Música, comida e ofrenda floral no primeiro memorial Irmáns dá Lexía

O primeiro Trofeo “Bebel” celebrouse onte no campo de fútbol municial “Suso Cruz”, en Guitiriz. Alí estaban convocados dous equipos, representando á Peña deportivista Riazor Blues, e a un combinado dos equipos de fútbol de Guitiriz. A razón era a celebración do antedito Trofeo, adicado aos Irmáns da Lexía, todos eles militantes das Xuventudes Socialistas Unificadas no 1936 (Frances, Jaurés, Bebel -que era xogador do Deportivo-, e Pepín, que foi o único quen salvou a vida escapando cara Arxentina), irmáns que viron segadas as súas vidas 0 25 de xullo de 1936, cando foron sacados das súas casas por falanxistas que ían por eles, aparecendo logo os seus corpos no monte que divide a provincia da Coruña da de Lugo, á altura da parroquia de Santa Marña de Lagostelle. Tres vidas truncadas (Jaurés tiña 19 anos, Frances 24 e Bebel 22) pola barbarie franquista. Sofrimento, dór, asasinatos impunes.

Pero foi grazas á labor do párroco de Santa Mariña, Alfonso Blanco Torrado, quen foi quen tivo a idea de conectar á peña deportivista Riazor Blues coa Irmandade Manuel María e coa Asociación Cultural Xérmolos, facendo así posible a celebración deste evento deportivo que representou a partido de fútbol xogado onte en Guitiriz, entre os Riazor Blues e a xente de Guitiriz. O resultado foi o de menos, a participación dun bo número de xogadores que quixeron homenaxear a Bebel García -ún dos irmáns “da Lexía”, o que xogaba no Dépor- foi o que máis salientou nunha mañán soleada e coa presenza de varios centos de persoas que quixeron sumarse a este acto. Xunto a Alfonso estaba Selva García, filla de Pepín “da Lexía”, o único dos irmáns que logrou salvar a vida fuxindo cara Arxentina. E foi a propia Selva quen fixo o saque de honra do partido de fútbol, e tamén quen entregou á equipa vencedora o 1º Trofeo Bebel.

Entrega do Trofeo Bebel, por parte de Selva García (no centro da foto), filla de Pepín “da Lexía”

 

A xornada continuou a carón da parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, onde houbo un acto de homenaxe aos Irmáns da Lexía, que contou coa participación de diversas personalidades representantes de varias asociacións que apoiaban e organizaban o evento. Mesmo un deputado no parlamento de Galicia, Antón Sánchez, participou na homenaxe ós Irmáns da Lexía, como tamén representantes da Ascociación Cultural Alexandre Bóveda, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, da Irmandade Manuel María, e tamén dos Riazor Blues. Para rematar a homenaxe, houbo unha ofrenda floral na parroquia de Santa Mariña, onde supónse que hai unha fosa con varias persoas alí enterradas, vítimas todas elas do criminal réxime franquista.

Ao remate da ofrenda veu o xantar popular, e logo del, unha actuacións musicais que pecharon máis que satisfactoriamente esta xornada de celebración do I Trofeo “Bebel”, adicado aos “Irmáns da Lexía”.