedes unha sepultura de vós
Sodes vós os que deixastes os ósos nas cunetas das estradas
Sodes vós os que espertastes as conciencias dos asasinos
Sodes vós os que facedes que nós tamén fagamos
Sodes vós os que non estando estades con nós ahí
Sodes vós os que remexedes as moleiras máis pechadas
Sodes vós os que despreguizades as preguizas anoxadas
Sodes vós os dos holocaustos, guerras, atentados, “paseados”
Sodes vós os dos axustes de contas, vinganzas, cobizas ruíns
sodes vós os condeados, fusilados, inquisitados, todos vós
sodes vós os que fixestes posible o poder das palabras
Sodes vós os que fixestes posibles as armas máis potentes do mundo
Sodes vós os que fixestes posible o ben decir dos libros,,¡os libros!
Sodés vós, vós, vós, vós, vós, vós, vós, vós, vós e moitos vós
Sodes vós os que non tedes rostro, nin corpo, nin mente
¡Sodes vós! ¡só vós!