Unha fonte có escudo da Falange en Río da Loba, en Oleiros

7 de febreiro do 2016. “A auga no verán está fresquísima, dá gusto bebela”, conta unha veciña da zona de Río da Loba, xunto á igrexa de Santa María de Oleiros, ao falar da fonte perto da estrada que conduce a Santas Cruz. A peculiaridade desta fonte é que, dentro do arco sostido por dúas pilastras figura o ano da súa construción, 1954, e tamén o símbolo da Falange. “Non sei por que quedou esta, sobre todo aquí en Oleiros. En Perillo antes había outra co mesmo símbolo pero xa non está”, engade a veciña. Na contorna desta fonte atópase un río e un lavadero, hoxe xa totalmente ruinoso. CRMH