“Imos festexalo,  veñan todos,  os inocentes,  os damnificados,  os que gritan de noite…”

Imos festexalo

veñan todos

os inocentes

os damnificados

os que gritan de noiteos que soñan de día

os que sofren o corpo

os que aloxan pantasmas

os que pisan descalzos

os que blasfeman e arden

os pobres conxelados

os que queren a alguén

os que nunca se esquecen

imos festexalo

veñan todos

o crápula morreuse

acabouse a alma negra

o ladrón

o cocho

acabouse para sempre

hurra

que veñan todos

imos festexalo

a non dicir

a morte

sempre o borra todo

todo o purifica

calquera día

a morte

non borra nada

quedan

sempre as cicatrices

hurra

morreu o cretino

imos festexalo

a non chorar de vicio

que choren os seus iguais

e tráguense as súas bágoas

acabouse o monstro prócer

acabouse para sempre

imos festexalo

a non pornos mornos

a non crer que este

é un morto calquera

imos festexalo

a non volvernos frouxos

a non esquecer que este

é un morto de merda.