O Pepe Miñones xornalista

O listado de xornais nos que participa Pepe Miñones é case tan extenso como o número de actividades empresariais das que forma parte.

Como xa tiñamos visto, o máximo expoñente desta experiencia xornalística será a fundación do xornal Nerio que el mesmo empregará como altofalante para moitas das súas iniciativas políticas. Pero non será Nerio a única cabeceira para a que escriba, xa que con vintecatro anos funda na Coruña Región Gallega e Finis Terrae.

Tamén nos seus anos en Andalucía reflota o xornal La provincia. Incluso no seu paso pola capital madrileña será correspondente de diferentes xornais provinciais e madrileños dende onde propgará as súas ideas e a súa particular visión do progreso.

Pero non será esta unha actividade na que se desenvolva únicamente Pepe Miñones, xa que o seu pai tamén tivo unha traxectoria similar, fundando en 1902 o xornal quincenal El Eco de Mugía.