Veciño de Bergondo.
Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Participou na resistencia ao golpe militar en Guísamo.
No sumario no que foi encausado como encubridor recóllese a nova do seu homicidio. Foi paseado na Coruña o 18 de xaneiro de 1938.

Máis información en:
www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña en decembro de 1909. Mecánico. Veciño da Coruña.
En decembro de 1930 era membro do “Sindicato de Industria de la Alimentación” (CNT) da Coruña. Militante socialista e das “Juventudes Socialistas Unificadas” (JSU) nos derradeiros días da República. Estivo implicado en confrontacións físicas con falanxistas no período republicano.

Foi paseado. Morreu o 23 de setembro de 1936 na estrada de Santiago-A Coruña, quilómetro 8, na curva de Canabal, en Rutis, Vilaboa, no concello de Culleredo. No Rexistro civil figura como causa da súa morte: hemorraxia menínxea. Enterrado no cemiterio de Rutis (Culleredo)
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada. Ediciós do Castro, 2002. Páxina 155.

Natural de Portugal. Veciño da Coruña, de 31 anos.

Colaborador de Solidaridad Obrera. Implicado nas actividades clandestinas libertarias despois do golpe militar, dende o seu refuxio nas Atochas. Afiliado á CNT e FAI.

Morreu en Atocha Alta nº 55 (A Coruña) ás 21 horas do 10 de xullo de 1937 a causa de disparos de arma de fogo, despois dunha operación de castigo e limpeza. No Rexistro civil aparece como causa da súa morte: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 419.

Naceu na Coruña en 1889. Diplomático 47 anos. Veciño de Pontevedra.

Foi gobernador civil de Bizkaia nos primeiros tempos republicanos. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Logo da victoria das esquerdas, ocupou os cargos de gobernador civil de Pontevedra e cónsul de Ecuador. Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado en Pontevedra por traizón e condenado a pena de morte e multa de 1.000 pesetas. Foi executado o 12 de setembro de 1936 na Caeira (Poio), quilómetro 1 da Estrada de Pontevedra-Campañó. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: colapso cardíaco a causa de feridas por arma de fogo en tórax. Enterrado no cemiterio de Pontevedra.

Máis información en:

Causa 660/336  Pontevedra

Naceu na Estrada, de 21 anos. Veciño da Coruña.

Secretario da Federación Local das Juventudes Libertarias (JJLL) da Coruña.

Foi paseado na Coruña o 31 de xullo de 1937.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Pax.142
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 421

Naceu na Coruña. Xornaleiro, de 19 anos. Veciño da Coruña.

Foi paseado en Pacios (Begonte) na estrada Baamonde-Vilalba, quilómetro 15, o 18 de outubro de 1936.  A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: conmoción cerebral. Enterrado no cemiterio de San Martiño de Pacios (Begonte).

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Betanzos. Militar de profesión, de 24 anos. Veciño de Betanzos.

Cabo de Artillaría. Xulgado pola súa participación na resistencia ao golpe militar no Torpedeiro Nº 2 en Ferrol. Antes de ser executado casou con María Viqueira López.

Xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Ferrol ás 6 horas do 5 de outubro de 1936, na Punta do Martillo do Arsenal de Ferrol. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: pasado polas armas. Enterrado no cemiterio de Canido (Ferrol).

Máis información en:

Causa 65/36. Mariña. Ferrol.
Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 264.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, en Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páxinas 273-318.

Veciño da Coruña, de 23 anos.

Socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Amigo dos irmáns “de la lejía”. Acusado de suposto intento de atentado contra o xeneral Bosch con anterioridade ao golpe de Estado. Afiliado ao PCE.

Foi paseado na Coruña o 22 de febreiro de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: pasado polas armas. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.

Foi paseado na Coruña o 16 de setembro de 1936. O cadáver apareceu no distrito coruñés. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

A súa morte rexistrouse na Coruña o 21 de xullo de 1936 nos primeiros momentos do golpe militar  a causa de confrontación armada. Enterrado no cemiterio municipal da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Serantes. Mariñeiro de 32 anos. Veciño de Oleiros.

Membro do Sindicato de Pescadores de Mera (CNT). Loita no exército republicano. Directivo da CNT e secretario do PCE de Xixón. Comisario Político nun batallón de sanidade en Asturias. Capturado no vapor Mont Seny tras a caída da fronte de Asturias. Preso no campo de concentración de Camposancos.

Xulgado en Consello de Guerra o 22 de xuño de 1938 no campo de concentración de Camposancos e condenado a pena de morte. Foi executado en Camposancos-A Guarda o 20 de xullo de 1938 nas inmediacións do cemiterio de Sestás. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna (tres feridas de arma de fogo). Enterrado no cemiterio de Sestás (A Guarda).

Máis información en:

Laruelo Roa, Marcelino. “Gallegos rojos en Asturias, rojos de Asturias en Galicia” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 439.
Laruelo Roa, Marcelino. La libertad es un bien muy preciado: consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacional al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas. Xixón: En la Estela de Aldebarán, 1999.

Naceu na Coruña, de 35 anos.

Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Preso en Krems-Gneixendorf e en Trier, será deportado ao campo de exterminio de Mauthausen o 19 de decembro de 1941, onde morre o 4 de xaneiro de 1943.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 397.

Naceu en Porto do Son. Carpinteiro de 28 anos. Veciño da Coruña.

Pai de 4 fillos. Socio de Germinal. Secretario do Sindicato Único de la Construcción. Foi delegado no Comité da Federación Local Obrera da CNT. Representou o Sindicato da Construción da Coruña no Congreso da CNT en Zaragoza en maio de 1936. Executado cun grupo de dirixentes sindicais coruñeses para tentar rematar coa folga xeral na Coruña despois do golpe militar.

Segundo o Rexistro civil morreu o 9 de agosto de 1936 no Campo da Rata (A Coruña). Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 19.

Naceu en Betanzos. Varredor de 29 anos. Veciño da Coruña.

Casado e con tres fillos. Desaparecido despois de acudir a unha citación ao cuartel da Guarda Civil. Fontes orais da familia apuntan á posibilidade de que estea enterrado na fosa común de Vilarraso, en Aranga.

Máis información en:

Grandío Seoane, Emilio; Fernández Fernández, Eliseo. A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga). A Coruña: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica d’A Coruña, 2011. Páx. 44.

Naceu na Coruña o 5 de outubro de 1916.

Foi paseado na Coruña o 16 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.

Naceu en As Foucellas-Cabrui (Mesía). Xornaleiro de 44 anos. Veciño de Mesía.

Afiliado ao Sindicato de Campesinos y Oficios Varios (CNT) de Xanceda e simpatizante do Radio Comunista de Curtis, ao final da IIª República. Xulgado na Coruña por rebelión en dúas causas militares, co resultado de declaración en rebeldía. Entre 1941 e 1952 foi un activo integrante do maquis, con numerosas actuacións nas provincias da Coruña e Pontevedra, maiormente como integrante da IVª  Agrupación do “Ejército Guerrillero de Galicia”. Foi apresado o 9 de marzo de 1952 perto de Oza dos Ríos, xulgado na Coruña en Consello de Guerra en xuño dese ano e condenado a morte.

Foi executado por garrote vil o 7 de agosto de 1952 no cárcere da Coruña. Enterrado no cemiterio da Coruña nunha fosa común.

Máis información en:

Heine, Hartmut. A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Edicións Xerais, 1980.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 418.

Natural de Soria. Camareiro de 39 anos. Veciño da Coruña.

Secretario do Sindicato de Camareros Terrestres (CNT) e membro das JJLL Socio do Centro de Estudios Sociales Germinal.

Tras ser ferido nas confrontacións armadas acontecidas nas rúas coruñesas despois do levantamento militar fascista e permanecer con vixilancia policial no hospital, é xulgado por rebelión militar co resultado de condena a pena de morte

Foi executado na Coruña o 24 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 581/36. A Coruña
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.

Naceu na Coruña. Funcionario de 37 anos. Veciño de Vigo

Perito mercantil. Foi vista de aduana en Ponteceso e Ortigueira.

Foi paseado e apareceu morto no cemiterio de Pereiró (Vigo) o 1 de decembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil de Vigo foi: hemorraxia cerebral por disparo de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Pereiró.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña. Enxeñeiro de 55 anos. Veciño de Tudela (Navarra).

Casado e con catro fillos. Estaba afiliado a Izquierda Republicana. Morreu o 12 de novembro de 1936 en Fontellas (Navarra).

Naceu na Coruña. Militar da Armada de 23 anos. Veciño da Coruña.

Desertor, acusado de participar na tentativa de fuga por mar na motora Sisargas dende A Coruña, en marzo de 1937. Segundo o sumario, foi el quen comprara a motora para a fuxida. Afiliado ás JSU.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado ás 5 horas do 11 de xullo de 1937 na Campo da Rata (A Coruña). Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 291/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.

Veciño de Oleiros. Xornaleiro de 42 anos.

Casado e con dous fillos. Integrante da Unión Campesina de San Pedro de Nós (CNT).

Foi paseado e apareceu morto o 27 de decembro de 1936 en Nós (Oleiros). Segundo o Rexistro civil a causa da súa morte foi: hemorraxia menínxea.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 157.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 422.

Naceu na Coruña. Xornaleiro de 23 anos. Veciño da Coruña.

Detido en outubro de 1935 por vender rifas do Socorro Rojo Internacional. Afiliado ao PCE.

Paseado na Coruña o 18 de agosto de 1936. Causa de morte, segundo o Rexistro civil: hemorraxia interna. Aparición do cadáver no distrito coruñés. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Naceu na Coruña. Delineante, de 43 anos. Veciño de Guadalaxara.

Integrado na sección local da sociedade de Amigos de la URSS. Afiliado ao PCE.

Foi executado no cemiterio municipal de Guadalaxara o 19 de outubro de 1939. Enterrado no cemiterio desa cidade.

Máis información en:

Paramio Roca, Carlos; García Bilbao, Pedro; García Bilbao, Xulio. La represión franquista en Guadalajara. Guadalajara: Ediciones Silente, 2010. Páx. 170.

Naceu na Coruña en 1875. Ingresa con 16 anos na Academia Militar. Xeneral de Brigada da Garda Civil, fusilado por manterse fiel á República.

Cando se proclama a República era director do “Colegio de Guardias Jóvenes Duque de Ahumada”. Posteriormetne foi xefe do Tercio da Garda Civil na Coruña e ascende a xeneral o 31 de marzo de 1936. En xullo de 1936 era o responsábel da 5ª azona da Garda Civil. Durante a Guerra Civil foi xefe da 4ª División Orgánica, con xurisdición sobre Cataluña, e gobernador militar de Valencia desde 1937.

Foi detido cando entran os fascistas en Valencia, sometido a consello de Guerra e fusilado o 22 de abril de 1939.

Máis información en:

García Fernández, Javier. 25 militares de la República. Ministerio de Defensa, 2011.

Naceu en Oleiros. Labrego de 30 anos. Veciño da Capela

Cumpría condena por un delito común previo ao golpe militar. Unha vez libre, incorporouse ao Batallón Galicia, co que combateu en Asturias, acadando o grao de tenente. Á caída da fronte do Norte retornou a Galiza con outros dous fuxidos. Foron detidos e encarcerados ao pouco tempo de chegar para seren xulgados pola súa actuación en Asturias. Afiliado ao PCE.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña, ás 6 horas do 7 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.

Naceu na Coruña. Militar de 19 anos. Veciño da Coruña

Cabo de Intendencia. Acusado de participar nun intento de sublevar os cuarteis coruñeses en outubro de 1936.

Xulgado na Coruña por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña o 23 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.

Naceu na Coruña. Barbeiro de 33 anos. Veciño da Coruña.

Cadro do Sindicato de Barberos y Peluqueros da CNT.

Paseado na Coruña o 18 de agosto de 1936. No rexistro civil figura como causa da súa morte: hemorraxia interna. O cadáver apareceu no distrito coruñés. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza: (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 250.

Naceu en Betanzos. Caldeireiro de 40 anos. Veciño de Ferrol.

Militante da CNT de Ferrol, estivo detido pola súa participación na folga de maio de 1933 na cidade departamental. Detido en Ferrol pola resistencia armada dos primeiros días do golpe, non chegou a ser xulgado.

Foi paseado no cemiterio de Canido (Ferrol) a mans da “Fuerza Pública” o 27 de agosto de 1936.  A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas producidas por arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Canido.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 254.

Naceu en Quiroga (Lugo). Torneiro de 24 anos. Veciño da Coruña.

Operario da Fábrica de Armas. Xulgado e condenado a unha pena de 5 anos de prisión. Queda a disposición do xuíz militar da Fábrica de Armas. Morre na cadea de Coruña o 12 de xaneiro de 1942.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Navarra. Telegrafista de 31 anos. Veciño da Coruña.

Xulgado en Lugo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 29 de xaneiro de 1937. Enterrado no cemiterio desa cidade.

Máis información en:

Souto Blanco, María Jesús. La represión franquista en la provincia de Lugo. Sada: Ediciós do Castro, 1998. Páx. 422.

Naceu na Coruña. Xornaleiro, de 35 anos. Veciño de Xixón, solteiro.

Foi paseado en Xixón o 23 de xullo de 1938. Segundo o Rexistro civil a causa da súa morte foi: hemorraxia cerebral.

Máis información en:

Laruelo Roa, Marcelino. La libertad es un bien muy preciado: consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacional al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas. Xixón: En la Estela de Aldebarán, 1999.

Naceu na Coruña. Mecánico de 28 anos. Veciño da Coruña, casado e cun fillo.

Foi paseado nas Pedreiras (Oleiros) o 13 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Oleiros.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.

Naceu en Barcelona. Camareiro de 45 anos. Veciño da Coruña, solteiro.

Retornado da emigración cubana. Socio de Germinal. Director do xornal Solidaridad. Dirixente da Federación Local Obrera e do Sindicato de Camareros. Membro do Comité da Confederación Regional Galaica da CNT. Tras o golpe militar, participou nunha rede clandestina organizada pola antiga militancia do Sindicato de Camareros.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado ás 6 horas do 9 de marzo de 1938 en Punta Herminia (A Coruña). Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. O anarquismo na Galiza: apuntes para unha enciclopedia. Santiago: Positivas, 2004. Páx. 37.

Foi paseado na Coruña o 18 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. O cadáver apareceu no distrito coruñés. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Naceu en Rutis-Vilaboa (Culleredo). Zapateiro de 27 anos. Veciño do Portazgo (Culleredo), solteiro.

Capturado na fuxida do monte de San Pedro en marzo de 1937. Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte.

Foi executado ás 6 horas do 9 de outubro de 1937 en Punta Herminia (A Coruña). Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 472.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Pax. 194

Naceu en Fisterra. Peón de 37 anos. Veciño da Coruña.

Retornado da emigración nos EEUU. Socio de Germinal. Cadro da Sección de Rederos do Sindicato de Industria Pesquera e antes da Sección de Peones do Sindicato Único del Ramo de la Construcción (CNT). En 1936 formaba parte do grupo anarquista Los Iconoclastas e exercía como secretario da Federación Local de Grupos Anarquistas de Coruña (FAI). Foi compañeiro da militante anarquista Sebastiana Vitales.

Foi Executado o 9 de agosto de 1936 no Campo da Rata (A Coruña). Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.
Lamela, Luis. Crónica de una represión en la “Costa da Morte” : Cee, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas. Sada: Ediciós do Castro, 1995. Páx. 297.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 403.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. O anarquismo na Galiza: apuntes para unha enciclopedia. Santiago: Positivas, 2004. Páx. 37.

Naceu na Coruña. Armador de 32 anos. Veciño de Ferrol.

Detido pola acusación de espallar noticias falsas e inxuriar o exército faccioso, o 19 de agosto de 1936.

Paseado no cemiterio de Serantes (Ferrol) o 11 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: ferida de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Serantes.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 265.

Naceu en Irixoa. Labrego de 19 anos. Veciño de Churío-Irixoa.

Directivo do Sindicato de Campesinos y Obreros de Irixoa. Afiliado á CNT.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado o 9 de decembro de 1936 en Punta Herminia (A Coruña). Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 418

Veciño da Coruña.

Foi paseado na Coruña. Infórmase nunha Causa militar iniciada o 21 de setembro de 1936 da aparición do seu cadáver por causa violenta.

Máis información en:

Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 174.

Naceu na Coruña. Veciño da Coruña, de 21 anos, solteiro.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña o 17 de abril de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.

Naceu en Abegondo. Mariñeiro de 28 anos. Veciño da Abegondo.

Engraxador do buque mercante Mar Cantábrico, capturado pola Armada sublevada cando transportaba material de guerra dende México e Nova York cara á zona republicana.

Xulgado en Ferrol por rebelión e condenado a pena de morte. Foi executado o 9 de xullo de 1937 na Punta do Martillo do Arsenal de Ferrol. Enterrado no cemiterio de Trasancos (Narón).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 274.

Militar, veciño da Coruña.

Soldado do Rexemento de Artillaría. Implicado na tentativa de sublevar os cuarteis coruñeses no Outono de 1936. Militaba nas Juventudes Libertarias.

Acusado de sublevación e de querer pasar a oficialidade a coitelo, foi fusilado á luz pública no Campo da Rata (A Coruña) o 23 de outubro de 1936, en cumprimento do artigo 4º do Bando declaratorio do Estado de Guerra.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 421.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza: (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 251 e 262.

Naceu en Vilagarcía de Arousa. Fotógrafo de 21 anos. Veciño de Betanzos. Afiliado ás Juventudes Socialistas Unificadas.

Foi paseado o 23 de outubro de 1936 no quilómetro 1 da estrada Ordes-Carballo, en Pinar da Torre-Parada, Ordes. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: traumatismo craneal por proxectís de arma de fogo. O seu cadáver apareceu en Ordes, sendo identificado en novembro de 1943. Atopado xunto con outro betanceiro, Germán López Pérez. Enterrado no cemiterio de Ordes

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páxs. 281.

Mestre, veciño da Coruña.

Socio de Germinal, puña escola no barrio de Santa Lucía

Foi paseado na Coruña o 13 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.

Naceu en Abegondo. Barbeiro, de 57 anos. Veciño de Franza (Mugardos).

Foi paseado no cemiterio de Serantes (Ferrol ) pola “Fuerza Pública” o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: ferida de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Serantes.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 261.

Naceu na Coruña, de 26 anos.

Preso en Angoulême. Deportado a Mauthausen en agosto de 1940. Trasladado a Gusen en marzo do 1941. Morre no Campo de Exterminio de Hartheim o 22 de setembro de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 397.
Boletin Oficial de la República Francesa.

www.mortsdanslescamps.com

Naceu na Pobra do Caramiñal. Camareiro de 35 anos. Veciño da Coruña, casado.

Ex-presidente do Sindicato de Camareros Terrestres da CNT. Socio de Germinal

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado ás 5 horas do 16 de xuño de 1937 na Coruña. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.

Naceu en Vilasantar. Empregado de 20 anos. Veciño da Coruña.

Membro destacado de organización comunista local, debeu pasar á clandestinidade e á guerrilla tras ser detido pola policía. Integrado na IVª Agrupación, no Destacamento Líster, foi apresado tras o atentado que causou a morte do xornalista de El Ideal Gallego e falanxista Arcadio Vilela. Militante das JSU e PCE.

Xulgado en Consello de Guerra celebrado na Coruña en xuño de 1946, foi condenado a morte e executado a garrote vil no cárcere da Coruña o 11 de xullo de 1946. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 147, 148, 175 e 177.

Naceu en Portugal. Empacadora de peixe, de 51 anos. Veciña da Coruña.

Directiva da Sección de Empacadoras do Sindicato de Industria Pesquera da CNT.

Morta na Coruña o 22 de xullo de 1936 nos enfrontamentos dos primeiros días do golpe militar. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrada no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 72 e 251.

Naceu na Coruña. Panadeiro de 21 anos. Veciño da Coruña, solteiro.

Vogal do Sindicato de Panaderos La Nueva Unión, da CNT.

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sobresemento. Foi paseado en Rega-Suevos (Arteixo) o 26 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: destrución do encéfalo. Enterrado no cemiterio de Suevos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.

Naceu en Rutis (Culleredo). Albanel de 21 anos. Veciño de Culleredo.

Membro do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT. Prófugo en 1937, foi capturado na fuxida do monte de San Pedro en marzo daquel ano. Militante tamén das JJLL.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 421.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páxs. 193 e 194.

Militar, cabo do Rexemento de Artillaría nº 16. Veciño da Coruña.

A súa morte rexístrase na Coruña tras ser pasado polas armas. Foi executado na Coruña o 11 de setembro de 1936, en cumprimento do artigo 4 do Bando que declarou o Estado de Guerra. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Naceu en Culleredo. Serrador de 29 anos. Veciño de Culleredo.

Directivo do Sindicato de Cajonistas y Aserradores da CNT.

Xulgado en A Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 29 de abril de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas recibidas ao ser pasado polas armas. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 472.

Naceu na Coruña. Zapateiro. Veciño do barrio de Palavea (A Coruña).

Integrante da guerrilla, incorporado á IV Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia. Afiliado ao PCE. Detido en marzo de 1951, foi trasladado a Madrid durante tres meses e despois foi paseado e asasinado en 1952 perto de Sada.

Máis información en:

Máiz, Bernardo. Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais, 1988. Paxs. 167 e 168.
Redondo Abal, Francisco Xavier. Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro, 2006.

Naceu na Coruña. Serrador de 26 anos. Veciño do barrio do Ventorrillo (A Coruña).

Encargado da correspondencia das Juventudes Libertarias en setembro de 1934.

Foi paseado en Fonte Mal Pérez-Montecelo-Oca (Coristanco) o 17 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Oca (Coristanco).

Máis información en:

Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.
Patiño Regueira, Antón. Memoria de ferro. Vigo: A Nosa Terra, 2005.

Veciña da Coruña.

Morta na Coruña o 22 de xullo de 1936 nos enfrontamentos armados dos primeiros días do golpe militar. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia. Enterrada no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Verín (Ourense). Militar, cabo de Intendencia, de 21 anos. Veciño da Coruña.

Implicado nas tentativas de levantamentos armados nos cuarteis da Coruña no Outono de 1936.

Xulgado na Coruña por traizón, condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 23 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 263.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio: golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 189-190.

Naceu no barrio de Oza (A Coruña) en 1887. Canteiro de 46 anos. Veciño de San Cristovo das Viñas, A Coruña.

Casado con María Núñez e con catro fillos. Militante da CNT dende 1918, foi presidente do Sindicato de Canteros, e tamén ocupou cargos na Federación Local Obrera e no Comité da CRG durante a IIª República. Fundador do Ateneo El Resplandor en el Abismo da Silva.

Paseado na Coruña o 19 de agosto de 1936. O cadáver apareceu no distrito coruñés. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 419.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Paxs. 191 e 192.

Naceu en Oleiros. Albanel, de 25 anos. Veciño da Coruña.

Casado, fillo de José Boedo López e veciño do barrio de San Xosé. Directivo do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT e da súa Sección de Albañiles.

Participou na tentativa de fuga do Portiño en marzo de 1937, sendo detido polos falanxistas pouco despois. Xulgado na Coruña e condenado a pena de morte, foi. fusilado na Coruña ás 6,30 horas do 11 de setembro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 420.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páxs. 191 e 192.

Naceu na Coruña. Gasista, de 28 anos. Veciño de San Cristovo das Viñas, A Coruña.

Foi paseado en Campo de Morgade-Queo de Arriba-Bértoa (Carballo) o 29 de setembro de 1936.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 251 e 273.
Patiño Regueira, Antón. Memoria de ferro. Vigo: A Nosa Terra, 2005.

Naceu en Arteixo. Labrego de 33 anos. Veciño de Monteagudo (Arteixo).

Directivo do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Monteagudo-Arteixo, da CNT.

Xulgado en Consello de Guerra na Coruña o 28/09/36 acusado de rebelión e condenado a cadea perpetua por rebelión militar. Ingresa no cárcere de San Cristóbal (Pamplona) en decembro de 1936, morrendo alí por enfermidade o 29 de decembro de 1939. Enterrado en Artica, Navarra.

Máis información en:

Alforja, Iñaki; Sierra, Félix. Fuerte de San Cristóbal, 193 : la gran fuga de las cárceles franquistas : testimonios y documentos. Pamplona : Pamiela, 2005.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 422.

Naceu en Arteixo. Canteiro de 27 anos. Veciño de Arteixo.

Foi paseado en Rañeiras-Lestón (A Laracha) o 29 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: conmoción nerviosa. Enterrado no cemiterio de Lestón.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Carral en 1888. Canteiro de 49 anos. Veciño da Coruña, casado.

Delegado do Sindicato de Canteros na Federación Local Obrera da CNT. Socio de Germinal. Integrou unha rede clandestina artellada por diversos militantes confederais coruñeses tras o golpe militar.

Xulgado na Coruña por rebelión milita, condenado a pena de morte e fusilado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 36, 39, 40, 249 e 268.
Grandío Seoane, Emilio. Vixiancia e represión na Galicia da guerra civil: O “Informe Brandariz” (A Coruña, 1937). Sada: Ediciós do Castro, 2001.

Naceu en Carral, de 22 anos. Veciño da Coruña.

Fillo de José Brandariz Ramos. Integrante dunha rede clandestina confederal na Coruña. Afiliado ás Juventudes Libertarias.

Xulgado na Coruña, condenado a pena de morte e fusilado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de marzo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 39.
Grandío Seoane, Emilio. Vixiancia e represión na Galicia da guerra civil: O “Informe Brandariz” (A Coruña, 1937). Sada: Ediciós do Castro, 2001.
 

Naceu na Coruña o 11 de setembro de 1915. Veciño da Coruña, de 22 anos.

Morto o 31 de marzo de 1938 a causa da represión dos facciosos na cidade de Cáceres.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Vendedor de xornais, de 22 anos. Veciño da Coruña

Afiliado á CNT. Agachado despois do golpe militar, foi asasinado no asalto ás vivendas en que se refuxiaban membros dos grupos libertarios coruñeses, no barrio das Atochas.

Resultou morto tras a intervención da Garda Civil no nº 55 da rúa Atocha Alta, da Coruña, ás 2 horas do 10 de xullo de 1937, nunha operación de castigo e limpeza. A causa da súa morte segundo o Rexistro civilfoi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

 Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 419

Naceu en Carballo. Xornaleiro de 24 anos. Veciño de Ardaña, Carballo.

Foi paseado en Rega-Suevos (Arteixo) o 26 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Oseiro (Arteixo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.

Naceu en Carballo. Xornaleiro de 19 anos. Veciño de Carballo, irmán de Manuel.

Foi paseado en Rega-Suevos (Arteixo) o 26 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Oseiro (Arteixo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.

Naceu en Sada. Pintor-decorador de 41 anos. Veciño de Sada.

Do Sindicato de Oficios Varios de Sada, da CNT.

Foi paseado, apareceu morto nunha gabia en Crendes-Abegondo xunto a José María Neira Torrado, o 1 de setembro de 1936.

Máis información en:

http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?mes=11&ano=2010

Naceu en Loureiro (Sarria); de 18 anos.

Paseado na Coruña o 27 de xaneiro de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo na rexión occipital dereita, con otorraxia. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.

Naceu en Illobre, Betanzos. Chófer de 38 anos. Veciño de Vista Alegre, Betanzos. Afiliado á UGT.

Foi paseado. Apareceu o cadáver o 9 de setembro de 1936 baixo a ponte do ferrrocarril na Espantosa, Betanzos, xunto co de Juan Moreira Suárez, a quen tiña agochado na súa casa. Seica foi denunciado por un veciño de Vista Alegre. Non está rexistrada a morte.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páxs. 282 e 283

Naceu en Oleiros. Veciño de Arcallana-Valdés, Asturias, de 29 anos, casado.

Executado o 6 de decembro de 1937 en Luarca (Asturias).

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

Naceu en Santiago de Compostela en 1890. Carpinteiro de 37 anos. Veciño da Coruña, casado.

Membro da Sección de Carpinteros do Sindicato Único del Ramo de la Construcción. Fixo de enlace entre os grupos libertarios clandestinos coruñeses até as detencións do verán de 1937. Afiliado á CNT e á FAI.

Xulgado na Coruña por rebelión militar, condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 419.
Grandío Seoane, Emilio. Vixiancia e represión na Galicia da guerra civil: O “Informe Brandariz” (A Coruña, 1937). Sada: Ediciós do Castro, 2001

Naceu na Coruña; de 29 anos.

Vítima da represión facciosa en León, apareceu morto o 30 de xaneiro de 1938.

Máis información en:

Álvarez Oblanca, Wenceslao; Serrano, Secundino. La guerra civil en León. León: Edilesa, 2009.

Naceu en Padrón. Contratista de obras de 41 anos. Veciño de Pazos, Padrón.

Carpinteiro, afiliado a Izquierda Republicana. Agochado e detido en xullo de 1937. Xulgado en Compostela por rebelión, acusado de formar parte do Comité da Fronte Popular que alentou as masas á resistencia contra o golpe militar.

Foi condenado a cadea perpetua e morreu na enfermería da Prisión Provincial da Coruña o 27 de outubro de 1939.

Máis información en:

Costa Rodil, Xesús; Santos Suárez, Xesús. Galiza na Guerra Civil : campos de concentración de prisioneiros republicanos no sur da provincia de A Coruña : Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo. Rianxo: Concello de Rianxo, 2007. Páx. 59.

Naceu en León. Cesteiro de 45 anos. Non tiña enderezo fixo. De raza xitana, estaba casado con Guadalupe Gabarry Lobeto e tiña oito fillos.

Foi paseado e o seu cadáver apareceu en Montrove-Liáns (Oleiros) o 30 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia menínxea. Enterrado no cemiterio de Liáns.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.

Naceu en Santiago de Compostela. Peón de 33 anos. Veciño da Coruña. Casado e con tres fillos.

Dirixente do Comité de obreiros parados. Socio de Germinal. Afiliado á CNT.

Foi paseado. A súa norte rexístrase na estrada da Estación Norte, Betanzos-Infesta, o 6 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: “en aplicación de la Ley de Fugas”. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.

Tiña 19 anos. Paseado na Coruña o 14 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.

Naceu en Cee. Empregado de 29 anos. Veciño de Cee.

Traballaba na fábrica de Carburos Metálicos. Afiliado á UGT. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.

Naceu na Coruña en 1901. Empregado de 34 anos. Veciño da Coruña, casado.

Socio do Casino Republicano. Directivo do Sindicato de Empleados de Comercio, Oficina y Banca. Fora militante das Juventudes de Izquierda Republicana. Afiliado á CNT.

Foi paseado e apareceu morto en Oleiros o 9 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 155.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Naceu en Madrid. Funcionaria de 31 anos. Pertencía ao corpo de arquiveiros e bibliotecarios. Compañeira do gobernador civil da Coruña, Francisco Pérez Carballo. Veciña da Coruña.

Agochada en Culleredo, detida e encarcerada na Coruña, máis tarde foi posta en liberdade. Posteriormente, será asasinada pola Garda Civil, no transcurso dun traslado, en Monte da Gándara, estrada Madrid-A Coruña, a 1 quilómetro de Rábade en dirección á Coruña, o 18 de agosto de 1936.

A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo en peito e cabeza. Enterrada no cemiterio de Rábade.

Máis información en:

Blanco, Carmen. “Vida e morte de Juana Capdevielle” in Unión Libre. Sada: Ediciós do Castro, 2006. Nº 11. Páxs. 13-16.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 474.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 35.

Naceu en Carral. Labrego de 54 anos. Veciño de Sergude (Carral). Casado e con tres fillos.

Foi paseado. O cadáver apareceu en Betanzos o 1 de novembro de 1936. A caus da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 152.

Naceu en Ourense. Veciño da Coruña, de 35 anos.

Fora apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña o 6 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.

www.xenealoxia.org

Naceu en Sada. Albanel de 26 anos. Veciño de Meirás (Sada). Casado e con tres fillos.

Do Sindicato de Oficios Varios de Meirás. Directivo do Ateneo de Cultura Política y Social e da Radio Comunista de Sada. Afiliado á CNT e ao PCE.

Foi paseado. O seu cadáver apareceu en Monte Abeleira-Veigue (Sada) o 12 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna polas lesións causadas por disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veigue (Sada).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 157.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 423.

Naceu en Pontevedra en maio de 1894. Barbeiro, de 43 anos. Veciño da Coruña, casado.

Integrante do Comité da Confederación Regional Galaica e da Federación Local Obrera da CNT. Militante do Sindicato de Barberos e socio de Germinal. Fuxiu en barco a Asturias logo de participar na resistencia armada ao golpe militar na Coruña. Tras loitar na fronte do Norte no Batallón Galicia, foi detido cando retornaba a Coruña tras a derrota do exército republicano.

Xulgado na Coruña nun Consello de Guerra, acusado de rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña ás 5,30 horas do 11 de maio de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 145.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. O anarquismo na Galiza: apuntes para unha enciclopedia. Santiago: Positivas, 2004. Páxs. 49 e 50.

Naceu na Coruña. Xornaleiro de 23 anos. Veciño da Coruña.

Vicesecretario do “Sindicato de Empleados Municipales”. Afiliado á CNT.

Foi paseado. Apareceu morto en Rega-Suevos (Arteixo) o 26 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado en Oseiro (Arteixo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Representante de comercio de 31 anos.  Veciño de Ponte do Porto (Camariñas), solteiro.

Afiliado á UGT. Fuxira a Portugal con Manuel Carracedo e Andrés Balsas, sendo deportados os tres á fronteira de Tui..

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Punta Herminia, nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras, A Coruña, o 15 de marzo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.
Lamela, Luis. Crónica de una represión en la “Costa da Morte” : Cée, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas. Sada: Ediciós do Castro, 1995. Páx. 311.

Naceu en Salamanca. Veciño de Noia, de 30 anos, solteiro.

Xulgado na Coruña por rebelión e  condenado a pena de morte. Foi executado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de outubro de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas recibidas ao ser pasado polas armas. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.

Naceu na Coruña. Veciño da Coruña, de 61 anos.

Militar, Xeneral Xefe da 15ª Brigada de Infantaría radicada na Coruña. Era masón.

Tentou impedir o golpe na VIIIª Rexión Militar. Xulgado o 24 de outubro de 1936 en Ferrol por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado no Castelo de San Felipe, Ferrol, o 9 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: pasado polas armas. Enterrado no cemiterio de Mugardos.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 267.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 25, 126-128, 131.
Pereira Martínez, Carlos (Ed.). O que fixeron en Galicia. 1936. Vigo: A Nosa Terra, 1998. Páxs. 106 e ss.

Naceu na Coruña. Profesor de 25 anos. Veciño da Coruña.

Fillo de Leandro Carré Alvarellos. Profesor na Escuela de Trabajo da Coruña. Pertenceu con anterioridade ao Partido Sindicalista, exercendo como redactor do voceiro do partido na Coruña, Trabajo. Tamén colaborou nos periódicos A Nosa Terra e Solidaridad Obrera. Afiliado ao Partido Galeguista durante a Fronte Popular.

Mobilizado polo exército franquista en Asturias, desaparece en abril de 1937 en circunstancias sospeitosas. Morreu o 21 de maio de 1937, en Asturias.

Máis información en:

Lamela, Luis. “O paseo de Mercedes Romero Abella” in Unión Libre. Sada: Ediciós do Castro, 2006. Nº 11. Páxs. 63-72.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. O anarquismo na Galiza: apuntes para unha enciclopedia. Santiago: Positivas, 2004. Páx. 51.
Maceira Fernández, Xosé Manuel. “Leandro Carré Brandariz, dramático final de una saga”, in Grial. Revista Galega de Cultura, Vigo: Galaxia, 2004, Nº 163. Páxs. 116-125.

Naceu na Coruña; tiña 20 anos de idade no intre da súa morte. Veciño da Coruña.

Profesor da Escuela de Comercio coruñesa, era fillo do intelectual galeguista Uxío Carré Aldao. Fundador no ano 1935 da Unión de Estudiantes Antifascistas, exerceu como secretario da FETE-UGT coruñesa durante a Fronte Popular. Afiliado ao POUM.

Fuxido tras o golpe militar nos montes da contorna da Coruña, foi asasinado no transcurso dunha operación de castigo e limpeza.

Apareceu morto no Castro de Elviña, A Coruña, o 28 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.
Costa Rico, Antón. A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páx. 491.
Pereira, Dionísio. Os heterodoxos do comunismo galego (1931-1936). Santiago: s.n., 2007. Páxs. 55-69.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 170-171.

Naceu en Begonte (Lugo) en 1894. Panadeiro de 42 anos. Veciño da Coruña.

Foi bautizado como Manuel Miragaya Mota e posteriormente colleu o apelido Carrera. Militante anarcosindicalista con delongada traxectoria, activo no Sindicato de Panaderos (CNT) da Coruña e na Unión Textil de Xubia nos anos 20. Na IIª República, era socio de Germinal.

Foi paseado na Coruña o 13 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 420.

Naceu no Rosal. Funcionario, oficial de telégrafos, de 34 anos. Veciño da Coruña.

Estaba afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Estando detido na Prisión Provincial da Coruña, tenta fugarse, sendo abatido polos sentinelas o 21 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 142-143.

Naceu en Valladolid. Fundidor de 23 anos. Veciño da Coruña.

Afiliado ao Sindicato de Metalúrgicos. Detido xunto a Juan García Durán e Secundino Rodríguez Eiras, implicados na organización dunha tentativa de evasión por vía marítima. Afiliado á CNT.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 7 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

García Durán, Juan. Pola liberdade: a loita antifranquista de Luis Costa. Vigo: A Nosa Terra, 2001. Páxs. 30 e ss.

Naceu en Culleredo. Veciño de Culleredo.

Do Sindicato de Campesinos de Almeiras. Afiliado á CNT.

Semella que foi paseado. Desaparecido.

Máis información en:

Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 422.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Pax. 182.

Barbeiro de 23 anos. Veciño da Coruña.

Directivo do Sindicato de Barberos y Peluqueros. Socio de Germinal e membro do Grupo Anarquista Orto. Afiliado á CNT e á FAI.

Foi paseado na Coruña o 1 de decembro de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas por arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 250.

Naceu en Betanzos. Areeiro de 38 anos. Veciño de Betanzos.

Tamén xornaleiro. Do Sindicato de Profesiones Varias, CNT.

Sacado da súa casa, foxe á altura do hospital de San Antón, mais resulta ferido. Posteriormente, co pretexto de trasladalo a Santiago, será asasinado. Paseado no ramal de Meangos, San Tirso (Abegondo) o 28 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio de San Tirso

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 283.

Naceu na Coruña. Veciño de Xixón, de 60 anos. Casado e con cinco fillos.

Foi paseado en Xixón o 29 de outubro de 1937.

Máis información en:

Laruelo Roa, Marcelino. La libertad es un bien muy preciado: consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacional al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas. Xixón: En la Estela de Aldebarán, 1999.

www.todoslosnombres.es

Naceu na Coruña. Industrial de 41 anos. Veciño de Santiago de Compostela.

Alcalde de Compostela e vicepresidente da Xestora da Deputación Provincial. Propietario da Imprenta Nós. Afiliado ao Partido Galeguista.

Fuxido tras o golpe militar, estivo oculto na casa dun parente en Pela-Vilantime-Arzúa.

Foi paseado. Apareceu morto na estrada de Santiago-A Estrada, Estivada da Ribeira-Montouto-Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Cacheiras e posteriormente no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. “Mortalidade pola represión na Guerra Civil en Ames, Arzúa, Bergondo, Cambre, Irixoa, Teo e Valdoviño” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 447-455.

Naceu na Coruña. Xornalista de 36 anos. Veciño de Pontevedra.

Integrante das Irmandades da Fala. Antigo dependente de comercio da fábrica de calzados Senra, na Coruña. Exerceu a partir de 1922 como director do periódico A Nosa Terra. Con posterioridade, e residindo en Pontevedra, figurou entre os fundadores do Partido Galeguista no ano 1931. Unha vez detido, tras o golpe militar, estivo preso en Pontevedra e no Lazareto de San Simón.

Xulgado en Pontevedra por traizón e condenado a pena de morte, foi executado na Caeira (Poio) o 12 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Pontevedra.

Máis información en:

Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto. Episodios de terror durante a guerra civil na provincia de Pontevedra: a Illa de San Simón. Vigo: Xerais, 2007. Páxs. 251 e 323.

Naceu en Iñás (Oleiros). Veciño de Oleiros.

Guerrilleiro, formou parte do Grupo Volante da IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia. Afiliado ao PCE.

Causa da morte: confrontación armada en Páramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949.

Máis información en:

Máiz, Bernardo. Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais, 1988. Pax. 168.

Naceu en Santander. Pintor de 32 anos. Veciño de Betanzos.

Presidente do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos. Afiliado á CNT.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte foi fusilado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 417.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 284.

Veciño da Coruña.

Neno do Asilo Municipal. A súa morte está relacionada cunha confrontación armada na Coruña ao iniciarse o golpe militar. Practícaselle autopsia. A data da morte é o 22 de xullo de 1936.

Morreu no Asilo Municipal da Coruña. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Naceu na Coruña en 1905. Mariñeiro de 32 anos. Veciño da Coruña.

Millitante da CNT e directivo do Partido Sindicalista da Coruña en 1936. No transcurso da guerra civil fuxiu a Brest (Francia) nun pesqueiro xunto con outras persoas perseguidas.

Fixo a guerra na zona republicana. Preso en Trier, deportado a Mauthausen en xaneiro do 1941, trasladado a Gusen en febreiro dese ano e morto no campo de exterminio de Hartheim o 24 de setembro de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 408-420.

Naceu en Aconcagua-Chile. Peón de 24 anos. Veciño de Trubia (Oviedo), casado.

Participou na revolución asturiana e foi detido cando fuxía por Catalunya en marzo de 1935. Despois do golpe militar combateu en Asturias até a caída da fronte do Norte, cando se integrou nun pequeno grupo de fuxidos que chegaron até Monfero, lugar onde foron detidos.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi fusilado na Coruña ás 6 horas do 7 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
García Durán, Juan. Pola liberdade: a loita antifranquista de Luis Costa. Vigo: A Nosa Terra, 2001. Páx. 75.

Veciño da Coruña.

Neno do Asilo Municipal. Morte rexistrada a causa do conmoción traumática, producida no transcurso dos enfrontamentos armados a raíz do golpe militar na Coruña.

Morreu no Asilo Municipal da Coruña o 22 de xullo de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Naceu o 7 de decembro de 1907. Veciño da Coruña de 29 anos.

Paseado en Ordes o 14 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: traumatismo cerebral por lesións producidas por arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Ordes.

Máis información en:

Pazos Gómez, Manuel. A guerra silenciada: mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952). Ordes: Obradoiro de Historia, 2011. Páx. 33.

Xornaleiro de 32 anos. Veciño da Coruña.

Socio de Germinal. Presidente do Sindicato de Albañiles La Aurora Social. Afiliado á CNT.

Foi paseado. Apareceu morto na Coruña o 19 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Naceu na Coruña. Torreiro de faro de 54 anos. Veciño de Ayamonte (Huelva).

Morreu o 21 de agosto de 1936 en Ayamonte (Huelva).

Máis información en:

Espinosa Maestre, Francisco. La guerra civil en Huelva. Huelva: Diputación Provincial, 1996.

Naceu na Coruña. Tipógrafo de 35 anos. Veciño da Coruña.

Membro do Comité da CRG. Socio de Germinal e vicepresidente do Sindicato de Peones (CNT). Xulgado en Ferrol por traizón, foi declarado en rebeldía. Participou na rede clandestina artellada por cadros confederais na Coruña tras o golpe militar. Foi detido tras a caída dos anarcosindicalistas José Brandariz e Jaime Baella en xullo de 1937.

Foi paseado e apareceu morto na estrada de Arteixo-A Coruña, o 23 de xullo de 1937. Causa de morte segundo o Rexistro civil: feridas de arma de fogo con graves lesións cerebrais e torácicas. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 39 e 73.
Grandío Seoane, Emilio. Vixiancia e represión na Galicia da guerra civil: O “Informe Brandariz” (A Coruña, 1937). Sada: Ediciós do Castro, 2001.

Naceu en Carnota. Follalateiro de 52 anos. Veciño de Cee.

Concelleiro en Cee. Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte. Foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. Crónica de una represión en la “Costa da Morte” : Cée, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas. Sada: Ediciós do Castro, 1995. Pax. 297.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.

Naceu en Ames. Peón de 20 anos. Veciño da Coruña.

Dirixente da Sección de Peones, integrada no Sindicato Único del Ramo de la Construcción, CNT.

Morreu na Coruña o 22 de xullo de 1936 como consecuencia dunha confrontación armada. Causa de morte segundo o Rexistro civil: hemorraxia. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420

Naceu na Coruña. Militar de 39 anos. Maquinista da Armada retirado. Veciño da Coruña.

Foi acusado de loitar contra o exército sublevado ao comezo do “Movimiento”.

Xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Arsenal de Ferrol o 5 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio de Canido (Ferrol).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 278.

Naceu en Bergondo.

Incorporouse en 1946 á IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia. Afiliado ao PCE.

Morre en 1951 en San Pedro de Nós (Oleiros) ao estouparlle unha granada cando estaba agachado nunha taberna.

Máis información en:

Máiz, Bernardo. Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais, 1988. Pax. 169.

Naceu en Betanzos. Veciño de Betanzos, de 47 anos.

Morreu en Betanzos, o 9 de marzo de 1939, a mans dun garda civil na vía pública a carón do seu domicilio de Betanzos, ao negarse a entregarlle unha máquina de escribir do seu irmán, que estaba detido. O asasino foi xulgado e suicidouse no Castelo de San Antón.

A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna na cavidade abdominal. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 286.

Naceu en Cambre. Veciño de Cambre, de 29 anos, casado.

Detido en marzo de 1933 por colocar un petardo na vivenda do secretario do Concello de Cambre, en protesta polo reparto de utilidades.

Paseado. Apareceu o cadáver en Veira-Herves (Carral) o 16 de agosto de 1936. A causa de morte, segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira (Carral).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 152.
El Pueblo Gallego. Vigo, 22-03-1933.

Naceu na Coruña. Mariñeiro de 20 anos. Veciño da Coruña.

Afiliado á CNT. Xulgado na Coruña o 31 de xaneiro de 1937 por rebelión e condenado a cadea perpetua. Ingresa no Penal de San Cristóbal (Pamplona) o 18 de xuño de 1937.

Morre o 22 de maio de 1938 na fuga masiva do penal de San Cristobal, sendo acusado de ser un dos inspiradores da mesma.

Máis información en:

Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 408.
Alforja, Iñaki; Sierra, Félix. Fuerte de San Cristóbal, 1938 : la gran fuga de las cárceles franquistas : testimonios y documentos. Pamplona: Pamiela, 2005.

Naceu na Coruña. Mariñeiro de 35 anos. Veciño de Avilés.

Procesado por integrar a dotación do vapor Fernando L. Ibarra, apresado por buques da Mariña sublevada.

Xulgado en Donosti (San Sebastián) por rebelión e condenado a pena de morte. Foi executado o 9 de xullo de 1937 en Donosti.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

 

Naceu en Cuenca en 1904. Peón de 41 anos. Veciño da Coruña.

Do Sindicato de Peones (CNT). Socio de Germinal. Integrante da FAI. Participou nunha rede clandestina organizada pola militancia anarcosindicalista na Coruña, logo do golpe militar.

Paseado. Morte rexistrada no Campo da Rata (A Coruña) o 13 de xullo de 1937. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo, que lle ocasionaron hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 39 e 249.

Veciño da Coruña, de 35 anos.

Foi paseado. A súa morte foi rexistrada o 24 de outubro de 1936 na estrada A Coruña-Madrid,  no lugar de Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: shock cardíaco. Enterrado no cemiterio de Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz). Inscrito como Fermín Descoñecido.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Carpinteiro de 52 anos. Veciño da Coruña.

Da Sección de Carpinteros do Sindicato Único del Ramo de la Construcción, CNT.

Morreu na Coruña por confrontación armada o 23 de xullo de 1936. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: neumonía traumática, a consecuencia de ferida de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 419.

Naceu en Oleiros. Fogueiro do peirao de transatlánticos de 33 anos. Veciño da Coruña.

Tivo lesións por feridas de arma de fogo como consecuencia dos feitos acaecidos na Palloza-A Coruña o 20 de xullo de 1936 e foi levado ao Hospital. Sae recuperado para o Cuartel de Seguridade de Santiago de Compostela, de onde desaparece o 28 de setembro de 1936.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña. Panadeiro de 34 anos. Veciño de Turón (Mieres), casado.

Fora comandante do Batallón 218, do Exército Popular de Asturias.

Foi executado en Oviedo o 19 de agosto de 1939.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

Naceu en Culleredo. Xornaleiro de 28 anos. Veciño de Rutis (Culleredo).

Paseado. Apareceu morto o 3 de setembro de 1936 en Veira-Herves (Carral), perto da estrada Santiago-A Coruña. A causa de morte segundo o rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira (Carral).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153.

Naceu na Coruña. Pintor de 19 anos. Veciño da Silva (A Coruña).

Membro do Centro de Estudios Sociales Resplandor en el Abismo de A Silva e do Sindicato de Hojalateros. Participou na fuga do monte de San Pedro en marzo de 1937, sendo detido. Afiliado á CNT e JJLL.

Xulgado na Coruña e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 421.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Pax. 201.

Naceu en San Pedro de Nós (Oleiros). Veciño do barrio dos Castros (A Coruña).

Afiliado á CNT e ao PCE. Desertou do Exército franquista para unirse ao Exército Popular da República en Asturias, polo que foi internado nun campo de concentración en León unha vez acabada a contenda no Principado. Entre 1943 e 1945, actuou na clandestinidade vinculado á Unión Nacional Española (UNE). En 1946, formaba parte do Destacamento Líster da IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia. En 1948 abandonou o maquis e o PCE considerouno desertor.

Morreu en xaneiro de 1950 en Mide (Vilarmaior). Enterrado no cemiterio de Vilarmaior.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 148, 173, 175 e 177.

Naceu en San Pedro de Nós (Oleiros). Carpinteiro de 29 anos. Veciño dos Castros (A Coruña).

Antigo afiliado ao Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT coruñesa. Finalizada a contenda civil, integrouse no PCE e na IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia, no Destacamento Manuel Del Río Botana.

Morreu a carón de Manuel Ponte Pedreira o 21 de abril de 1947, nunha confrontación armada loitando coa guerrilla en Fontao-Abellá (Frades). A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas de armas de fogo. Enterrado no cemiterio de Abellá.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 147, 148, 173 e 252.
Pazos Gómez, Manuel. A guerra silenciada: mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952). Ordes: Obradoiro de Historia, 2011. Páxs. 91 e 92.

Dependente de 51 anos. Veciño da Coruña, casado.

Socio de Germinal e vello militante da CNT coruñesa dende o tempo da Iª Guerra Mundial, datas en que foi directivo do Sindicato de Pintores La Lealtad. No ano 1919, asistiu ao Congreso da CNT celebrado en Madrid en representación de varios sindicatos coruñeses

Paseado. Tras abrírselle Causa militar na Coruña en 1936, apareceu morto en Aranga o 31 de xaneiro de 1938. Primeiramente foi inscrito como descoñecido co Nº 32. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado nunha fosa común no cemiterio de Vilarraso (Aranga).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 149.
Grandío Seoane, Emilio; Fernández Fernández, Eliseo. A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga). A Coruña: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica d’A Coruña, 2011. Páxs. 39 e 40.

Naceu na Coruña. Tipógrafo, de 23 anos. Veciño da Coruña, solteiro.

Membro do Sindicato de Tipógrafos da CNT. Membro das JJLL

Participou na fuga do monte de San Pedro, sendo detido. Xulgado na Coruña e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 35 e 251.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páxs. 202 e 203

Naceu en Segovia. Empregado de 20 anos. Veciño da Coruña.

Foi paseado. O seu cadáver apareceu en Veira-Herves (Carral) o 16 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o rexistro civil foi: disparos de pistola. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153.

Naceu o 7 de marzo de 1888 en O Burgo-Culleredo. Tiña 48 anos.

Era 3º vogal da directiva da Agrupación de Izquierda Republicana da Coruña. Un fillo seu morreu afogado na fuxida do Portiño e outro finou combatendo na guerrilla.

Foi paseado. Apareceu morto na Costa do Sal o 23 de agosto de 1936.

Máis información en:

Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 237.

http://manuelazana.org/lista-militantes.asp?letra=D

Naceu en San Pedro de Nós, Oleiros. Mecánico de 34 anos. Veciño da Coruña, casado e cunha filla. Era fillo de Manuel Doldán Caridad

Participa na evasión do monte de San Pedro en 1937, sendo dos poucos que puido fuxir. En 1945 incorpórase á guerrilla, formando parte da IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia. Estivo afiliado ao PSOE e ao PCE.

Faleceu nunha confrontación armada canda Marcelino Rodríguez Fernández (“Marrofer”) e Lisardo Freijo, en Milreo-Fervenzas (Aranga) o 29 de xuño de 1946. A causa da morte segundo o rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Fervenzas (Aranga).

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 35 e 267

Naceu en Oleiros. Veciño do Burgo (Culleredo), de 19 anos.

Morreu afogado no intento de fuga por mar do Portiño, en San Pedro de Visma-A Coruña, o 3 de marzo de 1937. Era irmán de José Doldán Don e fillo de Manuel Doldán Caridad.

A causa da súa morte: operación de castigo e limpeza. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 237.

Naceu en Marín. Oficinista de 29 anos. Veciño da Coruña, solteiro.

Empregado na oficina dun exportador de peixe. Secretario do Ateneo de Santa Lucía en 1931. Socio de Germinal e integrante do Sindicato de Industria Pesquera. Afiliado á CNT e PCE.

Participou na tentativa de fuga do Portiño en marzo de 1937, sendo detido. Xulgado na Coruña e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Paxs. 203 e 204.

Naceu na Coruña. Funcionario municipal de 29 anos. Veciño da Santiago de Compostela, casado.

Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Representante de Izquierda Republicana no Comité de Defensa da República de Santiago. Activo na resistencia durante os días 18, 19 e 20 de xullo en Compostela.

Xulgado en Compostela por traizón e condenado a pena de morte, foi executado no cemiterio de Boisaca (Compostela) o 3 de decembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Boisaca.

Máis información en:

Lamela, Luis. 1936, la Cruzada en Compostela. Sada: Ediciós do Castro, 2005. Páx. 191.

Naceu en Pravio (Cambre). Labrego, de 33 anos. Veciño de Pravio (Cambre).

Membro da Unión Campesina (CNT) de San Pedro de Nós. Ao iniciarse a guerra civil estaba a facer o servizo militar, participando na resistencia armada no interior do Arsenal ferrolán, a bordo do acoirazado España. Estivo preso até o final da contenda e posteriormente integrouse na guerrilla ao saír da cadea, incorporándose xunto con outros anarcosindicalistas á IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia, a partir de 1945. Abandonou a guerrilla en 1948 por discrepar coa estratexia do PCE respecto da loita armada.

Unha vez detido, foi sometido a Consello de Guerra acusado de pertencer á guerrilla e condenado a pena de morte. Executado a garrote vil na Prisión Provincial da  Coruña o 25 de xaneiro de 1949. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 96, 147, 173, 175, 177, 253 e 297.

Naceu en Culleredo. Labrego de 42 anos. Veciño de Celas de Peiro (Culleredo), casado e con tres fillos.

Irmán do guerrilleiro cenetista Amador Domínguez Pan.

A morte tivo lugar no domicilio da vítima en Pereiro de Arriba-Celas de Peiro, Culleredo o 7 de setembro de 1937. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: intensa hemorraxia interna. Enterrado en Celas de Peiro.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 155.

Naceu en Corme (Ponteceso). Mariñeiro de 20 anos. Veciño da Coruña, solteiro.

Militante das JJLL. Secretario da Sección de Marineros El Despertar Marítimo, integrada no Sindicato de Industria Pesquera (CNT). Participou na tentativa de evasión do Portiño, sendo detido e procesado en Consello de Guerra.

Fusilado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Pax. 200 e 201.

Obreira téxtil de 25 anos. Veciña da Coruña

Operaria da fábrica de tecidos La Primera Coruñesa, despedida despois do golpe militar. Compañeira de Julio Acevedo Veiga. Afiliada á CNT.

Morreu por disparos de arma de fogo ás 21 horas do 10 de xullo de 1937, ao asaltar os falanxistas o seu domicilio na rúa Atocha Alta nº 55 da Coruña, por considerala enlace entre militantes anarquistas fuxidos. Enterrada no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. “Unha achega á represión franquista contra as mulleres libertarias na Galiza” in Unión Libre. Sada: Ediciós do Castro, 2006. Nº 11. Páxs. 75-87.

Naceu na Coruña. Músico de 30 anos. Veciño de Madrid.

Executado no Cementerio del Este, Madrid o 31 de decembro de 1940.

Máis información en:

Núñez Díaz Balart, Mirta; Rojas Friend, Antonio. Consejo de guerra: los fusilamientos en el Madrid de la Posguerra (1939-1945). Madrid: Compañía Literaria, 1997.
 

Naceu en Betanzos. Veciño de Betanzos, de 22 anos.

Mariño de remprazo. Pertencía ao Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos. Afiliado á CNT.

Foi detido o 12 de agosto do 1936 e paseado ao día seguinte, segundo declara o seu pai no proceso militar por deserción. Non se admite a testemuña do pai e será declarado en rebeldía. Apareceu morto na Reborica (Aranga) o 13 de agosto de 1936.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29.

Naceu en Vilalba. Limpabotas de 30 anos. Veciño da Coruña, casado e cun fillo.

Foi paseado. Apareceu o cadáver en Bastiagueiro-Liáns (Oleiros) o 24 de setembro de 1936. A causa de morte segundo o Rexistro civi foil: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Perillo (Oleiros).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.

Naceu na Coruña. Libreiro de 34 anos. Veciño da Coruña.

Propietario dunha libraría na rúa San Nicolás. Socio do Casino Republicano. Afiliado a Izquierda Republicana.

Foi paseado no Campo da Rata (A Coruña) o 12 de xaneiro de 1937. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: disparos arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.

Naceu en Caldas de Reis. Peón de 31 anos. Veciño da Coruña.

Dirixente do Sindicato de Peones y Albañiles (CNT) antes da IIª República, tempo en que foi un destacado militante comunista, sendo candidato nas eleccións a deputado de 1933 pola Coruña. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Foi paseado na Coruña o 13 de agosto de 1936.  A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. O anarquismo na Galiza: apuntes para unha enciclopedia. Santiago: Positivas, 2004. Páx. 95.

Naceu en Cabo Vilaño (A Laracha). Xornaleiro de 42 anos. Veciño de Cabo Vilano, A Laracha.

Militante do Sindicato de Agricultores y Profesiones Varias de Cabo Vilano. Impulsor da Federación Comarcal de Sindicatos de Bergantiños, á que representou no Congreso da CNT celebrado en Zaragoza no mes de maio de 1936. Afiliado á CNT e á FAI.

Paseado en Fonte Loureira-Armentón (Arteixo) o 13 de setembro de 1936. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: lesións por disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Armentón.

Máis información en:

Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. O anarquismo na Galiza: apuntes para unha enciclopedia. Santiago: Positivas, 204. Páx. 100.

Naceu en Madrid. Empregado de 40 anos. Veciño da Coruña, casado e con seis fillos.

Empregado do Hospicio. Antigo presidente do Sindicato de Hojalateros, ao que representou en diversos comicios. Socio de Germinal. Afiliado á CNT.

Foi paseado na estrada A Coruña-Madrid, na Costa do Sal (Coirós) o 24 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado en Santa María de Ois-cemiterio de Frei Pedro (Coirós).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 154.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Veciño da Coruña.

Morreu nunha confrontación armada na Coruña o 22 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Naceu na Coruña. Mecánico de 31 anos. Veciño da Coruña, casado.

Socio de Germinal e delegado do Sindicato de Tranviarios (CNT) na Compañía de Tranvías.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 6,30 horas do 11 de setembro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
 

Naceu na Coruña. Maquinista da Armada de 28 anos. Veciño da Coruña.

Afiliado ao Socorro Rojo Internacional.

Foi paseado na Coruña o 19 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Camareiro. Veciño da Coruña.

Afiliado ao Sindicato de Camareros Terrestres da CNT.

Desaparecido. Semella que foi paseado.

Máis información en:

Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Barbeiro de 38 anos. Veciño da Coruña, casado.

Afiliado ao PCE.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 6 horas do 7 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.

Veciño da Coruña.

Socio de Germinal, afiliado ás JJLL e integrante do grupo anarquista Nervio da FAI.

Participou nunha tentativa de sublevación do Rexemento de Infantaría nº 29; unha vez fracasada, foi paseado na Coruña o 10 de outubro de 1936.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 250 e 262.

Veciño da Coruña.

Morreu nunha confrontación armada na Coruña o 22 de xullo de 1936. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: perda de substancia ósea. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Nacido e veciño da Coruña, de 18 anos.

Paseado na Coruña o 19 de agosto de 1936. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Natural de Buenos Aires. Veciño de Sada de 34 anos.

Mestre en Sada, filólogo e escritor. Presidente do Ateneo de Cultura Social y Política daquela localidade. Afiliado á FETE-UGT. Despois de morto abríuselle un expediente de depuración do seu cargo. Integrante do Partido Galeguista. Exerceu de apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado. O seu cadáver apareceu o 20 de agosto de 1936 na estrada de A Golada-Betanzos, quilómetro 47, lugar de Trasanquelos (Cesuras). A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio de Trasanquelos.

Máis información en:

Costa Rico, Antón. A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páx. 492.

Naceu na Coruña. Pintor de 38 anos. Veciño de Porto de Santa Cruz (Oleiros).

Reputado pintor, formado nas vangardas artísticas de México a carón de David Alfaro Siqueiros. Retornado a Galiza en 1933, mantivo un forte compromiso coa esquerda intelectual coruñesa. Casado con Syra Alonso, que se exiliou a México cos seus tres fillos tras o seu asasinato.

Detido o 19 de setembro de 1936, foi torturado e asasinado no Campo de Morgade-Queo de Arriba-Bértoa (Carballo) o 28 de setembro de 1936. Enterrado no cemiterio de Bértoa.

Máis información en:

Alonso, Syra. Diarios. Vigo: A Nosa Terra, 2000.

Naceu en Compostela. Panadeiro de 36 anos. Veciño da Coruña, casado.

Afiliado ao Sindicato de Dependientes de Comercio (CNT) e antigo membro do Comité da CRG. Socio de Germinal. Foi detido na redada contra os grupos clandestinos libertarios levada a cabo no verán de 1937.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi fusilado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

 

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 39, 73 e 250.

Naceu na Coruña. Panadeiro de 33 anos. Veciño da Coruña, casado.

Socio de Germinal.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte. Foi executado en  Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.

Naceu en Muros. Xornaleiro de 26 anos. Veciño de Serres (Muros), solteiro.

Foi paseado. O seu cadáver apareceu en Balcobo-Barrañán (Arteixo) o 30 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: destrución do cerebro. Enterrado no cemiterio de Barrañán (Arteixo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.

Natural da Coruña. Médico de 28 anos. Veciño da Pasaxe, A Coruña.

Foi detido e xulgado en Consello de Guerra por agachar a Luis Rufilanchas, deputado socialista por Madrid, e facilitar a súa tentativa de fuga por mar. Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte. Foi executado no Campo da Rata (A Coruña) ás 5 horas do 11 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 27.

Peón. Veciño da Coruña, casado.

Cadro da Sección de Peones integrada no Sindicato Único del Ramo de la Construcción, CNT.

Foi paseado. Rexistrado na Coruña como desaparecido o 18 de xullo de 1936. A data de inscrición da defunción foi o 10 de marzo de 1937.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Naceu en Carballo. Xornaleiro de 20 anos. Veciño de Culleredo.

Foi detido por posesión ilícita de armas. Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) o 11 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 474.

Naceu en Betanzos. Mecánico de 17 anos. Veciño de Betanzos.

Afiliado ás Juventudes Socialistas Unificadas.

Foi paseado. O seu cadáver apareceu en Ponte de San Paio, na estrada Betanzos-Ferrol, quilómetro 2 (Betanzos) o 28 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna intratorácica. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 152.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 287.

Naceu en Fontán (Sada). Mariñeiro de 48 anos. Veciño de Sada.

Antigo emigrante nos EEUU. Alcalde de Sada na Fronte Popular. Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte e 100.000 pesetas de multa. Foi executado en Punta Herminia, nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras (A Coruña) o 27 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.

Naceu en Cuba. Veciño da Coruña, de 36 anos.

Foi paseado. O seu cadáver apareceu nas proximidades de Rodeiro (Pontevedra) o 6 de maio de 1938. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: morte violenta. Enterrado no cemiterio de Rodeiro.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en As Nogais. Funcionario municipal, de 58 anos. Veciño de As Nogais.

Oficial do Concello, directivo de Unión Republicana, alcalde e Presidente da Unión Patriótica na Ditadura de Primo de Rivera.

Foi xulgado en Lugo por incitación á rebelión e condenado a seis anos de prisión. Morreu na Prisión Provincial da Coruña.

Máis información en:

Souto Blanco, María Jesús. La represión franquista en la provincia de Lugo. Sada: Ediciós do Castro, 1998. Páx. 406.

Naceu en Bergondo. Militar de reemprazo de 26 anos. Veciño de Ferrol.

Mariño na Armada, na vida civil era albanel. Foi xulgado pola acusación de espallar novas falsas ou tendenciosas coa finalidade de quebrantar o prestixio das forzas militares sublevadas.

Xulgado en Ferrol por traizón e condenado a pena de morte, foi executado no Arsenal o 19 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio de Ferrol.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 269.

Natural da Coruña. Cociñeiro. Veciño de Huelva.

Morrei en Huelva o 2 de xullo de 1937.

Máis información en:

Espinosa Maestre, Francisco. La guerra civil en Huelva. Huelva: Diputación Provincial, 1996.

Natural de Asturias, de 19 anos de idade.

Xulgado en Asturias, foi executado na Coruña o 23 de marzo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.

Naceu en Carral. Mariñeiro de 35 anos. Veciño de Xixón.

Afiliado á CNT. Loitou no exército republicano co grao de sarxento.

Xulgado en Asturias e condenado a pena de morte, foi executado en Xixón o 29 de xullo de 1938.

Máis información en:

Laruelo Roa, Marcelino. La libertad es un bien muy preciado: consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacional al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas. Xixón: En la Estela de Aldebarán, 1999.

Naceu na Coruña. Veciño de Olloniego, Oviedo, de 39 anos, casado.

Paseado en Olloniego (Oviedo) o 1 de febreiro de 1938.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

Naceu en Quireza (Cerdedo). Contratista de obras de 49 anos. Veciño da Coruña.

Concelleiro de Obras do concello da Coruña, onde residíu na etapa republicana, e secretario da Liga de Derechos del Hombre na capital herculina. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Agachado en Quireza cun irmán ao comezo da guerra, pasou a Portugal e logo a Francia e por último á zona republicana (Levante e Catalunya), onde loitou. Foi internado ao rematar a Guerra Civil no campo de Argelés, emprazado no Midi francés. Afiliado a Unión Republicana

Xulgado na Coruña por rebelión foi declarado fuxido e en rebeldía. Preso en Estrasburgo, foi deportado a Mauthausen en decembro do 1940 e logo trasladado a Gusen en xaneiro do 1941. Morreu no campo de exterminio de Gusen o 23 de novembro de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páxs. 397-406.
Pereira, Dionísio. As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei. Cerdedo: Verbo Xido, 2010.
Pereira Martínez, Carlos (Ed.). O que fixeron en Galicia. 1936. Vigo: A Nosa Terra, 1998. Páx. 107.

Militar de reemprazo. Veciño da Coruña.

Integrante das JJ.LL. Soldado do Rexemento de Artillaría

Participou nunha tentativa de rebelión nos cuarteis coruñeses. Pasado polas armas na Coruña en cumprimento do artigo 4º do Bando declaratorio do Estado de Guerra, acusado de sublevación e de querer pasar a oficialidade a coitelo. Fusilado á luz pública no Campo da Rata (A Coruña) o 23 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 251 e 262.

Natural de Carballo. Veciño de Carral de 33 anos.

Mestre en Sésamo (Culleredo).

Detido en Carral, estivo tres meses na prisión da Coruña en 1936. En 1937 foi condenado a dous anos de suspensión de emprego e soldo no seu cargo. Deserta tras ser mobilizado no Exército franquista, polo que é detido. Xulgado na Coruña por traizón á patria, foi sentenciado a pena de morte. Executado no Campo da Rata (A Coruña) o 7 de decembro de 1940.

Máis información en:

Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 474.
Figueroa Vilachá, Manuel. A verdade por encima de todo: Todos os datos sobre o proceso represivo do seu irmán Ramón Amadeo Figueroa Vilachá. Manuscrito

Naceu en Nigoi (A Estrada). Veciño da Coruña de 27 anos.

Membro do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT e destacado militante comunista. Tras o golpe militar, interveu na reconstrución do PCE na clandestinidade. Participou na fuga do Portiño, en marzo de 1937, sendo detido.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi fusilado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páxs. 201 e 202.

Naceu en Buenos Aires. Veciño da Coruña, de 40 anos.

Anarquista de procedencia arxentina e orixe grega, foi expulsado de varios países de Latinoamérica polas súas actividades sindicais. Recalou na Coruña a partir de 1933. Director do periódico anarquista Brazo y Cerebro, fundador das Juventudes Libertarias na Coruña e integrante da FAI. Tras o golpe militar, participou na reorganización da FAI coruñesa na clandestinidade.

Os falanxistas e gardas civís asaltaron a casa da rúa Atocha Alta nº 55 da Coruña na que Fournerakis e outros compañeiros estaban agachados, matando a todos os seus ocupantes o 10 de xullo de 1937. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Está enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. O anarquismo na Galiza: apuntes para unha enciclopedia. Santiago: Positivas, 2004. Páx. 126.

Naceu en Arteixo. Veciño de Arteixo de 27 anos.

Directivo do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Monteagudo-Arteixo. Afiliado á CNT.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) o 1 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas por arma de fogo (pasado polas armas). Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 161.

Naceu en Betanzos. Camareiro de 30 anos. Veciño de Betanzos.

Directivo do Sindicato de Profesiónes Varias de Betanzos. Afiliado á CNT.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 24 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29.

Naceu na Coruña. Xornaleiro de 30 anos. Veciño do barrio de Labañou (A Coruña).

Detido en abril de 1935 por posesión de propaganda comunista.

Foi paseado e o seu cadáver apareceu na Coruña o 19 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Naceu en Ribadeo. Limpabotas de 25 anos. Veciño da Coruña. Afiliado á CNT.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. O seu fusilamento rexístrase no Penal de San Cristóbal (Pamplona) o 22 de maio de 1938  ao participar na fuga xa referida.

Máis información en:

Alforja, Iñaki; Sierra, Félix. Fuerte de San Cristóbal, 1938 : la gran fuga de las cárceles franquistas : testimonios y documentos. Pamplona: Pamiela, 2005.

Naceu na Coruña. Pintor de 18 anos. Veciño da Coruña.

Xulgado na A Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 29 de abril de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Naceu no barrio coruñés da Silva. Tiña 31 anos e residía en Ferrol pois pertencía ao corpo subalterno do Exército.

Xulgado en Ferrol por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado en Ferrol no cuartel do Rexemento de Artillería da Costa o 16 de marzo de 1937.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Betanzos. Carpinteiro de 28 anos. Veciño de Betanzos.

Directivo do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos. Afiliado á CNT.

Morte rexistrada a causa de ser pasado polas armas no cemiterio de Canido-Ferrol, o 26 de xullo de 1936. Enterrado no cemiterio de Canido.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 247.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29.

Naceu en Madrid. Tipógrafo de 22 anos. Veciño da Coruña, solteiro.

Debuxante. Participou nas actividades clandestinas da CNT e da FAI coruñesas, até que foi detido en 1937. Afiliado ao POUM.

Morte rexistrada na Coruña a causa de ser pasado polas armas, en cumprimento de sentenza. Fusilado na Campo da Rata (A Coruña) ás 7 horas do 26 de xaneiro de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 38.
García Durán, Juan. Pola liberdade: a loita antifranquista de Luis Costa. Vigo: A Nosa Terra, 2001. Páx. 74 e ss.

Naceu na Coruña. Empregado de 19 anos. Veciño da Coruña.

Secretario das Mocedades Galeguistas na cidade, colaborador do voceiro A Nosa Terra e directivo do Club del Mar. Afiliado ao Partido Galeguista.

Paseado. Apareceu morto na Corbeira (Culleredo) o 16 de setembro de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 174.

Estaba facendo o servizo militar en Lugo, faltábanlle tres meses para licenciarse cando deserta do exército e incorpórase á guerrilla.

Foi compañeiro de Benigno Andrade García “Foucellas”. Foi asasinado o 9 de marzo de 1952 ao carón de Manuel Vilar Arnoso “Manolito”, con ocasión da detención de “Foucellas” en Costa-Rodeiro (Oza dos Ríos).

Máis información en:

Lamela, Luis. “Foucellas”. El riguroso relato de una lucha antifranuistra (1936-1952). Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 149.
Heine, Hartmut. A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Edicións Xerais, 1980. Páx. 251.
Testemuña da súa familia

Veciño da Coruña.

Seica participou nunha tentativa de sabotaxe na CAMPSA. Afiliado á CNT.

Morreu en confrontación armada na Coruña o 21 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: perda de substancia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 419.

Naceu na Coruña. Caixonista de 19 anos.

Directivo do Sindicato de Cajonistas y Aserradores La Libertad (CNT) en xuño de 1935.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) o 11 de novembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: pasado polas armas, hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.

Naceu na Coruña. Veciño de Bugarín (Ponteareas), de 60 anos.

Paseado en Vilasobroso (Mondariz) o 11 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna producida por arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Vilasobroso.

Máis información en:

Rodríguez Gallardo, Ángel. O ruído da morte. Sada: Ediciós do Castro, 2007. Páx. 275.

Naceu en Cee. Mecánico de 30 anos. Veciño de Cee, casado.

Empregado da Fábrica de Carburos Metálicos. Afiliado á UGT. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Lamela, Luis. Crónica de una represión en la “Costa da Morte” : Cee, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas. Sada: Ediciós do Castro, 1995. Páx. 298.

Naceu en Sada. Mariñeiro de 30 anos.

Tripulante embarcado en Nova York do vapor Mar Cantábrico, que transportaba material de guerra dende América (México e New York) para a República. Afiliado á FAI.

Xulgado en Ferrol por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado na Punta del Martillo do Arsenal de Ferrol o 9 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio de Trasancos (Narón).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 275.

Natural da Coruña. Tiña 31 anos.

Preso en Angoulême, Francia, foi deportado a Mauthausen en agosto de 1940. Trasladado a Gusen un ano máis tarde, morre no campo de exterminio de Hartheim o 29 de setembro de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.

Naceu na Coruña. Militar, de 27 anos. Veciño da Coruña.

Cabo fogueiro do acoirazado España.

Xulgado en Ferrol por sedición e condenado a pena de morte, foi executado na Punta del Martillo do Arsenal de Ferrol o 25 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio de Canido (Ferrol).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 253.

Naceu na Coruña. Labrego de 18 anos. Veciño de Infesta (Betanzos).

Foi paseado. A súa morte rexístrase en Betanzos, no seu domicilio de Requián-Infesta o 27 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 291.

Naceu na Coruña. Avogado de 43 anos. Veciño de Vimianzo.

Foi secretario do Concello de Vimianzo. Masón, fundador da Loxa Triángulo Fraternidad Humana nº 75 e organizador da Agrupación Local do PSOE en Viveiro.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña), nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras, o 15 de marzo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.
Lamela, Luis. Crónica de una represión en la “Costa da Morte” : Cee, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas. Sada: Ediciós do Castro, 1995. Páx. 311.

Naceu en Quembre (Carral). Veciño de La Argañosa, Oviedo, de 36 anos, casado.

Foi paseado o 22 de novembro de 1936.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

Naceu en Cerceda. Labrego de 28 anos. Veciño de Boimil (Cerceda).

Faleceu ás 6 horas do 10 de outubro de 1938, nunha vivenda da rúa San José da Coruña, a consecuencia de ferida sufrida por disparo de arma de fogo, dentro dunha operación de castigo e limpeza. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: ferida sufrida por disparo de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 145.

Naceu en Ribadeo. Industrial, de 22 anos. Veciño da Coruña.

Traballaba no negocio familiar de fábrica de lixivia, sito na rúa de San Roque da Coruña. Xogador do Deportivo da Coruña. Era un dos coñecidos irmáns “de la Lejía”. Afiliado ás Juventudes Socialistas Unificadas (JSU).

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 29 de xullo de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.

Naceu na Coruña. Veciño de Jove (Asturias), de 47 anos, casado.

Presidente do Comité de Barriada de Jove.

Capturado cando tentaba fuxir por mar. Xulgado en Asturias e condenado a pena de morte, foi executado en Xixón o 9 de marzo de 1939.

Máis información en:

Laruelo Roa, Marcelino. La libertad es un bien muy preciado: consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacional al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas. Xixón: En la Estela de Aldebarán, 1999.

Naceu en Ribadeo. Industrial, de 24 anos. Veciño da Coruña.

Traballaba no negocio familiar de fábrica de lixivia. Era un dos irmáns coñecidos polos “de la Lejía”. Afiliado ás JSU.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 29 de xullo de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 29, 135-136.

Naceu en Ribadeo. Veciño da Coruña, de 17 anos.

Era un dos irmáns coñecidos polos “de la Lejía”. Afiliado ás JSU.

Foi paseado. Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua, mais foi sacado da cadea e asasinado nas inmediacións do cemiterio de Santo Amaro, A Coruña, o 12 de xaneiro de 1937. Despois de morto, concédeselle unha conmutación por 20 anos en 1943. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 49.

Naceu en Sada. Funcionario de 50 anos. Veciño de Ferrol.

Presidente do Centro Obrero de Cultura de Ferrol dende 1934. Afiliado a Unión Republicana.

Foi paseado en Ferrol o 11 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: feridas producidas por arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Canido (Ferrol).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 257.

Naceu na Coruña o 25 de marzo de 1895. Enfermeiro marítimo, de 42 anos. Veciño da Coruña, casado con Aurora Blanco Martínez desde agosto de 1921.

Xulgado en rebeldía na Causa 205/36 da xurisdicción de Mariña, instruída por desercións nos buques da mariña mercante Monte Olivia, Monte Sarmiento e Orbita.

Preso en Trier é deportado a Mauthausen en xaneiro de 1941. Posteriormente trasládano ao campo de exterminio de Gusen en xullo do 1941, onde morre o 12 de xullo de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.
El Noroeste. A Coruña, 02-08-1921.

Solteiro.

Foi paseado. A súa morte está rexistrada no Hospital Municipal da Coruña o 20 de agosto de 1936. O cadáver apareceu en Mazaído-Comeanda. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Naceu en Santiago de Compostela. Veciño da Coruña, de 22 anos.

Detido nos primeiros días do golpe militar na Coruña por participar na resistencia contra os militares alzados, foi liberado ao non existir probas contra el. Despois foi novamente detido en marzo de 1937, acusado de participar na tentativa de fuga da motora Sisargas, pola que foi xulgado en maio do mesmo ano. Afiliado á CNT.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 5 horas do 11 de xullo de 1937.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Causa 291/37.

Naceu na Coruña. Serrador, de 21 anos. Veciño da Coruña.

Militante do Sindicato de Cajonistas y Aserradores da Coruña (CNT), no que ocupou cargos directivos dende 1931. Secretario do Ateneo Libertario Nueva Era e integrante das JJLL. Procesado despois do golpe militar pola aparición de armas no local da CNT coruñesa.

Inculpado nunha causa militar na Coruña co resultado de sobresemento provisorio e posto a disposición do delegado de Orde Pública. Desaparecido.

Máis información en:

A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Naceu en Noia no ano 1896. Albanel e veciño de Obre (Noia).

Traballador da Sociedad General Gallega de Electricidad (no encoro do Tambre) e afiliado ao Sindicato de Oficios Varios de Noia, da CNT, foi acusado de participar na queima dos santos da Capela de San Bernardo. Participou na fuga dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa dende o porto de Muros, despois do golpe militar. En Bilbao estivo destacado en tarefas de vixilancia e posteriormente foi mobilizado en Castro Urdiales como cociñeiro. Soldado de Servicios Auxiliares do Batallón Nº 30, Celta, da CNT, en maio de 1937. Tras a derrota e despois de pasar pola cadea de Santoña, regresou á súa casa de Balbargos en setembro de 1937. Alí estivo entobado algún tempo, mais rematou sendo detido.

Xulgado en Compostela por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia, nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras, A Coruña, ás 5,30 horas do 11 de maio de 1938

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 145.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 418.
Agrafoxo, Xerardo. 1938-1939: A Guerra Civil en Lousame e Noia: O triple crime de Marselle. A traxedia do Baleares. Noia: Concello de Lousame, 1999. Páx. 207 e ss.

Naceu na Coruña. Peón de 25 anos. Veciño de Cambre.

Vítima da represión franquista en Oviedo. Morto o 6 de febreiro de 1937

Máis información en:

http://www.fosacomun.com

Naceu en Abegondo. Garda xurado de 43 anos. Veciño da Coruña.

Morto nos enfrontamentos na cidade da Coruña en xullo de 1936. Segundo a prensa local, disparóuselle o mosquetón de xeito casual.

A súa morte aparece rexistrado na Coruña a causa de ferida de arma de fogo. O cadáver apareceu no Hospital Militar o 22 de xullo de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.
La Voz de Galicia. A Coruña, 24-07-1936.
Listaxe de falecidos polo golpe militar enterrados no cemiterio da Coruña.

Natural e veciño de Arteixo, de 34 anos.

Directivo do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Monteagudo-Arteixo (CNT). Foi acusado de participar nunha xuntanza en que se decidiu colocar explosivos na vivenda do crego de Monteagudo, nos días do golpe militar. Detido o 5 de agosto de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 1 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: feridas por arma de fogo (pasado polas armas).

Máis información en:

Causa 277/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138).
A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 422.
La Voz de Galicia. A Coruña, 03-10-1936.

Natural de Córdoba, de 45 anos.

Poeta cordobés, colaborador de periódicos asturianos como El Noroeste nos anos 20. Xulgado en Consello de Guerra celebrado en Asturias, foi executado na Coruña o 23 de marzo de 1937.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.
La Voz de Galicia. A Coruña, 24-03-1937.
El Noroeste. Xixón, 18-11-1928, 15-08-1929.

Naceu na Coruña o 4 de abril de 1901. Mozo de profesión. Veciño de San Pedro de Visma.

Traballador na Fábrica de Tabacos. Militante do sindicato Unión Tabacalera e afiliado ao PSOE. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Tentou fuxir á zona republicana na evasión do Portiño, mais foi capturado cando retornaba á súa casa logo do fracaso da fuxida.

Condenado a pena de morte ao ser considerado un dos organizadores da fuxida. Executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de outubro de 1937.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 199-200.
A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páxs. 262-264,421.

Naceu en Oleiros. Carpinteiro de 22 anos. Veciño de Oleiros

Mobilizado no chamado exército nacional en xullo de 1937, combateu na fronte de Somosierra até decembro de 1938. Aproveitando un permiso, desertou. Estivo fuxido co seu pai e o seu irmán Manuel (tamén desertor), até que foi detido pola morte do axente do Servicio de Información y Policía Militar (SIPM) José Barcia Riobóo, perto de Cambre, sucedida en xullo de 1939. Xulgado na Coruña por un tribunal militar en setembro de 1940, foi condenado a pena de morte e executado ao carón do seu pai, José Garrido Pasandín. Afiliado á CNT.

Executado na Coruña o 23 de outubro de 1940. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 711/39. A Coruña.

Naceu en Oleiros. Carpinteiro, de 55 anos. Veciño de Oleiros.

Integrante dun sindicato campesiño da CNT, decidiu fuxir ao monte ao ser presionado pola Garda Civil para informar sobre o seu fillo Manuel Garrido Otero, desertor do exército nacional. Estivo fuxido co seus fillos Manuel e Eduardo (tamén desertor), até que foi detido pola morte do axente do Servicio de Información y Policía Militar (SIPM) José Barcia Riobóo, perto de Cambre, sucedida en xullo de 1939. Xulgado na Coruña por un tribunal militar en setembro de 1940, foi condenado a pena de morte e executado ao carón do seu fillo Eduardo Garrido Otero.

Executado na Coruña o 23 de outubro de 1940. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 711/39. A Coruña.

Naceu en Noia en 1900. Zapateiro. Veciño de Sada.

Afiliado ao PSOE.

Foi paseado en Dorneda-Oleiros o 3 de outubro de 1936, segundo algunhas fontes, por impedir a manipulación nas elecións de febreiro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil: hemorraxia interna.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.

http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?mes=11&ano=2010

Naceu na Coruña. Mestre de 23 anos. Veciño da Coruña.

Foi paseado. Apareceu morto na curva de Canabal, estrada Coruña-Santiago, quilómetro 8,9 (Culleredo) o 16 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia menínxea. Enterrado no cemiterio de Almeiras (Culleredo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 154.
Costa Rico, Antón. A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 487-521.

Naceu na Coruña. Peón de 21 anos. Veciño da Coruña, casado e cun fillo. Afiliado á CNT.

Foi paseado. O seu cadáver apareceu na estrada da Estación Norte, Betanzos-Infesta, o 6 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: aplicación da Lei de fugas.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.

Naceu en Maceda-Ourense en 1909. Mestre de 39 anos. Veciño de Vigo

Afiliado ao PCE desde 1932. Antes da guerra viviu en Vigo e durante o conflito estivo na zona republicana, onde participou na organización das Milicias Galegas. Despois exiliouse en Cuba até que retorna a Galiza nos anos 40, coa intención de facerse cargo da organización comunista clandestina. Responsábel do PCE na Galiza desde 1946, foi detido xunto a Antonio Seoane o 11 de xullo de 1948.

Xulgado na Coruña por pertenza á guerrilla e condenado a pena de morte, foi executado na Prisión Provincial da Coruña o 6 de novembro de 1948. Está enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Santidrián Arias, Víctor. Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Ediciós do Castro, 2002.
Redondo Abal, Francisco Xavier. Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro, 2006.

Naceu en Bergondo en 1916. Limador de serra, de 21 anos. Veciño de Bergondo.

Era secretario do Sindicato de Oficios Varios de Bergondo en 1936. Ao se producir o golpe militar participou na requisa de armas pola zona.

Detido e xulgado na Coruña por auxilio á rebelión foi condenado a cadea perpetua. Trasladado ao Penal de San Cristóbal, en Pamplona, foi un dos implicados na fuga que tivo lugar o 22 de maio de 1938 e morreu no intento.

Máis información en:

Causa 854/36. A Coruña.
Alforja, Iñaki; Sierra, Félix. Fuerte de San Cristóbal, 1938 : la gran fuga de las cárceles franquistas : testimonios y documentos. Pamplona : Pamiela, 2005.

Naceu en Abegondo. Labrego, de 50 anos. Veciño de Abegondo.

Paseado en San Pedro de Nós-San Marcos, o 15 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil: hemorraxia interna. Enterrado en San Pedro de Nós (Oleiros).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.

Naceu na Coruña en 1895. Fogueiro e veciño da Coruña.

Vogal da Sección de Fogoneros do Sindicato de Industria Pesquera (CNT). Organizador das fugas de barcos como o Sagrado Corazón de Jesús e o boniteiro Explorador, foi detido por estas actividades en agosto de 1937.

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña, ás 6 horas do 7 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1091/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Naceu na Coruña o 9 de setembro de 1913. Mariñeiro de reemprazo da Armada.

Ao inicio do golpe militar estaba destinado no cruceiro Miguel de Cervantes e estaba de permiso na Coruña, onde desertou. Foi detido por participar na tentativa de fuxida da motora Sisargas, en febreiro de 1937.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña), ás 5 horas do 11 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 291/37. A Coruña
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.

Naceu na Coruña. Militar. Veciño de Madrid.

Tenente coronel de Enxeñeiros, durante a Guerra Civil foi director da 3ª Sección da Escuela Popular de Guerra da zona Sur-Centro do Exército Popular da República.

Executado no Cementerio del Este, Madrid, o 25 de xaneiro de 1941.

Máis información en:

Núñez Díaz-Balart, Mirta, e Rojas Friend, Antonio. Consejo de Guerra. Los fusilamientos en el Madrid de la Posguerra (1939-1945, Madrid: Compañía Literaria, 1997.

Natural de Ferrol e veciño da Coruña.

Mestre dunha Escola Racionalista na rúa do Socorro, chamada a “do ferrolán”. De ideoloxía libertaria.

Semella que foi paseado.

Máis información en:

Fernández, Eliseo e Pereira, Dionísio. A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 407.
Costa Rico, Antón. A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Paxs. 487, 521.
Patiño Regueira, Antón. Memoria de ferro. Vigo: A Nosa Terra, 2005.

Naceu na Coruña en 1905. Dependente. Veciño da Coruña.

Militante do Sindicato de Cerveceros y Gaseoseros La Luz (CNT), do que foi vogal en 1934. Tamén traballou como dependente de comercio. Foi capturado como consecuencia do intento de fuxida do Portiño en marzo de 1937.

Condenado a morte, foi executado xunto aos seus compañeiros de sumario en Punta Herminia, inmediacións do Polvorín de Adormideiras, A Coruña, o 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 199.
Fernández, Eliseo e Pereira, Dionísio. A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Naceu en Brasil. Veciño do barrio das Atochas (A Coruña).

Paseado na estrada A Coruña-Madrid, á altura de Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz, o 23 de outubro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: shock cerebral. Enterrado no cemiterio de Santa Mariña de Lagostelle.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña en 1898. Profesor. Veciño da Coruña.

Foi catedrático de Literatura Española en institutos da Coruña, Madrid e, xa no período da guerra, en Barcelona. Publicou escritos nas revistas Hora de España e Nova Galiza.

Preso en Angoulême, foi deportado a Mauthausen en agosto de 1940. Trasladado a Gusen en xaneiro do 1941, morre no campo de exterminio de Hartheim o 26 de setembro de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.
Costa Rico, Antón. A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páx. 494.

Naceu na Coruña en 1912. Xornaleiro. Veciño da Coruña.

Fundador das JJLL, integrante do grupo editor do xornal Brazo y Cerebro e militante do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT da Coruña. Antigo lexionario, participou na resistencia ao levantamento militar no barrio de Monelos e despois estivo refuxiado nos montes de Santa Margarita e Elviña. Cando estaba debruzado na reorganización da FAI clandestina, foi detido no barrio das Atochas o 10 de xullo de 1937.

Paseado no Campo da Rata (A Coruña) o 13 de xullo de 1937.

Máis información en:

Causa 992/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Fernández,. Eliseo e Pereira, Dionisio. A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Mestra. Veciña da Coruña. De filiación socialista.

Veciña da rúa da Torre. Irmá dos anarquistas José e Rogelio González González.

Desaparecida. Semella que foi asasinada e logo apareceu na praia do Orzán, da Coruña.

Máis información en:

Fonte: Testemuño da súa sobriña Concha González.

Naceu en Curtis en 1915. Veciño da Coruña.

Afiliado ao Sindicato de Camareros da CNT da Coruña e ás JJLL, algunhas fontes preséntano tamén como militante comunista nos derradeiros días da Fronte Popular. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Logo do golpe militar, estivo refuxiado co seu irmán José González González no barrio das Atochas, tras ser perseguido pola súa participación na tentativa libertaria de levantar os cuarteis de Atocha en outubro de 1936. Resultou ferido nas detencións de militantes confederais acontecidas en xullo de 1937.

Paseado, xunto a Santiago Sanjurjo López, na estrada de Circunvalación, á altura da Prisión Provincial da Coruña, o 31 de xullo de 1937. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: feridas de arma de fogo que lle ocasionaron shock traumático. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 992/37. A Coruña.

Militar. Veciño da Coruña.

Afiliado ás Juventudes Libertarias. Soldado do Rexemento de Artillaría, foi acusado do intento de levantar os cuarteis das Atochas en outubro de 1936 e executado de xeito sumario

Pasado polas armas na Coruña en cumprimento do artigo 4º do Bando declaratorio do Estado de Guerra. Foi executado no Campo da Rata, A Coruña, o 23 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Fernández, Eliseo e Pereira, Dionísio. A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Naceu en Allariz, Ourense. Representante de comercio de 26 anos. Veciño da Coruña.

Vivía na rúa San Andrés da Coruña, no mesmo edificio que o xeneral Rogelio Caridad Pita. Traballaba de representante da editorial Espasa-Calpe. Na tarde do 10 de outubro de 1936 foi detido cando estaba no Café Méndez Núñez da rúa Real e levado ao cuartel da Garda Civil da Coruña. Ao día seguinte desaparecerá sen deixar rastro.

Semella que foi paseado na zona de Aranga e que está enterrado na fosa común do cemiterio de Vilarraso (Aranga).

Máis información en:

Grandío Seoane, Emilio; Fernández Fernández, Eliseo. A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga). A Coruña: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica d’A Coruña, 2011. Páx. 44.

Naceu na Coruña. Mariñeiro de reemprazo na Armada, de 24 anos. Veciño da Coruña.

Irmán do deputado republicano Emilio González López. Tiña o seu domicilio na rúa da Torre, 136. Servía como mariñeiro da Armada no Eduardo Dato, destacado en Algeciras en xullo de 1936. Días antes do golpe militar pasou por Madrid en dirección A Coruña, para ver á súa muller e ao seu fillo nun breve permiso.

Paseado en Auga Río-Dorneda, Oleiros, o 17 de decembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock traumático. Enterrado no cemiterio de Dorneda.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 157
González López, Emilio. Memorias de un diputado de las cortes de la República (1931-1938). Sada: Ediciós do Castro, 1988.

Naceu en Sada en 1903. Funcionario. Veciño de Sada.

Traballaba como auxiliar do secretario do Xulgado. Ademais foi debuxante (fundador e presidente da Sociedad Artistica Sadense) e secretario xeral do Partido Galeguista en Sada, na súa fundación en 1935. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Tras recoñecer os cadáveres de Xoán Antón Suárez Picallo e outros compañeiros, quítase a vida na súa casa, en Rioboo (Sada) o 5 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna cerebral por arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Sada.

Máis información en:

http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?mes=11&ano=2010

Natural de Asturias, de 29 anos.

Foi pasado polas armas por execución de sentenza o 5 de abril de 1937, na Coruña. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.

Naceu en Oleiros. Mariñeiro de 27 anos. Veciño de Pontevedra.

Membro da dotación do vapor Alfonso Senra, fusilado canda outros dezaoito membros da tripulación deste buque, que fora capturado pola Armada sublevada cando se dirixía a Xijón levando víveres.

Foi executado en Ferrol, no cemiterio de Canido, o 17 de setembro de 1936. Enterrado no cemiterio de Canido.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 259.

Natural de Segovia. Ebanista de 49 anos. Veciño da Coruña.

Tivo refuxiado na súa casa ao anarquista José Torres Regueiro, polo que foi detido en xullo de 1937. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión foi condenado a 12 anos de cadea.

Morreu na Prisión Provincial da Coruña por tuberculose pulmonar o 17 de outubro de 1938.

Máis información en:

Causa 992/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 145.

Natural de Pueblo-Candamo, Asturias, de 22 anos.

Xulgado en Consello de Guerra celebrado en Asturias. Foi executado na Coruña o 23 de marzo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.
La Voz de Galicia. A Coruña, 24-03-1937.

Natural de Madrid. Transportista de peixe, de 35 anos. Veciño da Coruña.

Afiliado á CNT antes da Guerra civil, exerceu de correo entre a militancia clandestina da CNT coruñesa e ourensá con responsábeis da organización en Madrid, na altura de 1942.

Foi detido e faleceu na Prisión Provincial de Barcelona o 28 de outubro de 1942.

Máis información en:

Causa 27.360. Arquivo Histórico Militar (Madrid).

Naceu en Rentería, Gipuzkoa en 1878. Veciño da Coruña.

Traballou como carabineiro doce anos e despois dedicouse ao comercio. Deputado a Cortes por Izquierda Republicana en febreiro de 1936. Detido despois do golpe militar no seu domicilio.

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Punta Herminia (A Coruña) o 31 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 168.

Naceu en Santiago de Compostela. Escribente, de 34 anos. Veciño de Coristanco.

Paseado na Furoca-Pastoriza (Arteixo) o 26 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil: estrución da masa encefálica. Enterrado no cemiterio de Oseiro (Arteixo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.

Naceu na Coruña. Xornaleiro de 29 anos. Veciño da Coruña.

Do Sindicato de Transporte da Coruña. Afiliado á CNT.

Foi paseado. A súa morte rexístrase no Hospital Municipal da Coruña o 18 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.
A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Natural de Logroño, de 29 anos. Veciño da Coruña.

Era mestre da Escuela Graduada Normal da Coruña. Foi destituído do seu posto en agosto de 1936 e pouco tempo despois aparecía o seu cadáver en Carral.

Paseado en Veira-Herves (Carral) o 29 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153.
Costa Rico, Antón.A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Paxs. 487-521.
El Compostelano. Santiago, 13-08-1936.

Naceu na Coruña. Empregado de 29 anos. Veciño da Coruña.

Presidente do Sindicato de Trabajadores de Comercio da UGT, masón e vicesecretario do Partido Republicano Radical.

Paseado en  Bastiagueiro (Oleiros) o 18 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio municipal da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Natural de Murcia. Garda de Asalto de 30 anos. Veciño de Oviedo.

Tenente da Garda de Asalto. Viña do corpo de Infantaría. Foi fusilado na Coruña o 27 de xaneiro de 1938 por sentenza de Consello de Guerra. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.

Natural de Barballor, Zaragoza. Veciño da Coruña, de 40 anos, casado con Aurora Carreras.

Xastre de sona, debuxante e presidente de Germinal en 1932. Redactor de El Noroeste. Foi vicepresidente de Izquierda Republicana en decembro de 1935. Fundador do primeiro cine-club da cidade da Coruña, era tamén membro do Comité de Cooperación Intelectual. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado en Mazaído-Comeanda (A Coruña) o 20 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.
Pereira Martínez, Carlos (Ed.). O que fixeron en Galicia. 1936. Vigo: A Nosa Terra, 1998. Paxs. 118 e 119.

Natural de Corcubión. Telegrafista de 30 anos. Veciño da Coruña.

Telegrafista que fixo garda no Goberno Civil da Coruña nos días do golpe militar, até a derrota das forzas populares. Era tamén sindicalista do seu ramo

Foi paseado na Coruña o 13 de agosto de 1936. A causa a súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.

Natural de Culleredo. Labrego, veciño de Almeiras, Culleredo.

Militante do Sindicato Campesino de Almeiras da CNT, foi acusado do intento de queima da igrexa de Almeiras.

Desaparecido, semella que foi paseado.

Máis información en:

Pererira Martínez, Carlos. A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 422.

Naceu na Coruña. Tipógrafo de 44 anos. Veciño da Coruña.

Empregado do periódico El Ideal Gallego, traballara anteriormente en El Orzán e El Correo Gallego. Activo militante da Asociacion Tipográfica e por algún tempo tamén da Unión de Obreros Municipales integrada na UGT. Un dos máis destacados militantes do socialismo coruñés na IIª República, foi secretario da Agrupación Socialista da Coruña en 1931. Foi tamén presidente do Centro Cultural Herculino en marzo de 1934.

Foi paseado na Coruña o 16 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Natural de Culleredo. Albanel de 22 anos. Veciño de Culleredo. Afiliado á CNT.

Xulgado na Coruña a finais de setembro de 1936 por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 1 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Fernández, Eliseo e Pereira, Dionísio. A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 421.

 

Natural de O Barco de Valdeorras. Cesteiro de 14 anos.

Asasinado canda varios familiares seus. Algunhas fontes atribúen estes asasinatos a unha cuestión racial, pois eran dunha familia xitana.

Foi paseado. O seu cadáver apareceu en Montrove-Liáns (Oleiros) o 30 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia menínxea. Enterrado no cemiterio de Liáns (Oleiros).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.
Fernández, Carlos. Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Sada: Ediciós do Castro, 2000.

 

Naceu na Coruña. Xornaleiro de 18 anos. Veciño da Agrela (A Coruña)

Foi paseado. Rexistrado na Coruña como desaparecido do seu domicilio o 12 de outubro de 1936. A súa morte está inscrita en 1939.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu no barrio da Silva (A Coruña) en 1919. Carpinteiro. Veciño da Coruña.

Militante do Sindicato de Carpinteros da CNT. Integrante do Centro de Estudios Sociales Resplandor en el abismo constituído naquela barriada. Despois do golpe militar escondeu baixo terra libros e documentación do Resplandor. Implicado na fuxida do Portiño, foi detido, condenado a morte. Afiliado ás JJLL.

Xulgado na Coruña e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 195-196.
Fernández, Eliseo e Pereira, Dionísio. A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Natural de Cambre. Maquinista naval de 42 anos. Veciño da Coruña.

Residía no barrio da Gaiteira. Fogueiro marítimo retornado da emigración americana, foi un dos fundadores da Unión Campesina e da Federación Comarcal Campesina de Nós, integradas ambas na CNT.

Foi paseado. O seu cadáver apareceu na Ponte da Castellana (Aranga) o 19 de novembro de 1936, aínda que xa levaba morto algún tempo (desde o 4 de novembro) e foi identificado en datas posteriores. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparo de arma de fogo. Posibelmente estea enterrado na fosa do cemiterio de Vilarraso, Aranga.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 148.
A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 422.

Natural de Betanzos. Labrego de 53 anos. Veciño de Betanzos.

Fundador de sociedades obreiras e agrarias socialistas na bisbarra de Betanzos. Concelleiro na primeira corporación municipal do período republicano. Directivo da Agrupación Socialista da localidade nos anos da IIª República. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de 1936. Foi paseado canda outros militantes socialistas e comunistas da vila na casiña de peóns camiñeiros de San Paio.

Apareceu morto en Ponte San Paio, estrada de Betanzos-Ferrol, quilómetro 2 (Betanzos) o 28 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna intro-menínxea e mitral. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 152.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 291.

Naceu na Coruña. Barbeiro, de 24 anos. Veciño da Coruña.

Detido en 1935 por troquelar moedas con lemas da CNT, FAI e FIJL. Afiliado á CNT.

Foi paseado. O seu cadáver apareceu o cadáver en Veira-Herves (Carral) o 10 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153.

Natural de Corcubión. Empregado da Fábrica de Carburos Metálicos de Brens-Cee. Veciño de Cee de 37 anos.

Militante sindical socialista. Afiliado á UGT.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1112/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Lamela, Luis. Crónica de una represión en la “Costa da Morte” : Cee, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas. Sada: Ediciós do Castro, 1995.

Natural de Badajoz. Empregado municipal de 34 anos. Veciño da Coruña.

Varredor nos anos da IIª República. En febreiro de 1930 foi vicesecretario da Unión de Obreros Municipales da Coruña, pertencente á UGT.

Foi paseado en Rega-Suevos (Arteixo) o 26 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Suevos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.
El Orzán. A Coruña, 05-07-1930.

Naceu na Coruña o 27 de outubro de 1915. Metalúrxico. Veciño da Coruña.

Membro do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña, CNT. Implicado no intento de sublevación nos cuarteis da Coruña no outono de 1936, malia que non era militar.

Xulgado na Coruña por traizón e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 23 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1193/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 421.

Natural de Ribeira. Mariñeiro, de 63 anos. Veciño de Corrubedo, Ribeira.

Morto nos enfrontamentos armados producidos polo golpe militar de xullo de 1936 na Coruña. Practícaselle autopsia o 22 de xullo de 1936. A causa da morte segundo o rexistro civil foi: hemorraxia en hemitórax. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Natural de Toques. Tranviario de 30 anos. Veciño da Coruña.

Socio de Germinal. Directivo do Sindicato de Tranviarios da CNT da Coruña, no que ocupou diversos cargos desde maio de 1931. Foi detido por agachar ao deputado socialista por Madrid Luis Rufilanchas e participar na tentativa de fuxida da motora Sisargas, acontecida en febreiro de 1937.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) o 11 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 291/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Veciño de Cambre

Foi paseado. A Garda Civil informou o 19 de setembro de 1936 da aparición do seu cadáver en Abegondo.

Máis información en:

Causa 632/1936. A Coruña.

Naceu na Coruña. Pintor de 28 anos. Veciño da Coruña.

Veciño do barrio de Labañou e directivo do Sindicato de Pintores da CNT coruñesa. Implicado na tentativa de fuga no pesqueiro Explorador en agosto de 1937.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña, ás 6 horas do 7 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1091/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144).
Souto Suárez, Fernando. A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 623-630.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 42.

Veciño da Coruña, do barrio de Labañou.

Militante das JJLL, en decembro de 1933 estivo implicado no intento revolucionario promovido pola CNT en San Pedro de Nós (Oleiros), en que resultou ferido. Despois do golpe militar foi executado pola súa participación na tentativa de levantar os cuarteis coruñeses no outono de 1936.

Executado no Campo da Rata (A Coruña) o 23 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Souto Suárez, Fernando. A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 623-630.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 251 e 262.

Natural de Oleiros. Carpinteiro, de 40 anos. Veciño de Pravio (Cambre).

Participou na resistencia ao golpe militar na zona. Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado, foi executado o Campo da Rata (A Coruña), ás 7 horas do 26 de xaneiro de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Velasco, Carlos F. A represión franquista en Oleiros (1936-1950), Iñás-Oleiros: Trifolium, 2008.

Naceu en Irixoa. Labrego de 29 anos. Veciño de Churío (Irixoa).

Militante do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios (CNT) de Irixoa. Foi detido en xaneiro de 1934 pola súa participación no intento insurreccional libertario de decembro de 1933. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular durante as eleccións de febreiro de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936, xunto co seu pai e dous irmáns. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1135/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 78 e 247.

Naceu en Irixoa. Labrego de 27 anos. Veciño de Churío (Irixoa).

Vicepresidente do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios de Irixoa (CNT). Foi detido en xaneiro de 1934 pola súa participación no intento insurreccional libertario de decembro de 1933. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular durante as eleccións de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936, xunto co seu pai e dous irmáns. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1135/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 74, 78 e 247.

Naceu en Irixoa. Labrego, de 19 anos. Veciño de Churío (Irixoa)

Militante do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios (CNT) de Irixoa.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936, xunto co seu pai e dous irmáns. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1135/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 78 e 247.

Naceu en Irixoa. Labrego de 59 anos. Veciño de Churío (Irixoa).

Militante do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios (CNT) de Irixoa. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936, xunto cos seus fillos Obdulio, Máximo e Ricardo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1135/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 78 e 247.

Panadeiro de 21 anos, Veciño da Coruña no barrio de Monelos.

Era militante da UGT. Despois do golpe militar estaba agachado perto do Castro de Elviña, onde foi descuberto polas forzas de orde pública.

Morre nun “enfrentamiento” coa Garda Civil, no transcurso da operación de castigo e limpeza desenvolta no Monte Galán, Elviña (A Coruña) o 28 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Naceu en Friol en 1901. Camareiro. Veciño da Coruña.

Militante do Sindicato de Camareros (CNT) da Coruña, do que foi presidente en 1936. Tras o golpe militar recollía cotizacións para soster a fuxidos e acolleu na súa vivenda ao anarquista Jaime Baella Pérez. Detido na redada contra as redes clandestinas libertarias de xullo de 1937. Afiliado á FAI.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña), ás 6 horas do 9 de setembro de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 39 e 250.

Natural de Carral. Veciño da Coruña de 24 anos.

Foi paseado en Soñeiro (Sada) o 31 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Soñeiro.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 157.

Naceu na Coruña en xullo de 1905.

Detido, foi deportado aos campos de concentración de Wiebelsheim, Mautahusen e Gusen. Está rexistrada a súa morte no campo de exterminio de Gusen, en 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.

Natural e veciño de Betanzos, de 36 anos.

Avogado betanceiro de militancia socialista, con algún achegamento ao nacionalismo a través das Irmandades da Fala, coas que colaborou en 1922. Activo na defensa de persoas xulgadas pola frustrada Revolución de Outubro de 1934. Foi alcalde de Betanzos e deputado provincial en 1936. Cando o golpe militar estaba en Madrid, participando na presentación do Estatuto de Galicia nas Cortes, e tivo de volver coas hostilidades xa iniciadas. Ao pouco de chegar foi detido.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) o 1 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 177/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 292
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 79, 156-157.

Veciño da Coruña, de 20 anos.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 5 horas do 10 de maio de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.

Natural de Porto do Son. Empregado, de 29 anos. Veciño de Cee.

Traballaba na Fábrica de Carburos Metálicos de Brens-Cee. Afiliado á UGT. Exerceu como apoderado da Fronte Popular nas eleccións da Fronte Popular.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1112/36.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.

Veciño da Coruña.

A súa morte está rexistrada na Coruña en confrontación armada vencellada á escenificación do golpe militar. Practicaselle autopsia o 22 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Natural de Xaén. Electricista, de 33 anos. Veciño da Coruña.

Secretario do Sindicato Minero de Lousame, CNT. Tomou parte na marcha dos mineiros cara a Santiago e A Coruña.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 5 horas do 16 de xuño de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Agrafoxo, Xerardo. 1938/1939: A Guerra Civil en Lousame e Noia: O triple crime de Marselle: A traxedia do Baleares. Noia: Concello de Lousame, 1999.

Pintor, veciño da Coruña.

Cadro da Sección de Pintores do Sindicato Único del Ramo de la Construcción, CNT. Implicado na tentativa de levantamento do Cuartel de Infantaría da Coruña o 20 de outubro de 1936.

Executado de xeito sumario no Campo da Rata (A Coruña) o 23 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 249 e 262.

Naceu en Bergondo.

Desertor da Armada mediada a década dos 40, incorporouse á guerrilla no Destacamento Eive-Carbón (da IV Agrupación), do que chegou a ser xefe.

Morreu na Coruña nun enfrontamento da guerrilla coa policía armada o 31 de outubro de 1947.

Máis información en:

Redondo Abal, Francisco Xavier. Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro, 2006.

Natural de Ribadeo. Barbeiro de 39 anos. Veciño de Ribadeo.

Xulgado por adhesión á rebelión e condenado a cadea perpetua. Morreu na Prisión Provincial da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural de Riotorto. Veciño da Coruña de 48 anos.

Morto nos enfrontamentos acontecidos nos días do golpe militar. Practicaselle autopsia o 22 de xullo de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: ferida con destrución do corazón. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Veciño da Coruña, de 17 anos.

Militante das Juventudes Socialistas Unificadas, membro dunha família posuidora do estabelecemento de viños A Ribeireña

Foi paseado en Brexo (Cambre) o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock traumático. Enterrado no cemiterio de Brexo.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. “Mortalidade pola represión na Guerra Civil en Ames, Arzúa, Bergondo, Cambre, Irixoa, Teo e Valdoviño” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 447-455.
Patiño Regueira, Antón. Memoria de ferro. Vigo: A Nosa Terra, 2005.

Naceu en Mugardos en 1904.

Militante do PCE. Detido pola folga xeral de maio de 1933 na Coruña.

Foi paseado na Coruña o 18 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 46, 136.

Empregado. Veciño da Coruña, de 23 anos.

Foi paseado en Os Regos (Oleiros) o 16 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 155.

Natural de Samos. Militar de reemprazo, de 22 anos. Veciño da Coruña.

No momento do golpe estaba a facer o servizo militar no Parque de Artillaría nº 8 da Coruña.

Foi paseado. A súa morte rexístrase na Coruña ao ser pasado polas armas o 18 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Natural de Betanzos. Toneleiro de 27 anos. Veciño de Betanzos.

Desaparecido. Semella que foi paseado na Reborica (Aranga) o 13 de agosto de 1936.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29.

Natural de Betanzos. Empregado municipal, de 32 anos. Veciño de Betanzos.

Inspector de Arbitrios Municipais. Afiliado á CNT. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado na estrada Ordes-Carballo, Piñeiral da Torre-Parada, quilómetro 1, (Ordes) o 23 de outubro de 1936. Inscrito como descoñecido, foi identificado en 1942. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: traumatismo cranial por proxectís de arma curta de fogo. Enterrado no cemiterio de Ordes.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29.

Naceu en Fisterra en xuño de 1910. Barbeiro. Veciño da Coruña.

Por temporadas vivira en Melide e Asturias. Militante do Sindicato de Barberos y Peluqueros (CNT), era simpatizante comunista. Foi detido pola súa implicación na fuga do Portiño.

Xulgado na Coruña e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia, nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras, na Coruña, o 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 196-197.
Fernández, Eliseo e Pereira, Dionísio. A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Natural de Vigo, de 36 anos. Veciño de Asturias.

Cabo da Garda de Asalto, destinado eventualmente en Asturias, malia que a súa familia residira en Vigo.

Xulgado en Oviedo e condenado a pena de morte, trasladárono á Coruña, onde foi fusilado o 23 de marzo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

La Voz de Galicia. A Coruña, 24-03-1937

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña. Canteiro de 32 anos. Veciño de Oleiros.

Secretario do sindicato El Avance Campesino da CNT. Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 5,30 horas do 11 de maio de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1507/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 145.
Velasco Souto, Carlos F. A represión franquista en Oleiros (1936-1950). Iñás-Oleiros: Trifolium, 2008.

Natural e veciño da Coruña. Carpinteiro, casado con Josefa Souto Gómez en abril de 1931.

Tras fuxir, foi procesado, declarado en rebeldía e multado con 30.000 ptas. Xulgado outra volta pola súa implicación na desaparición do pesqueiro Melenchu e condenado a morte.

Foi executado no cemiterio de Boisaca, Santiago de Compostela, o 11 de xaneiro de 1938.  A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Boisaca.

Máis información en:

Causa 74/1938. Ferrol. Mariña.
Lamela García, Luis, 1936, La Cruzada en Compostela, Sada: Eds. do Castro, 2005. Páx. 194.

Naceu na Coruña. Labrador de 24 anos. Veciño da Coruña.

Fusilado en Oviedo o 13 de maio de 1938. Enterrado na fosa común de Oviedo.

Máis información en:

http://www.fosacomun.com/1938-c.htm

Labrego de 20 anos. Veciño de Betanzos.

Militante do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos (CNT). Participou na resistencia ao golpe militar en Betanzos.

Desaparecido. Semella que foi paseado na Reborica (Aranga) o 13 de agosto de 1936.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29.

Veciña da Coruña.

Exerceu como apoderada da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Rexístrase a súa morte na Coruña, por confrontación armada, o 22 de xullo de 1936 a causa de hemorraxia interna, producida nos sucesos derivados da proclama do golpe militar. Enterrada no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Naceu na Coruña. Labrego de 37 anos. Veciño de Lesende (Lousame).

Militante do Sindicato de Oficios Varios de Noia, CNT. Fuxido da zona de Noia despois do golpe militar, foi dar a Asturias, onde militou na Agrupación Confederal Galaica e loitou no Batallón Víctor. Feito prisioneiro á caída de Asturias, cando tentaba fuxir por vía marítima.

Xulgado en Consello de Guerra e executado en Xixón o 19 de maio de 1938. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Ceares (Xixón).

Máis información en:

Laruelo Roa, Marcelino. La libertad es un bien muy preciado: consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacional al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas. Xixón: En la Estela de Aldebarán, 1999.
Agrafoxo, Xerardo. 1936: A Guerra Civil en Lousame e Noia: Testemuñas dunha represión. Noia: Concello de Lousame, 1995. Páx. 400.

Natural de Porto do Son. Fogueiro, de 50 anos. Veciño da Coruña.

Militante da Sección de Marineros El Despertar Marítimo e do Sindicato de Industria Pesquera da Coruña, CNT. Mariñeiro enrolado no pesqueiro “Magdalena Vinaches”, participou na súa fuga cara Francia. Decidiu non ficar alá e retornou a Galiza onde foi encarcerado.

Morreu o 11 de novembro de 1938 na Prisión Provincial da Coruña a causa de insuficiencia mitral.

Máis información en:

Causa 2919/38. Ferrol. Mariña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 145.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 81 e 250.

Natural de Arteixo. Xornaleir, de 27 anos. Veciño de Morás (Arteixo).

Foi paseado na Choupana-Pastoriza (Arteixo) o 17 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: destrución do cerebro. Enterrado no cemiterio de Pastoriza (Arteixo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.

Xornaleiro de 22 anos. Veciño de Arteixo.

Foi paseado en Pedras (Arteixo) o 21 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: destrución do cerebro.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural de Lleida, de 52 anos.

Morto de enfermidade cando estaba preso no campo de concentración da Magdalena, Betanzos, o 18 de maio de 1939. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: nefrite. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña en 1905. Mecánico de 32 anos. Veciño da Coruña.

Socio de Germinal e afiliado ao Sindicato de Metalúrgicos, CNT. Foi detido despois do golpe militar pola súa implicación nas redes clandestinas libertarias.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Natural e veciño da Coruña. Avogado e funcionario municipal, de 58 anos.

Dirixente de Unión Republicana e socio do Casino Republicano. Vogal da Liga Española de Derechos del Hombre. Masón, membro das loxas Gallaecia nº 408 e Pensamiento y acción nº 11. Secretario do Concello da Coruña e profesor da Escuela de Comercio. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Detido o 22 de xullo de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 31 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Veciño de Cambre

Foi paseado. Infórmase nunha Causa militar da aparición do seu cadáver en Abegondo o 19 de setembro de 1936.

Máis información en:

Causa 632/1936. A Coruña.

Labrego, veciño de Oleiros.

Fundador de La Unión Campesina de Nós (Oleiros) e da Federación Comarcal Campesina, integradas na CNT.

Paseado en Mazaído-Comeanda (A Coruña) o 20 de agosto de 1936. A súa morte foi rexistrada no Hospital Municipal da Coruña. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 422.

Natural da Coruña, de 31 anos.

Preso en Wiebelsheim e deportado a Mauthausen en maio do 1941. Trasládano a Gusen en setembro do 41. Morreu no campo de exterminio de Hartheim o 7 de setembro de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.

Naceu na Coruña. Ferreiro de 25 anos. Veciño de Vilaboa (Culleredo).

Foi paseado na Coruña o 29 de xullo de 1936. A súa morte rexístrase a causa de disparo de arma de fogo. O seu cadáver apareceu no Hospital Municipal da Coruña. Enterrado no cemiterio da Culleredo.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 471.

Naural da Coruña, de 40 anos.

Preso en Bathorn. Deportado a Mauthausen en maio do 1941, trasládano ao campo de exterminio de Gusen en outubro, onde morre o 23 de novembro de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.

Naceu na Coruña. Carpinteiro. Solteiro,  veciño da Coruña.

Afiliado á CNT. Miliciano no Batallón Galicia en Asturias. Integraba un grupo de membros do Batallón que retornaba a Galiza cando foron sorprendidos por forzas de Falange no Porto do Acebo (Fonsagrada). Resultou ferido e cinco días despois foi executado na Fonsagrada, sen formación de causa, o 4 de novembro de 1937. Enterrado no cemiterio da Fonsagrada.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

Natural de Valcarría (Viveiro). Mineiro, de 28 anos. Veciño de Viveiro.

Do Sindicato Minero de Silvarosa, CNT. Estaba na Coruña nos días do golpe militar e resultou ferido de dous disparos nos enfrontamentos do día 21 de xullo. Dado de alta a finais do mes de xullo, foise para a Vieiro (Viveiro), mais foi detido en setembro do mesmo ano.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 21 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 581/36. A Coruña.
Causa 930/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 410.

Naceu na Coruña o 8 de outubro de 1914. Serrador. Veciño da Coruña.

Directivo do Sindicato de Cajonistas y Aserradores da CNT e afiliado ao PCE. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Foi paseado en Bastiagueiro-Liáns (Oleiros) o 24 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Perillo (Oleiros).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Natural de León. Empregado municipal de 34 anos. Veciño da Coruña.

Varredor municipal, casado con Asunción Martínez. Secretario da Unión de Obreros Municipales (UGT) en xaneiro de 1931.

Foi paseado na Coruña o 14 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
El Orzán. A Coruña, 24-01-1931.

Naceu na Coruña. Militar de reemprazo de 29 anos. Veciño da Coruña.

Gornicioneiro. Combate na Armada republicana. Prisioneiro de guerra, foi ingresado nun campo de concentración. Xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado ás 8,15 horas do 21 de decembro de 1940 na Punta del Martillo do Arsenal de Ferrol.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Abegondo. De 28 anos, casado e con dous fillos.

Foi paseado. A súa morte rexístrase o 24 de setembro de 1936 en Sigrás (Cambre) a causa de shock traumático. Inscrito inicialmente coma descoñecido e identificado o 30 de setembro de 1944. Enterrado no cemiterio de Sigrás.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. “Mortalidade pola represión na Guerra Civil en Ames, Arzúa, Bergondo, Cambre, Irixoa, Teo e Valdoviño” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 447-455.

Naceu en Ribadeo o 29 de abril de 1880. Funcionario. Veciño da Coruña.

Oficinista do Ministerio de Mariña retirado. Foi o promotor das vivendas unifamiliares do Campo de Marte no barrio coruñés de Monte Alto, a través da Cooperativa de Casas Baratas. Presidente da Agrupación Socialista da Coruña (PSOE). Activo militante da vida cultural coruñesa, foi socio de Germinal, directivo da Reunión de Artesanos (1919), presidente do Centro Cultural Herculino (1931) e presidente da Antorcha Galaica del Librepensamiento en 1934. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Detido no goberno civil da Coruña o 20 de xullo de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 31 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1051/36. A Coruña.
Causa 207/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Natural de Betanzos. Labrego de 28 anos. Veciño de Betanzos.

Afiliado á FAI. En xullo de 1936 botouse ao monte polos seus antecedentes, xa que fora directivo do Sindicato de Profesiones Varias (CNT) de Betanzos en 1933 e resultara procesado polas súas actividades. Foi capturado en Loureda-Cesuras no outono de 1937.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (a Coruña) ás 7 horas do 26 de xaneiro de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.

Natural e veciño do barrio coruñés de Monelos. Estudante de perto de 20 anos.

Desapareceu meses despois do asasinato do seu irmán Patricio Massa Moreno.

Máis información en:

Testemuña da súa familia.

Naceu na Coruña. Militar de 25 anos.

Cabo de Intendencia. Fo executado na Coruña o 30 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.

Natural e veciño de Carballo. Xastre de 24 anos.

Fuxido, estaba agachado con varios compañeiros perto do Castro de Elviña na Coruña, onde foi descuberto. Deixou viúva e dous fillos xemelgos.

Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Elviña (A Coruña) o 28 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 669/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Natural e veciño de Coruña, de 32 anos.

Empregado do Banco Pastor, foi presidente do Sindicato de Banca, da Federación Local da UGT na Coruña e da Federación Regional de Trabajadores de Banca. Nos días da sublevación militar estivo no Goberno Civil da Coruña. Casado coa mestra Mercedes Romero Abella, asasinada algún tempo despois.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 31 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Naceu na Coruña. Fontaneiro de 24 anos. Veciño do barrio coruñés da Silva.

Boxeador afeccionado. Militante do Sindicato de Hojalateros e delegado do seu sindicato na Federación Local Obrera da CNT. Membro do grupo editor do periódico anarquista Brazo y Cerebro en 1935-1936 e socio de Germinal. Afiliado ás  JJLL.

Foi paseado en Bastiagueiro-Liáns (Oleiros) o 13 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Liáns.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.
Patiño Regueira, Antón. Memoria de ferro. Vigo: A Nosa Terra, 2005.

Naceu na Coruña o 18 de marzo de 1905. Mariñeiro. Veciño da Coruña.

Militante do Sindicato de Transporte (CNT), no período republicano, tivo unha intervención destacada nos conflitos portuarios dos barcos Colón e Habana. Detido en febreiro de 1937 por comprar gasolina para utilizar na tentativa de fuxida da motora Sisargas.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña), ás 5 horas do 11 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 21.
Causa 29/137. A Coruña.

Natural de Cee. Chófer de 27 anos. Veciño de Corcubión.

Afiliado a UGT e Izquierda Republicana. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Detido na Coruña pola Garda Civil ingresa na Prisión Provincial o 2 de agosto de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Causa 1112/36. A Coruña.

Naceu en Vic, Barcelona, en 1905. Ferroviario, de 32 anos. Veciño da Coruña; casado con Carmen Zufia Pérez, tiña unha filla.

Foi un dos fundadores do Sindicato de Industria Ferroviaria (CNT) da Coruña. Membro do Comite da Confederación Regional Galaica (CRG) en varias ocasións. Directivo do Centro de Estudios Sociales Germinal. Representou á FAI no Comité de Defensa da República, formado nos días do levantamento militar na Coruña. Foi detido nos primeiros días do movemento.

Foi paseado en Barranqueiras-Pastoriza (Arteixo) o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Pastoriza.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 13, 73, 250 e 265.

Natural de Madrid. Empregado de 23 anos. Veciño da Coruña.

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 16 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153.

Naceu na Coruña. Mariñeiro de 34 anos. Veciño do barrio coruñés da Falperra.

Socio de Germinal. Directivo da Sección de Empaque y Descarga de Pescado do Sindicato de Industria Pesquera (CNT) da Coruña e tamén da Sección de Peones do Sindicato Único del Ramo de la Construcción herculino. Participou na resistencia ao golpe militar no barrio de Santa Lucía e integrou o grupo que asaltou o transatlántico Magallanes na procura de armas. En setembro de 1936, Syra Alonso identificouno entre os presos torturados no cuartel da Garda Civil da Coruña e, pouco despois, foi asasinado.

Paseado en Monte Santiso (Aranga) o 24 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas por disparos de arma de fogo. Enterrado na fosa común do cemiterio de Vilarraso (Aranga).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 146.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 174.
Grandío Seoane, Emilio; Fernández Fernández, Eliseo. A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga). A Coruña: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica d’A Coruña, 2011. Páxs. 30, 31.

Naceu en Barruelo (Santander) en 1901. Mecánico. Veciño da Coruña.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a reclusión perpetua en agosto de 1936. Pasou a cumprir condena no Penal de San Cristóbal, en Pamplona. Foi un dos organizadores da fuxida masiva desta prisión en maio de 1938; unha vez capturado, foi xulgado e executado en Vuelta del Castillo (Pamplona) o 8 de setembro de 1938. Afiliado ao PCE.

Máis información en:

Sierra Hoyos, Félix. La fuga de San Cristóbal: 1938. Pamplona: Pamiela, 1990

Peón, de 25 anos. Veciño da Coruña.

Retornado de Cuba. Afiliado á Sección de Peones do Sindicato Único del Ramo de la Construcción (CNT) da Coruña. Despois do golpe militar estivo agachado nas vivendas de Basilisa Álvarez “A Corales” e María Otero González, no barrio coruñés das Atochas, até a caída de xullo de 1937, en que resultou morto.

Asasinado pola Garda Civil, ás 2 horas do 10 de xullo de 1937, no nº 55 da rúa Atocha Alta. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Causa 992/37. A Coruña.

Naceu en Betanzos. Labrego de 70 anos. Veciño de Betanzos, casado e cunha filla.

Veterano dirixente agrarista e socialista de Betanzos e a súa contorna. Inicióuse como fundador da Asociación de Obreros Agricultores de Betanzos no ano 1900. Elixido concelleiro en Betanzos á altura de 1909, foi destituído tras os Sucesos da “Semana Trágica”, retornando ao concello no período republicano. Fundador de sindicatos integrados na UGT, da Cooperativa Socialista e da Federación Agraria de Betanzos. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Foi detido despois do golpe militar.

Paseado en Ponte San Paio, estrada de Betanzos-Ferrol, quilómetro 2 (Betanzos) o 28 de outubro de 1936. Causa de morte, segundo o rexistro civil: hemorraxia interna intratorácica. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 152.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páxs. 299-300.

Natural de Corcubión, de 36 anos. Veciño de Corcubión

Avogado, propietario de empresas bancarias e eléctricas na Coruña e na Costa da Morte. Elixido deputado polo Partido Republicano Radical nas eleccións de 1933. Foi novamente deputado a Cortes por Unión Republicana nas eleccións de febreiro de 1936, nas que tamén exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular. Despois do golpe militar de 1936, foi encarcerado.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 2 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Lamela, Luis. Crónica de una represión en la “Costa da Morte” : Cée, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas. Sada: Ediciós do Castro, 1995. Páx. 326.

Natural de Barcelona. Veciño da Coruña, de 44 anos.

Xulgado na Coruña por traizón e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 5 horas do 7 de agosto de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 1254/1937. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 145.

Naceu en Vilaboa (Culleredo) en 1905. Auxilar nunha farmacia da rúa San Andrés. Veciño de Carral, casado con Josefina Trapote Paz, mestra de Corcubión.

Socio do Casino Republicano. Tesoureiro da Asociación Provincial de Auxiliares de Farmacia da Coruña. Representante do Socorro Rojo Internacional nun acto celebrado en abril de 1934.

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 16 de agosto de 1936.

Máis información en:

Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 472.

Veciño da Coruña.

Morto na Coruña como consecuencia de confrontación armada despois do golpe militar. Practícaselle a autopsia o 22 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: perda de substancia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Natural e veciño da Coruña. Chófer de 20 anos.

Militante das JJLL e do Sindicato da Industria Pesquera (CNT), na Sección de Camionetas de Pescado a Madrid. Actuou na clandestinidade despois do golpe militar, na organización de fuxidas por mar cara á zona republicana. A comezos de 1938 foi detido co seu pai, Manuel Montes Don, no domicilio familiar da rúa Tánger, desaparecendo ambos os dous. Aínda que se descoñece o lugar exacto onde foron asasinados, semella que foi nunha “cheka” falanxista da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 44, 53, 75, 78, 221, 250.
Galicia Libre. Madrid, 18-04-1938.

Naceu en Cuba. Limpabotas de 25 anos. Veciño da Coruña.

Foi paseado na estrada Baamonde-Vilalba quilómetro 15, Pacios (Begonte) o 28 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock cerebral. Enterrado no cemiterio de San Martiño de Pacios.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural e veciño da Coruña. Fogueiro de 41 anos.

Organizador do asociacionismo mariñeiro coruñés, vencellado dende moi novo ao anarcosindicalismo. Por temporadas estivo en Vigo impulsando o sindicalismo pesqueiro naquel porto, aínda que desempeñou o cargo de presidente do sindicato coruñés El Despertar Marítimo (CNT) en 1917, 1920 e 1931. Entre outubro de 1931 e finais de 1933, encabezou a Federación Nacional de Industria Pesquera da CNT, radicada na Coruña. A partir de 1934, exerceu como liberado do Sindicato de Transportes coruñés. Agachado xunto co seu fillo Carlos Montes Babío no domicilio familiar da Rúa Tánger ao comezo da Guerra Civil, desenvolveu actividades clandestinas para organizar fugas por vía marítima. No albor de 1938, foi detido na súa casa xunto co seu fillo Carlos e os dous desapareceron. Aínda que non se coñece con certeza o lugar onde foron asasinados, semella que foi nunha “cheka” falanxista da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 10, 23, 25, 41-44, 53, 73, 75, 78, 148, 221, 250, 254, 264).
Galicia Libre. Madrid, 18-04-1938.

Capitán da Garda de Asalto de 46 anos.

Executado na Coruña, cumprindo sentenza, ás 7 horas do 27 de xaneiro de 1938. Aínda despois de morto, abríuselle unha causa xudicial por suposta pertenza á masonaría. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.

Cesteiro, de 40 anos. Irmán doutro do mesmo nome, Antonio Montoya Camacho, de 16 anos. Era de raza xitana.

Foi paseado nunha curva da estrada Perillo-Oleiros, quilómetro 2, o día 1 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio de Liáns (Oleiros).

Máis información en:

Fernández, Carlos. Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Sada: Ediciós do Castro, 2000. Páx. 97.

Naceu en Asturias. Cesteiro, de 16 anos. Veciño de Oleiros.

Asasinado canda varios familiares seus, segundo algunhas fontes por unha cuestión racial, pois eran xitanos.

Foi paseado en Montrove-Liáns (Oleiros) o 30 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: dislocación do tecido cerebral e hemorraxia menínxea. Enterrado no cemiterio de Liáns.

Máis información en:

Fernández, Carlos. Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Sada: Ediciós do Castro, 2000. Páx. 97.

Naceu en Sada. Mariñeiro, de 32 anos.

Retornado dos EEUU a comezos dos anos 30. Foi fundador e máis tarde presidente do Sindicato de Oficios Varios de Sada, CNT. Organizador nesta localidade dos grupos Luz e Nueva Vida, integrados na FAI. Moi activo nos días do golpe militar, participando no mitin da Federación Local Obrera do 18 de xullo de 1936 na praza de touros da Coruña e tamén na resistencia en Sada.

Agochado dous anos en Miño e nos illós de Cabrón e Carboeira, fronte a Perbes e Pontedeume. O seu cadáver apareceu na estrada Fontán-Sada, na finca de Soneiro (Sada) o 19 de xuño de 1938. Inicialmente foi rexistrado como descoñecido. Pode que se suicidase véndose acosado. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna cerebral por disparo de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Sada.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa terra, 2006. Páxs. 13, 73, 253, 254.

Naceu en Sigrás (Cambre). Xornaleiro de 22 anos. Veciño de Altamira (Cambre).

Integrou un grupo de defensores da orde republicana en Sueiro.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 25 de xaneiro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 333/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 476.

Natural e veciño de Betanzos. Aprendiz de xastre de 20 anos.

Agochado na parroquia de San Xulián de Vigo (Paderne). Afiliado ás JSU.

Foi paseado na Espantosa (Betanzos) o 9 de setembro de 1936, sen rexistro ningún.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páxs. 300, 301.

Naceu na Coruña. Panadeiro de 33 anos. Veciño do barrio de Vioño.

Retornado da emigración en Nova York no ano 1931. Membro destacado do Sindicato de Panaderos, secretario da Federación Local Obrera da CNT da Coruña en 1936, director do xornal Solidaridad Obrera en 1933 e membro en distintas ocasións do Comité da Confederación Regional Galaica da CNT. Foi un dos organizadores da resistencia ao levantamento militar de 1936. Estivo agochado na Coruña até comezos de 1937, cando formou parte dun grupo de militantes anarcosindicalistas que fuxiron a Xixón nunha motora. En Asturias integrouse no Batallón 219 Galicia, do que foi o seu derradeiro comandante, e combateu até a caída do Principado.

En outubro de 1937 retornaba a Galiza á fronte dun grupo de antigos integrantes do Batallón Galicia, que foron sorprendidos no Alto do Acebo (Fonsagrada) e asasinados polas milícias falanxistas o 4 de novembro de 1937. Enterrado na fosa do Acebo até hai un ano. Na actualidade os seus restos trasladáronse ao cemiterio da Fonsagrada, xunto cos dos seus camaradas.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 10, 26, 28, 30, 45, 56, 73, 80, 223, 250, 254, 261, 268, 279.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio: golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 48.

Naceu na Coruña. Peón de 26 anos. Veciño da Coruña.

Militante das Juventudes Socialistas Unificadas. Despois de participar na resistencia ao levantamento militar foi detido perto de Guitiriz.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia, nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras (A Coruña) o 29 de xullo de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 127/36. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.

Naceu en Queirís (Coirós). Labrego de 31 anos. Veciño de Tiobre (Betanzos).

Militante do Sindicato de Profesiones Varias da CNT de Betanzos e paqueteiro do xornal Brazo y Cerebro. Afiliado á FAI. Resistiu os militares sublevados na Ponte Nova de Betanzos.

Morreu no seu domicilio de Tiobre (Betanzos) o 27 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 301.

Naceu na Coruña. Ferreiro de 35 anos. Veciño da Coruña.

Socio de Germinal e militante do Sindicato de Metalúrgicos La Reforma da Coruña nos anos 30. Afiliado á CNT.

Foi paseado na Coruña o 19 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado na Coruña

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Naceu en Carral. Labrego de 34 anos. Veciño de Sumio (Carral).

Militante da Sociedad El Progreso de Protección Agraria de Las Parroquias de Herves, Sumio y demás adyacentes del Partido Municipal de Carral.

Foi paseado na Gándara-Nós (Oleiros) o 18 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Iñás (Oleiros).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.

Naceu en Cervo. Mariñeiro de 28 anos. Veciño da Coruña.

Afiliado ao Sindicato de Industria Pesquera (CNT) da Coruña. Asasinado en decembro de 1936 despois de manter unha discusión cuns falanxistas, perto de Coirós.

O seu corpo apareceu en Picouces (Coirós) o 2 de decembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Santa Mariña de Lesa (Coirós).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 154.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 34, 250.

Albanel de 21 anos. Veciño do barrio coruñés da Silva.

Naceu no transatlántico holandés no que os pais regresaban da emigración arxentina. Socio do Centro de Estudios Sociales El Resplandor en el Abismo radicado na Silva. Afiliado ás JJLL.

Foi paseado en Bastiagueiro-Liáns (Oleiros) o 13 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Liáns.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 157.
Patiño Regueira, Antón. Memoria de ferro. Vigo: A Nosa Terra, 2005.

Naceu en Madrid en 1896. Camareiro. Veciño da Coruña.

Dende 1927 ocupou cargos directivos no Sindicato de Camareros Terrestres y Similares La Herculina da CNT. Foi presidente do Sindicato en 1932, 1933 e 1934, e participou no Pleno da CNT celebrado no Ferrol en agosto de 1932, representando ao seu colectivo. Era camareiro do café Mendez Nuñez da Coruña, no intre de ser asasinado.

Foi paseado na estrada Santiago-A Coruña, en Leira (Ordes), o 19 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: traumatismo cerebral por proxectil de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Leira.

Máis información en:

Archivo Histórico Nacional. Madrid. Fondo Ministerio del Interior. Expedientes Policiales. AH-13502.
Arquivo do Reino de Galicia. Fondo Goberno Civil. G-2658.
Pazos Gómez, Manuel. A guerra silenciada: mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952). Ordes: Obradoiro de Historia, 2011. Páx. 33.

Naceu en Limodre (Fene). Veciño de Bergondo, de 29 anos.

Foi paseado en Fiobre-Moruxo (Bergondo) o 28 de outubro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Moruxo.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. “Mortalidade pola represión na Guerra Civil en Ames, Arzúa, Bergondo, Cambre, Irixoa, Teo e Valdoviño” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 447-455.

Naceu en Carballo. Xornaleiro de 27 anos. Veciño de Verdillo (Carballo).

Foi paseado en Oseiro-Senra (Arteixo) o 27 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Oseiro.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.

Naceu na Coruña en 1897. Tranviario. Veciño da Coruña.

Foi presidente do Sindicato de Tranviarios, no que ocupou diversos cargos desde 1930 e en todo o período republicano. Integrante en nome do seu sindicato do Comité da Federación Local Obrera. Nos momentos do golpe militar, participou representando á CNT no Comité de Defensa da República que se formou no Goberno Civil da Coruña.

Detido e inculpado en Causa militar na Coruña co resultado de sobresemento provisorio e posta a disposición do Delegado de Orde Pública. Desaparecido, semella que foi paseado na Coruña.

Máis información en:

Causa 332/36.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Naceu en Culleredo. Veciño de Culleredo de 25 anos

Chófer e propietario dunha pequena empresa de autobuses. Estivo preso varias veces.

Foi paseado. Morreu en San Xulián de Roca (Guitiriz), a consecuencia dunha malleira, o 13 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock cerebral. Enterrado no cemeterio de San Xulián de Roca.

Máis información en:

Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 473.

Naceu na Coruña. Mestre de 50 anos. Veciño do Saviñao.

Paseado en Mosteirovello-Castro de Rei de Lemos (Paradela) o 15 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio de Castro de Rei de Lemos.

Máis información en:

Causa 1267/36. Lugo.

Tranviario, de 37 anos. Veciño da Coruña.

Integrante destacado do Sindicato de Tranviarios da UGT coruñesa. Afiliado ao PSOE.

Desaparecido. Foi detido e semella que paseado pola Garda Civil en Coirós o 1 de setembro de 1936. Foi enterrado nunha fosa común, sen atoparse o seu corpo. Semella que pode estar nalgunha das fosas de Aranga.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Betanzos. Militar de 33 anos. Veciño de Ferrol.

Auxiliar naval da Armada. Participou na resistencia contra os mariños sublevados nas Brigadas de Instrucción de Ferrol.

Xulgado e condenado a morte. Executado na Punta del Martillo do Arsenal de Ferrol o 27 de xaneiro de 1937. Enterrado no cemiterio de Canido (Ferrol).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 271.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 301, 302.
La Voz de Galicia. A Coruña, 28-01-1938.

Natural de Asturias. Fotógrafo, de 49 anos. Veciño da rúa do Orzán na Coruña.

Na década dos 10 foi membro da sección ciclista da Garda Municipal da Coruña.

Foi paseado na Coruña o 17 de decembro de 1937. A causa da súa morte, segundo o Rexistro civil foi: feridas de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Betanzos. Veciño de Betanzos, de 31 anos.

Vogal do Sindicato de Profesiones Varias da CNT de Betanzos en marzo de 1934.

Preso en Estrasburgo. Deportado a Mauthausen en decembro de 1940 é trasladado ao campo de exterminio de Gusen en marzo de 1941, onde morre o 12 de agosto de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 397.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 182, 247.

Naceu en Betanzos en 1904. Mariñeiro. Veciño de Betanzos.

Afiliado ao Sindicato de Profesiones Varias da CNT. Participou na defensa da Ponte Nova de Betanzos contra os golpistas.

Xulgado e declarado en rebeldía. Semella que foi paseado en Ponte San Paio, estrada Betanzos-Ferrol, quilómetro 2 (Betanzos) o 19 de setembro de 1936.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páxs. 302, 303.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 418.
Causa 508/37. A Coruña.

Natural e veciño de Betanzos. Albanel e labrego, de 27 anos.

Do Sindicato de Profesiones Varias da CNT de Betanzos.

Paseado en Ponte San Paio, estrada de Betanzos-Ferrol, quilómetro 2 (Betanzos) o 28 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: hemorraxia intracraneana. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 303, 304.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 152.

Veciño da Coruña, de 50 anos.

Chocolateiro na praza de Santa Catalina. Dirixente da Agrupación Socialista local do PSOE. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Foi paseado. Morreu  ás 2 horas do 22 de marzo de 1937 nas inmediacións do cemiterio de Santo Amaro (A Coruña). Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.

Naceu en 1907. Veciño de Rutis (Culleredo).

Afiliado ao PCE. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Evadido nunha lancha dende Fonteculler-Rutis-Culleredo. Os fugados foron axudados en alta mar por un remolcador francés que os conduciu á costa daquel país; logo, pasou á Península integrándose no maquis.

Detido e encadeado en Burgos, morreu na prisión desa cidade.

Máis información en:

Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 481.

Naceu na Coruña o 2 de febreiro de 1913. Veciño da Coruña.

Foi detido por participar na tentativa de fuga da motora Sisargas xunto ao seu irmán Conrado. Afiliado ao PCE.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) ás 5 horas do 11 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Causa 291/37.

Soldado do Rexemento de Artillaría, acusado de participar nun intento de rebelión no Cuartel de Infantaría.

Pasado polas armas, en cumprimento do artigo 4º do Bando declaratorio do Estado de Guerra, no Campo da Rata (A Coruña) o 23 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.

Militar de “reemprazo”.

Acusado de participar nunha tentativa de sublevación no Cuartel de Infantaría en outubro de 1936. Afiliado ás JJLL.

Foi executado no Campo da Rata (A Coruña) o 23 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Natural e veciño de Sada. Albanel de 23 anos.

Foi un dos fundadores e dirixentes do Sindicato de Oficios Varios de Sada, CNT. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Foi paseado. Apareceu morto o 1 de setembro de 1936 nunha gabia en Crendes (Abegondo), segundo testemuños da súa familia e dun veciño nunha causa militar aberta contra el.

Máis información en:

Causa 413/1937. Mariña. Ferrol.

Naceu en Mugardos. Carpinteiro, de 19 anos. Veciño de Ferrol.

Xulgado en Ferrol por deserción, mais suspéndense as actuacións contra el porque estaba preso na cadea da Coruña e morreu no Hospital Municipal da Coruña por gangrena pulmonar o 21 de setembro de 1937.

Máis información en:

Causa 1242/38. Mariña. Ferrol.

Natural de Almería. Radiotelegrafista.

Destacado na Galiza polo PCE, formou parte do Comité Provincial dese Partido en Lugo en 1944. Librou dunha caída e estivo varios meses agachado en Láncara. Detido a comezos do ano 1946, foi xulgado en xuño e condenado a morte.

Foi executado a garrote vil na Prisión Provincial da Coruña o 21 de setembro de 1946.

Máis información en:

Máiz, Bernardo. Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais, 1988. Páx. 178.

Naceu en Vilaboa (Culleredo) o 21 de abril de 1905. Cociñeiro. Veciño de Oleiros.

Deportado de Cuba. Formou parte da cenetista Federacion Comarcal Campesina de Nós (Oleiros), ocupando postos de responsabilidade. Fuxido a Asturias nunha motora en xaneiro de 1937, combateu no Batallón Galicia onde acadou o grao de capitán.

Integrou un grupo de membros daquel Batallón que retornaba a Galiza despois da caída de Asturias, cando foi asasinado xunto os seus compañeiros, no Alto do Acebo (Fonsagrada) o 4 de novembro de 1937. Enterrado na fosa do Acebo-A Fonsagrada. Na actualidade os seus restos foron trasladados, xunto cos dos seus camaradas, ao cemiterio da Fonsagrada.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 27, 28, 30, 73, 252.

Naceu en Betanzos. Xastre de 44 anos. Veciño de Betanzos.

Fora alcalde de Betanzos entre 1932 e 1933. En 1936 era tenente de alcalde. Afiliado a Izquierda Republicana. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Detido en Guitiriz poucos días despois do golpe de Estado, cando tentaba fuxir cara a Asturias.

Foi paseado. Apareceu morto no muro do cemiterio de Betanzos o 29 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 304, 305.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 79.

Militar de “reemprazo”. Veciño da Coruña.

Soldado do Rexemento de Artillaría, acusado dun intento de levantamento no Cuartel de Infantaría. Afiliado ás JJLL.

Pasado polas armas no Campo da Rata (A Coruña) en cumprimento do artigo 4º do Bando declaratorio do Estado de Guerra o 23 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 252, 262.

Naceu en Culleredo. Chófer de 36 anos. Veciño da Coruña.

A mediados de agosto de 1936 integraba un grupo de obreiros que saíron nun camión e dos que nunca máis houbo novas; non obstante semella que foi detido.

Segundo informes oficiais, será fusilado nas proximidades de Zamora polo exército sublevado

Máis información en:

Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 174.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.
Causa 937/36

Transportista de peixe. Veciño de Carral. Afiliado ao PCE.

Detido en Noia e conducido á cadea de Carral. Foi paseado na estrada A Coruña-Madrid,  na Costa do Sal (Coirós).

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Allariz (Ourense) en 1904. Veciña da Coruña.

Era viúva dun fusilado e acolleu varios militantes anarquistas na súa casa. Asasinada pola Garda Civil xunto con tres persoas máis na vivenda da rúa Atocha Alta nº 55, ás 2 horas do 19 de xullo de 1937. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: feridas por arma de fogo. Enterrada no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 38, 72, 252.

Naceu na Coruña. Practicante da Beneficencia Municipal, de 37 anos. Veciño da Coruña.

Vogal do Colegio Provincial de Practicantes da Coruña. Afiliado a Izquierda Republicana.

Foi paseado na curva de Canabal, na estrada Santiago-A Coruña, quilómetro 8, Rutis, Vilaboa (Culleredo) o 23 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia menínxea. Enterrado no cemiterio de Rutis (Culleredo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 154.

Naceu na Coruña. Panadeiro de 45 anos. Veciño da Coruña.

Afiliado á CNT dende 1921, foi directivo do Sindicato de Panaderos da Coruña. Socio de Germinal. Detido despois do golpe na súa propia casa, onde tiña acollido o anarquista José Torres Regueira

Paseado na canteira do Matadoiro da Coruña o 18 de xullo de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia producida por feridas de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 37, 250, 267.

Naceu en Lugo. Xornaleiro de 31 anos. Veciño da Coruña.

Militante do grupo Nervio, integrado na FAI. Estivo implicado no intento de levantamento nos cuarteis coruñeses en outubro de 1936, polo que foi asasinado.

Foi paseado na Coruña o 24 de outubro de 1936. Rexistrado na Coruña como desaparecido do seu domicilio en 1936. Inscrito como morto en 1939. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 252, 262.

Naceu na Coruña o 8 de xuño de 1916. Veciño da Coruña.

Era irmán do militante da CNT coruñesa César Palleiro Freire, fuxido cara a Asturias a comezos do mes de outubro de 1936.

Foi paseado na estrada A Coruña-Madrid, en Santa María de Lagostelle (Guitiriz), o 24 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: shock traumático. Enterrado no cemiterio de Santa María de Lagostelle.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Viveiro. Mariñeiro de 42 anos. Veciño da Coruña.

Directivo de El Despertar Marítimo (CNT) desde 1924. Na IIª República, tamén formou parte da directiva do Sindicato de Industria Pesquera. Xulgado como un dos organizadores da tentativa de fuga do boniteiro Explorador en agosto de 1937.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 6 horas do 7 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 42, 75, 250.

Naceu en Bergondo o 14 de outubro de 1918. Serrador. Veciño da Coruña.

Militante do Sindicato de Bergondo, foi acusado de patrullar pola zona nos días do levantamento militar.

Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión, por ser menor de idade no momento dos feitos. Cumpre condena no Penal de San Cristóbal (Pamplona) a partir de maio de 1937.  Morreu na cadea o 22 de maio de 1938 tras a fuga masiva acontecida nesa prisión.

Máis información en:

Alforja, Iñaki; Sierra, Félix. Fuerte de San Cristóbal, 1938: la gran fuga de las cárceles franquistas : testimonios y documentos. Pamplona : Pamiela, 2005.

Naceu na Coruña. Empregado de comercio, de 35 anos.

Foi maior de milicias na 31 Brigada Mixta do Exército Popular da República, zona Centro.

Morreu no Cementerio del Este (Madrid) o 3 de xullo de 1941. Enterrado no citado cemiterio.

Máis información en:

http://quieneseran.blogspot.com/2009/02/german-paredes-garcia-03-07-1041.html

Mariñeiro de 36 anos. Veciño da Coruña, do barrio de Visma.

Afiliado á Sección de Marineros El Despertar Marítimo do Sindicato de Industria Pesquera (CNT) da Coruña. Foi detido pola súa participación na fuxida do Portiño e condenado a trinta anos de cárcere.

Xulgado na Coruña e condenado a cadea perpetua. Morreu na Prisión Provincial da Coruña o 27 de abril de 1938 a causa de tuberculose pulmonar.

Máis información en:

Causa 362/37. A Coruña.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 204-205.

Naceu na Coruña en 1884. Fogueiro. Veciño de Vigo.

Nos anos 20 era militante do Despertar Marítimo da Coruña. Cando menos dende 1930 actúa no Sindicato de Industria Pesquera Mar y Tierra de Vigo-Bouzas (CNT), chegando a ocupar o cargo de secretario en distintos momentos.

Xulgado previamente en Vigo por tenencia ilícita de armas, en proceso incoado o 25 de xullo de 1936 co resultado de sobresemento.

Foi paseado na estrada Redondela-Pontevedra, en Soutoxusto do Viso, quilómetro 136 (Redondela) o 12 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Os Eidos (Redondela).

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 23, 58, 74, 240.

Naceu en Carral. Xornaleiro, veciño de Feáns (A Coruña). Afiliado a Izquierda Republicana.

Deserta tras ser mobilizado no Exército franquista, polo que é detido. Xulgado na Coruña por traizón á patria, foi sentenciado a pena de morte. Executado no Campo da Rata (A Coruña) o 7 de decembro de 1940.

Máis información en:

Figueroa Vilachá, Manuel. A verdade por encima de todo: Todos os datos sobre o proceso represivo do seu irmán Ramón Amadeo Figueroa Vilachá. Manuscrito.

Naceu na Coruña o 8 de xullo de 1893. Garda de Asalto.

Oficial do exército, combateu na guerra de África. Na IIª República incorporouse á Garda de Asalto. En xullo de 1936, era capitán e estaba destinado en Sevilla. Negouse a secundar a rebelión militar polo que foi detido.

Foi paseado en Sevilla o 4 de setembro de 1936.

Máis información en:

www.todoslosnombres.org

Naceu na Coruña. Veciño da Coruña, de 23 anos. Afiliado ás JSU.

Paseado en Brexo (Cambre) o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock traumático.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. “Mortalidade pola represión na Guerra Civil en Ames, Arzúa, Bergondo, Cambre, Irixoa, Teo e Valdoviño” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 447-455.

Naceu na Coruña. Mineiro de 46 anos, casado.

Fusilado en Oviedo o 29 de xullo de 1938.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

Naceu en Oleiros. Xornaleiro. Veciño da Coruña.

Cadro destacado do Sindicato Único del Ramo de la Construcción, CNT. Retornado da emigración nos EEUU en 1930, onde fixera traballo societario na costa atlántica desenvolvendo os sindicatos da Maritime Transport Workers, ligado ao sindicato Industrial Workers of the World.

Desaparecido. Dado por afogado na fuxida do Portiño, o 3 de marzo de 1937.

Máis información en:

Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 188-190.

Natural e veciño da Coruña. Carpinteiro.

Afiliado á CNT. Militante das JJ.LL. no tempo da República, vencellouse á guerrilla na posguerra. A partir de 1945 tentou organizar unha guerrilla libertaria na bisbarra da Coruña. Fracasado o intento, integrouse na IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia, coa que actuou pola contorna da Coruña. Despois pasou á IIIª Agrupación en Lugo, até a súa morte acaecida no norte desa provincia; semella que foi depurado na fase estalinista da guerrilla entre 1948 e 1949. Tense sinalado sen fundamento que morreu nun enfrontamento en Silán (Muras)

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 143, 147-150, 161, 173, 177, 178, 252, 293, 298.

Naceu na Coruña o 27 de decembro de 1925. Empregado. Veciño da Atocha Alta (A Coruña).

Paseado na estrada A Coruña-Madrid, en Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz) o 24 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock cerebral. Enterrado no cemiterio de Santa María de Lagostelle.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu no Corgo. Camareiro de 31 anos. Veciño da Coruña.

Secretario do Sindicato de Camareros Terrestres da CNT da Coruña.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 10 de maio de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.

Naceu en Ferrol. Dependente, de 21 anos. Veciño da Coruña.

Executado na Coruña o 7 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.

Naceu en Madrid o 8 de novembro de 1910. Funcionario. Veciño da Coruña.

Profesor auxiliar de Dereito Romano e oficial letrado no Congreso dos Deputados. Afiliado a Izquierda Republicana. Gobernador civil da Coruña no tempo do golpe militar. Organizou a resistencia desde o Goberno Civil. Detido, foi xulgado en Consello de Guerra sumarísimo o 24 de xullo e  condenado a morte.

Foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 25 de xullo de 1936. A súa esposa, Juana Capdevielle, tamén foi vítima mortal da represión franquista. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
Blanco, Carmen. “Vida e morte de Juana Capdevielle” in Unión Libre. Sada: Ediciós do Castro, 2006. Nº 11. Páxs. 13-16.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 26.

Naceu na Coruña. Vogal da Unión Escolar Republicana en abril de 1903. Comezou a traballar na Fábrica de Tabacos en 1907. Director da Fábrica de Tabacos de Tarragona no tempo da República.

Tras pasar a guerra en Catalunya e pasar a Francia, é ingresado en Argelés-sur-Mer (Sur de Francia)  onde morre a causa do frío.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Xulgado por sedición en xaneiro de 1934, probabelmente pola súa implicación no movemento insurreccional de decembro de 1933. Condenado a catro meses de arresto. Afiliado á CNT.

Paseado en Agrela (A Coruña) o 18 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

El Sol. Madrid, 05-01-1934.
La Voz de Galicia. A Coruña, 4-01-1934

Natural e veciño de Cambre de 43 anos.

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 16 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 152.

Natural de Carballo. Veciño de Ardaña (Carballo), de 30 anos.

Paseado na Furoca-Pastoriza (Arteixo) o 26 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: destrución do encéfalo. Enterrado no cemiterio de Oseiro (Arteixo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.

Naceu en Ponteceso. Albanel de 24 anos. Veciño de Corme (Ponteceso).

Paseado na estrada de Circunvalación (A Coruña) o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.

Natural de Cáceres. Zapateiro de 40 anos. Veciño de Oleiros, casado con Elvira Temprano.

Foi paseado en Ponte da Castellana (Aranga) na estrada A Coruña-Madrid, o 28 de decembro de 1937. A súa morte foi rexistrada o 5 de xaneiro de 1938. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Vilarraso (Aranga).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 149.
Grandío Seoane, Emilio; Fernández Fernández, Eliseo. A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga). A Coruña: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, 2011. Páx. 39.

Naceu na Coruña. Barbeiro de 34 anos. Veciño do barrio coruñés de Monelos.

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 10 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153.

¡Natural e veciño de Cambre de 47 anos.

¡Foi paseado en Mazaído-Comeanda (A Coruña) o 20 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Natural de Vigo. Militar de “reemprazo” de 23 anos. Veciño de Vigo.

Soldado de Intendencia acusado dunha tentativa de sublevación nos cuarteis coruñeses en novembro de 1936.

Xulgado na Coruña por traizón e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 23 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.

Natural e veciño da Coruña de 29 anos.

Rexistrado na Coruña como desaparecido en 1936. Inscrito como morto en 1938. Foi paseado na Coruña o 25 de setembro de 1936. O seu pai Andrés Pinilla Fraga e os seus irmáns Enrique e Pedro tamén foron asasinados.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural e veciño da Coruña, de 23 anos.

Rexistrado na Coruña como desaparecido en 1936. Inscrito como morto en 1938. Paseado na Coruña o 25 de setembro de 1936.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural e veciño da Coruña. Mecánico de 21 anos.

Morte rexistrada en Carballo. Aparición do cadáver xunto ao do seu pai Andrés Pinilla Fraga. Foi paseado no Campo de Morgade-Queo de Arriba-Bertoa (Carballo) o 29 de setembro de 1936.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural de Madrid. Porteiro de 52 anos. Veciño da Coruña

Conserxe do Colegio Notarial da Coruña.

Morte rexistrada en Carballo. Foi paseado. Apareceu o seu cadáver en Campo de Morgade-Queo de Arriba-Bertoa (Carballo) o 29 de setembro de 1936, xunto ao do seu fillo, Pedro, e o do pintor Francisco Miguel.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural e veciño de Bergondo. Labrego de 36 anos.

Foi paseado en Cecebre (Cambre) o 8 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock traumático. Enterrado no cemiterio de Cecebre (Cambre).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. “Mortalidade pola represión na Guerra Civil en Ames, Arzúa, Bergondo, Cambre, Irixoa, Teo e Valdoviño” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Democrática, 2006. Páxs. 447-455.

Veciño da Coruña.

Morreu na Coruña por confrontación armada nos días do levantamento militar. Practícaselle autopsia o 22 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Morreu na Coruña o 22 de xullo de 1936, nos días do levantamento militar por confrontación armada.

A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: fractura da base do cráneo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Naceu na Coruña. Chófer de 33 anos. Veciño de Cariño.

Afiliado ao Sindicato da Industria Pesquera de Cariño, da CNT, e a Izquierda Republicana. Membro da familia Pita Armada, vencellada ao artellamento do sindicalismo pesqueiro en Cariño.

Foi asasinado en represalia pola fuxida de Cariño do boniteiro Arkale nos primeiros días do levantamento militar. Foi paseado en Ferrol o 6 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas provocadas por arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Canido ( Ferrol). Nos anos 80 a familia trasladouno a Cariño.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 256.
Pita Barges, Francisco. “Traxedia e morte da familia Pita” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páx. 455.

Veciño da Coruña.

Membro do grupo anarquista Nervio (FAI), implicado nun intento de rebelión nos cuarteis coruñeses en outubro de 1936.

A súa morte aparece no Libro de Rexistro do Cemiterio da Coruña, como executado nesa capital o 12 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 252, 262.

Naceu en Mondego (Sada) en 1913. Militar de “reemprazo”. Veciño de Sada.

Artilleiro. Directivo do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada. Afiliado a Izquierda Republicana. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Foi executado en Punta Herminia, nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras (A Coruña) o 5 de marzo de 1937. Enterrado no cemiterio de Canido (Ferrol).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.

Naceu en Coristanco. Follalateiro de 19 anos. Veciño do barrio coruñés da Silva.

Afiliado ás JJLL. Foi xulgado e condenado na Coruña a 26 anos, 8 meses e un día en abril de 1936. Estaba cumprindo condena no Penal de San Cristóbal de Pamplona cando participou e morreu, o 22 de maio de 1938, na fuxida masiva desa prisión.

Máis información en:

Lamela, Luis. Crónica de una represión en la “Costa da Morte” : Cée, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas. Sada: Ediciós do Castro, 1995.
Alforja, Iñaki; Sierra, Félix. Fuerte de San Cristóbal, 1938 : la gran fuga de las cárceles franquistas : testimonios y documentos. Pamplona : Pamiela, 2005.

Natural e veciño da Coruña. Xornaleiro de 20 anos.

Afiliado ás Juventudes Libertarias, tamén foi membro do grupo anarquista Nervio. Actuou nos días do levantamento militar nun grupo xunto a Antonio Fournerakis.

Foi paseado na curva de Canabal, no quilómetro 8 da estrada A Coruña-Santiago, en Rutis, Vilaboa (Culleredo) o 23 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia menínxea. Enterrado no cemiterio de Rutis (Culleredo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 155.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 251, 273.

Natural e veciño da Coruña. Dependente de comercio de 21 anos.

Vicesecretario de Germinal e membro do grupo anarquista Nervio (FAI). Directivo do Sindicato de Empleados de Comercio da Coruña, ao que representou no Congreso da CNT en Zaragoza en maio de 1936. Nos primeiros días despois do golpe de estado refuxiouse nos montes de Vilaboa.

Paseado en Monte do Foxo, lugar de Castro, parroquia de Rutis (Culleredo) o 15 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Rutis (Culleredo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 154.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 252, 254.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 174.

Veciño da Coruña.

Implicado nun intento de sublevación nos cuarteis coruñeses en outubro de 1936. Afiliado ás JJLL. Foi paseado na Coruña o 10 de outubro de 1936.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 252, 262.

Natural e veciño da Coruña. Xornaleiro de 29 anos.

Implicado en accións anticlericais na IIª República.

Foi paseado na Coruña o 16 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemeiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.

Naceu en Toroño (Culleredo). Afiliado ao PCE.

Integrado na guerrilla, morreu en Tarrio (Culleredo) nun enfrontamento da guerrilla coa Garda Civil o 18 de outubro de 1948.

Máis información en:

Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 496.

Naceu en Láncara (Lugo). Mecánico de 25 anos. Veciño da Coruña.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 6 horas do 4 de abril de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.

Natural e veciño da Coruña. Funcionario do Concello da Coruña de 38 anos.

Xefe da oficina municipal de intervención e asesor do alcalde de Pontedeume en 1936. Afiliado a Izquierda Republicana. Detido na Coruña, levárono preso a Pontedeume, sendo posteriormente asasinado. O crime foi xustificado na prensa coma un enfrontamento con fuxidos na zona da Capela..

Foi paseado no cemiterio da Capela o 18 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas de bala. Enterrado no cemiterio de A Capela.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 249.
Valdivieso Mateo, Mario. “A noite cobreguea na Capela” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005.
Pereira Martínez, Carlos (Ed.). O que fixeron en Galicia. 1936. Vigo: A Nosa Terra, 1998. Paxs. 122 e ss.
La Voz de Galicia. A Coruña, 19-08-1936.

Naceu na Coruña o 19 de febreiro de 1891. Funcionario. Veciño da Coruña.

Xefe de negociado do Concello da Coruña. Militante republicano dende moi novo. Estivo no Goberno Civil nos días do golpe militar. Afiliado a  Izquierda Republicana.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenadao a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 31 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Naceu en Meirás (Sada) en 1907. Chófer de 29 anos. Veciño de Sada.

Directivo do Sindicato de Oficios Varios (CNT) e organizador do Radio Comunista de Sada.

Foi paseado en Monte Abeleira-Veigue (Sada) o 12 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna como consecuencia das feridas no corazón e perda de gran cantidade de sangue. Enterrado no cemiterio de Veigue (Sada).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 157.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 422.

Naceu en Anceis (Cambre). Albanel de 39 anos, Veciño de Altamira (Cambre).

Militante do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT da Coruña. Formou parte dun grupo de paisanos que nos días do levantamento militar fixeron resistencia na zona de Sueiro. Estivo fuxido catro anos e entregouse en xullo de 1940 no cuartel da Garda Civil de Sigrás.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 7 de decembro de 1940. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 333/36. A Coruña.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 474.

Natural e veciño da Coruña. Albanel de 26 anos.

Socio de Germina” e directivo do Sindicato de Peones da CNT coruñesa. Foi un dos oradores do mitin da Federación Local Obrera da Coruña o 18 de xullo de 1936 na praza de touros. Detido nos primeiros días de agosto de 1936, abréuselle unha Causa militar, mais foi asasinado antes do remate das dilixencias.

Foi paseado na Coruña o 19 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 13, 73, 249.

Naceu en Abegondo. Veciño de Cabanas, de 30 anos.

Alcalde republicano de Cabanas desde febreiro de 1936 até o golpe militar. Estivo agachado catro anos até que foi asasinado. Afiliado a Unión Republicana.

Foi paseado en Couce-San Pedro do Eume (A Capela) o 27 de setembro de 1940. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparo de arma de fogo segundo os resultados da autopsia. Enterrado no cemiterio de San Pedro de Eume (A Capela).

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Tampa-Florida, EEUU, en 1893. Garda de Asalto. Veciño da Coruña.

Membro da masonaría, pertenceu a varias loxas de Bilbao, Valencia e Madrid. En abril de 1936 pasou destinado de Bilbao á Coruña. Comandante da Garda de Asalto, responsábel da defensa do Goberno Civil da Coruña. Formou parte do primeiro grupo de persoas executadas na Coruña, a carón do gobernador civil, Pérez Carballo, e o capitán de Asalto Gonzalo Tejero Langarita.

Foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 25 de xullo de 1936 en aplicación do Bando de guerra. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.

Naceu na Coruña o 13 de xuño de 1898. Médico. Veciño de Ferrol.

Estudou Medicina na Universidade de Santiago, onde se achegou ao anarquismo e ao anticlericalismo. Nos anos finais da década dos 10 foi un dos impulsores das Irmandades da Fala en Ferrol. Animador cultural da cidade, participou en iniciativas como o coro Toxos e Froles e dedicouse á actividade literaria en lingua galega, ao tempo que colaboraba con diversos xornais. Na década dos 20 abandonou a actividade política no galeguismo para pasar a militar no PSOE. Alcalde de Ferrol despois da proclamación da IIª República. Tras o golpe militar foi detido e encarcerado no barco-prisión Plus Ultra

Foi paseado pola “Fuerza Pública” no cemiterio de Canido (Ferrol) o 17 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas producidas por arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Canido.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 249.

Natural e veciño da Coruña. Electricista de 31 anos.

Dirixente do PSOE e da UGT, exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Foi asasinado canda outros directivos sindicais como represalia pola continuación, a comezos de agosto de 1936, da folga xeral nalgúns sectores laborais na capital herculina.

Foi executado no Campo da Rata (Coruña) o 9 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
Pereira Martínez, Carlos (Ed.). O que fixeron en Galicia. 1936. Vigo: A Nosa Terra, 1988. Páx. 117.

Natural da Coruña, de 24 anos.

De ideoloxía libertaria.

Preso en Frankenthal, foi deportado a Mauthausen en maio do 1941. Morreu no campo de exterminio de Hartheim o 9 de setembro de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 182, 252.

Naceu na Coruña. Comerciante de 45 anos. Veciño de Rutis (Culleredo).

Directivo do Sindicato da Industria de la Alimentación da CNT coruñesa en 1933. Propietario do antigo local da escola de Castro-Laxe (Culleredo).

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia, nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras o 15 de marzo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 472.

Natural de Porto Rico. Peón de 49 anos. Veciño da Coruña.

Foi paseado na estrada da Estación do Norte, Betanzos-Infesta, o 6 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: aplicación da Lei de fugas. Enterrado no cemiterio de Batanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.
Eco de Galicia. A Coruña, 27-03-1910.

Naceu en Vilaboa (Culleredo). Pinche de 20 anos. Veciño de Rio da Coba-Vilaboa (Culleredo).

Prófugo. Formou parte dun grupo de paisanos que tentaron defender a República na zona de Sueiro.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 25 de xaneiro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páxs. 471, 475-476.
Causa 333/36 A Coruña.

Naceu en Almeiras (Culleredo) en 1925. Albanel, veciño de Culleredo.

Activo na IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia na provincia coruñesa, e tamén no Grupo Volante A, desprazado á provincia de Pontevedra.

Morreu en Visantoña o 2 de xuño de 1952 nun enfrontamento armado da guerrilla coa Garda Civil.

Máis información en:

Heine, Hartmut. A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Edicións Xerais, 1980.
Redondo Abal, Francisco Xavier. Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro, 2006.

Naceu en Ortigueira. Xornaleiro de 42 anos. Veciño do barrio coruñés de Eirís.

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 22 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153.

Naceu en Cerceda. Panadeiro, de 38 anos. Veciño da Coruña.

Vicepresidente do Sindicato de Panaderos (CNT) e socio de Germinal. Incluído nunha causa pola aparición de armas no local daquel Sindicato, foi paseado antes de rematar o sumario.

Foi paseado na Coruña o 13 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Natural e veciño de Cee. Empregado, de 22 anos.

Traballador da Fábrica de Carburos Metálicos, afiliado á UGT e apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Activo na resistencia ao golpe militar.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.

Naceu en Mera (Oleiros) en 1912. Veciño de Cedeira.

Mestre en Cedeira, fora concelleiro nesa vila. Afiliado a Izquierda Republicana.

Xulgado en Ferrol por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado no Castelo de San Felipe (Ferrol) o 18 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio de Serantes

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 268.
Santalla López, Andrés. “A depuración do Maxisterio e a educación pública en Galicia, 1936-1939” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 251.

Natural de Cuba. Militar de 21 anos. Veciño da Coruña.

Cabo de Intendencia, estivo implicado nun intento de sublevación nos cuarteis da Coruña no mes de novembro de 1936.

Xulgado na Coruña por traizón e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 23 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.

Natural de Carballo. Labrego de 52 anos. Veciño de Razo (Carballo), casado e con doce fillos.

Foi paseado no Alto do Moucho-Oseiro (Arteixo) o 22 de outubro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: destrución do encéfalo. Enterrado no cemiterio de Oseiro (Arteixo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.

Natural e veciño da Coruña. Barbeiro do Campo de Artillaría de 33 anos.

Foi paseado na Coruña o 19 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Naceu na Coruña. Militar de 33 anos. Veciño de Tui

Terceiro Maquinista da Armada, activo na resistencia ao golpe militar na zona de Tui.

Xulgado por traizón e condenado a pena de morte, foi executado na explanada do Instituto de Tui o 16 de setembro de 1936. Enterrado no cemiterio de Tui.

Máis información en:

Fernández Santander, Carlos. Alzamiento y guerra civil en Galicia. Sada: Ediciós do Castro, 2000. Tomo I.

Naceu na Coruña o 23 de maio de 1891. Tranviario. Veciño da Coruña.

Do Sindicato de Transporte (CNT) da Coruña, foi detido por participar na tentativa de fuxida da motora Sisargas e agachar o deputado socialista por Madrid, Luis Rufilanchas.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña ás 5 horas do 11 de xullo de 1937 no Campo da Rata (A Coruña). Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 27, 251.
Causa 291/37. A Coruña.

Zapateiro. Veciño da Coruña.

Secretario do Sindicato de Zapateros Manuales (CNT) da Coruña, era militante deste sindicato polo menos dende 1918. Desaparecido. Semella que foi paseado.

Máis información en:

Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.
La Correspondencia de España. Madrid, 03-07-1917.

Natural e veciño de Carral de 20 anos.

Morreu na Coruña nunha confrontación armada despois do golpe militar. Practícaselle a autopsia o 22 de xullo de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

Naceu en Abegondo. Barbeiro, de 39 anos, Veciño de Abegondo.

Paseado en San Marcos-Nós (Oleiros) o 15 de setembro de 1936. Causa de morte, segundo o rexistro civil: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Nós (Oleiros).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.

Naceu en Sada. Mecánico de 32 anos. Veciño de Cangas de Narcea (Asturias).

Participou no exército republicano. Xulgado en Asturias e condenado a pena de morte, foi executado en Xixón o 14 de xullo de 1939.

Máis información en:

Laruelo Roa, Marcelino. La libertad es un bien muy preciado: consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacional al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas. Xixón: En la Estela de Aldebarán, 1999.

http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?mes=11&ano=2010

Paseado. Infórmase nunha Causa militar da aparición do seu cadáver en Abegondo o 19 de setembro de 1936.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural e veciño de Betanzos. Chófer de 24 anos.

Afiliado ao Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos, CNT. Asasinado con Manuel Vales, do mesmo sindicato. A súa viuva, Felicidad Rodríguez Medín, foi xulgada por un tribunal militar, resultando absolta.

Paseado na Naveira (Curtis) o 15 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia. Enterrado no cemiterio de Santa Aia (Curtis).

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páxs. 305, 306.

Naceu en Betanzos. Veciño do barrio coruñés de Monelos de 28 anos.

Membro da Sección de Conserveras do Sindicato de Industria Pesquera de A Coruña. Afiliado á CNT.

Foi paseado en Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz) na estrada A Coruña-Madrid, o 24 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock cardíaco. Enterrado no cemiterio de Santa Mariña de Lagostelle.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu en Betanzos en 1913. Chófer. Veciño de Betanzos.

Empregado de Industrias Núñez, afiliado á Sociedad Unión de Obreros y Empleados de las Industria Núñez y Trabajadores del Muelle de Betanzos (UGT). Foi Detido a fins de xullo de 1936.

Paseado en Bastiagueiro-Liáns (Oleiros) o 27 de agosto de 1936. Inscrito como descoñecido, foi recoñecido pola data, lugar de aparición do cadáver e detalles persoais. A causa da súa morte, segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado en Montrove (Oleiros), posteriormente foi trasladado a Betanzos pola súa família.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 307, 308.

Naceu en Tállara (Lousame) o 27 de setembro de 1892. Obreiro. Veciño de Lousame.

Dirixente do Sindicato Agrario y de Oficios Varios (CNT) de Cruído-Lousame en 1934. Foi á Coruña na expedición de mineiros que tentou abortar a sublevación militar. Detido o 28 de xullo. Deixou viúva e nove fillos.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia, nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras (A Coruña) o 14 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Agrafoxo, Xerardo. 1936: A Guerra Civil en Lousame e Noia: Testemuñas dunha represión. Noia: Concello de Lousame, 1995.
Agrafoxo, Xerardo. 1938/1939: A Guerra Civil en Lousame e Noia: O triple crime de Marselle: A traxedia do Baleares. Noia: Concello de Lousame, 1999.
Causa 740/36, A Coruña.

Naceu na Coruña en 1918. Panadeiro. Veciño da Coruña.

Militante socialista. Afiliado ás JSU. Detido como consecuencia dos enfrontamentos derivados do levantamento militar na Coruña, foi posteriormente liberado. Implicado na fuxida do Portiño en marzo de 1937, foi detido.

Xulgado na Coruña e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia, nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras (A Coruña) o 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 197, 198.

Naceu en Corme en 1916. No momento do golpe militar vivía coa súa nai no barrio coruñés de San Roque de Afora. Estaba afiliado ás JSU.

Alistado forzosamente, desertou cara a zona republicana e combateu nas Milicias Populares galegas. Coa caída de Catalunya pasou a Francia e foi internado no campo de Argeles-sur-Mer- Finallmente atopou refuxio en Arxentina.

Regresa a Galiza en 1943 e comeza a activar a reorganización do PCE na Coruña até que é detido en 1945. Pouco despois sae da cadea e mantén a actividade clandestina, reconstituíndo o Comité Local do partido na cidade herculina. En 1946 ingresa na IV Agrupación e combzte na guerrilla até a súa morte nun enfrontamento coa Garda Civil o 22 de maio de 197 nos montes de Arabexo (Val do Dubra).

Máis información en:

Natural e veciño de Meicende (Arteixo) de 36 anos.

Foi paseado na Teixeira-Pastoriza (Arteixo) o 2 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: ferida de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Naceu na Coruña o 31 de xullo de 1913.

Preso nos campos e prisións do III Reich. Deportado a Buchenwald en 1944. Desaparecido, xa que non existe documentación sobre a súa morte ou supervivencia.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.

Naceu en Ares en 1917.

Implicado na reorganización clandestina dos anarquistas coruñeses do barrio das Atochas. Afiliado á CNT.

Asasinado pola Garda Civil ás 2 horas do 10 de xullo de 1937 no asalto da vivenda da rúa Atocha Alta nº 55 da Coruña na que estaba refuxiado. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 245, 267.

Veciño de Oviedo de 55 anos.

Estaba na prisión de Betanzos e morreu o 14 de xaneiro de 1938 no hospital da vila. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña. Médico de 32 anos. Veciño de Ribeira.

Destacado militante socialista, participou na resistencia ao golpe militar en Ribeira. Afiliado ao PSOE.

Xulgado en Compostela por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi. Executado no cemiterio de Boisaca (Santiago de Compostela) o 29 de xaneiro de 1937. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: Hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Boisaca.

Máis información en:

Lamela, Luis. 1936, la Cruzada en Compostela. Sada: Ediciós do Castro, 2005. Páx. 192.
Simón Lorda, David. “Médicos represaliados en el Franquismo: Ourense y Galicia (1936-1959)” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 350.

Natural e veciño da Coruña. Empregado de 43 anos.

Empregado do Hospital Municipal. Secretario do Sindicato de Empleados Municipales da CNT. En 1931 participou no Congreso da CNT en Madrid representando o seu sindicato.

Implicado na fuxida do Portiño do 3 de marzo de 1937, morreu afogado e o seu cadáver apareceu días despois. A causa da súa morte segundo o Rexistro civi foil: asfixia por inmersión. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Pax. 187,188.

Natural e veciño da Coruña. Metalúrxico, de 38 anos.

Directivo do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña, representouno no Congreso da CNT celebrado en Madrid en 1931. Foi asasinado en represalia pola persistencia da folga xeral na Coruña nos primeiros días de agosto de 1936. Deixou viúva e cinco fillos.

Executado na Campo da Rata (A Coruña) o 9 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 13, 19, 251.

Naceu na Coruña. Fontaneiro de 28 anos. Veciño da coruñesa rúa do Orzán.

Directivo do Sindicato de Hojalateros da Coruña, do cal foi presidente en xaneiro de 1933. Afiliado á CNT.

Foi paseado en Pacios (Begonte) na estrada Baamonde-Vilalba quilómetro 15, o 28 de outubro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: shock cerebral, Enterrado no cemiterio de Pacios.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña. Xastre de 48 anos. Veciño de Pontevedra.

Detido en Pontevedra polos falanxistas o 13 de agosto de 1936, apareceu morto ao día seguinte. Paseado en Cruz de Maceiras (Marín) o 14 de agosto de 1936.  A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: intensa hemorraxia producida por disparo de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Pontevedra.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural de Anceis (Cambre). Xornaleiro de 26 anos. Veciño de Altamira (Cambre).

En xaneiro de 1934 foi xulgado por un Tribunal de Urxencia, acusado de sedición. Tras o golpe militar de 1936, foi acusado de integrar un grupo de defensores da República na zona de Sueiro.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 25 de xaneiro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 476.
Causa 333/36 de Coruña.

Naceu na Coruña. Xornaleiro de 20 anos. Veciño de Ferrol.

Socialista, vogal da Sociedad de Peones de Ferrol. Afiliado á UGT e  ao PSOE.

Foi paseado en Ferrol pola “Fuerza Pública” o 20 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: pasado polas armas. Enterrado no cemiterio de Canido (Ferrol).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 260.

Naceu na Coruña en 1905. Veciño da Coruña.

Activo na resistencia ao golpe nas zonas de Culleredo e Cambre. Reclamado polas autoridades militares, permaneceu agachado até marzo de 1937, cando tentou fuxir con outros militantes de esquerda dende a enseada do Portiño. Detido, foi xulgado na Coruña en dúas causas militares, sendo nunha delas condenado a reclusión perpetua e noutra condenado a morte.

Foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 197.

Naceu en Cee o 27 de xuño de 1907. Veciña da Coruña, con dous fillos.

Era mestra no barrio de Monelos. Esposa do sindicalista da UGT no Banco Pastor, Francisco Mazariegos, executado en agosto de 1936. Afiliada á FETE-UGT. Exerceu como apoderada da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Foi paseada no Pozo da Ponte da Castellana (Aranga), aparecendo o seu cadáver o 19 de novembro de 1936. O seu corpo foi identificado en febreiro de 1937. A causa da súa  morte segundo o Rexistro civil foi: disparos por arma de fogo. Enterrada na fosa común do cemiterio de Vilarraso (Aranga).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 148.
Grandío Seoane, Emilio; Fernández Fernández, Eliseo. A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga). A Coruña: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica d’A Coruña, 2011. Páxs. 34-38.

Natural e veciño da Coruña. Mariño de “reemprazo”, tripulante do acoirazado España, de 20 anos.

Xulgado en Ferrol por delito de sedición -enfrontarse aos militares rebeldes- no acoirazado España e condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de O Val (Narón) o 26 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio de O Val (Narón).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 269.

Naceu na Coruña en 1901. Metalúrxico. Veciño da Coruña.

Activo no Sindicato de Metalúrgicos da Coruña dende 1928. Representou ao seu sindicato no Congreso da CNT en Zaragoza en maio de 1936.

Xulgado a finais de setembro de 1936 na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña o 6 de outubro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 251, 254.

Camareiro de 23 anos. Veciño da Coruña.

Socio de Germinal e afiliado ao Sindicato de Camareros da CNT da Coruña. Fuxido en Elviña despois do golpe, xunto outros compañeiros entre os que estaba Uxío Carré Naya.

Morre en Monte Galán-Elviña, A Coruña, o 28 de agosto de 1936, nun enfrontamento coa Garda Civil. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137).
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 170-171.

Naceu na Coruña. Albanel de 38 anos. Veciño de Salas (Asturias), casado.

Executado en Oviedo o 25 de agosto de 1939.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

Naceu na Coruña en decembro de 1905. Tranviario. Veciño da Coruña.

Do Sindicato de Tranviarios (CNT) da Coruña. Fora detido en diversas folgas na Coruña, dende 1920 até a IIª República, e tamén estivo envolto na folga xeral revolucionaria de decembro de 1933. En outubro de 1933 fora secretario do Sindicato en cuestión. Detido por participar na tentativa de fuxida da motora Sisargas en febreiro de 1937 e agachar ao deputado socialista por Madrid, Luis Rufilanchas.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) ás 5 horas do 11 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 291/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142).
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 27, 251.

Naceu na Coruña en maio de 1910. Empregado. Veciño da Coruña.

Durante a República traballou como oficinista nas obras da nova Estación do camiño de ferro de Santiago. Dirixente das Irmandades da Fala da Coruña, das que foi secretario en maio de 1935. Tamén era un coñecido escritor e dramaturgo. Afiliado ao Partido Galeguista, exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Detivérono pola súa participación na tentativa de fuxida da motora Sisargas.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) o 11 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 291/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 27.

Natural de Madrid. Empregado de 24 anos. Veciño da Coruña.

Paseado en Veira-Herves (Carral) o 16 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153.

Naceu en Xixón en 1910. Avogado e profesor universitario, de 27 anos. Veciño de Madrid.

Deputado en Cortes por Madrid en febreiro de 1936. O golpe militar colleuno nunha xira por Galiza. O 18 de xullo estaba en Cangas e despois do triunfo dos facciosos na Galiza, mantívose agachado por espazo de sete meses, até que foi detido en febreiro de 1937, na Coruña, pola tentativa de fuga na motora Sisargas. Afiliado ao PSOE.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (a Coruña) o 11 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Velasco Souto, Carlos F. A represión franquista en Oleiros (1936-1950). Iñás-Oleiros: Trifolium, 2008.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 100-101.

Naceu na Coruña. Albanel de 26 anos. Veciño de San Cristovo das Viñas (A Coruña).

Dirixente do Sindicato de Albañiles, La Aurora Social (CNT) da Coruña. Foi tamén directivo do Centro de Estudios Sociales Hacia el Progreso de San Cristovo das Viñas.

Foi paseado en Barranqueiras-Pastoriza (Arteixo) o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Pastoriza.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 249, 265.

Natural de Ferrol.

Responsábel dun destacamento da IIª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia en Ourense. Foi detido despois dun enfrontamento en marzo de 1949 na Ponte Nova de Ourense. Afiliado ao PSOE.

Executado a garrote vil na Prisión Provincial da Coruña o 23 de xullo de 1949.

Máis información en:

Heine, H. A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Edicións Xerais, 1980.
Redondo Abal, Francisco Xavier. Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro, 2006.

Naceu na Coruña. Empregado, de 40 anos. Veciño da Coruña, casado con Teresa Fernández Rodríguez, tiña catro fillos.

Tesoureiro do Sindicato de Trabajadores de Oficinas da UGT, exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Foi executado, como represalia pola continuidade da folga xeral na Coruña despois do golpe militar, no Campo da Rata  (A Coruña) o 9 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
Pereira Martínez, Carlos (Ed.). O que fixeron en Galicia. 1936. Vigo: A Nosa Terra, 1998. páx. 117.

Naceu na Coruña. Obreiro. Veciño de Pola de Lena (Asturias).

Paseado en Pola de Lena o 7 de novembro de 1937.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

Naceu en Salamanca o 15 de xullo de 1871. Militar. Veciño da Coruña.

Xeneral de División dende 1928; en 1936 era xefe da VIII División, con sede na Coruña. Negouse a secundar a sublevación militar.

Xulgado na Coruña por traizón e condenado a pena de morte, foi executado no Castelo de San Felipe (Ferrol) o 9 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 29-30, 31, 38, 41-47, 57-58, 126-131.
Pereira Martínez, Carlos (Ed.). O que fixeron en Galicia. 1936. Vigo: A Nosa Terra, 1998. Páxs. 106 e 107.

Natural e veciño de Betanzos. Labrego, de 27 anos.

Directivo do Sindicato de Profesiones Varias (CNT) de Betanzos en 1933. Levado ao cuartel da Garda Civil despois do golpe militar.

Foi paseado. A súa morte está rexistrada en Filgueira de Traba-Alto do Monte (Cesuras) o 26 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio de Traba (Cesuras).

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páxs. 308, 309.
Pazos Gómez, Manuel. A guerra silenciada: mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952). Ordes: Obradoiro de Historia, 2011. Páx. 113

Natural de Oleiros. Albanel de 26 anos. Veciño da Coruña.

Da Sección de Albañiles do Sindicato Único del Ramo de la Construcción coruñés. Afiliado á CNT e ao PCE. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado en Veira-Herves (Carral) o 14 de agosto de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: dúas feridas de pistola. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 152.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Natural e veciño de A Pontenova. Dependente de 18 anos.

Afiliado á UGT. Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión e multa de 5.000 ptas.

Morreu na Prisión Provincial da Coruña o 28 de outubro de 1938 a causa de meninxite fínica.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 145.

Natural de Soria. Fotógrafo, de 41 anos. Veciño da Coruña.

Secretario do Sindicato de Vendedores Ambulantes (UGT) da Coruña e destacado militante comunista. Casado con Teresa Novelle, represaliada e tamén militante comunista.

Paseado en Bastiagueiro-Liáns (Oleiros) o 24 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Perillo (Oleiros).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 42.

Naceu na Coruña o 27 de xaneiro de 1914.

Preso en Fallingbostel. Foi deportado a Mauthausen en xaneiro do 1941. Posteriormente, en marzo de 1941, foi trasladado ao campo de exterminio de Gusen, onde morre o 10 de xaneiro de 1942.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.

Natural de Mesía. Industrial de 22 anos. Veciño de Ordes.

Semella ser un soldado que deu berros subversivos e foi fusilado por orde do Comandante militar de Betanzos.

Foi executado nas inmediacións da Estación do Norte, Betanzos-Infesta, o 14 de agosto de 1938. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock traumático. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 151.
Pazos Gómez, Manuel. A guerra silenciada: mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952). Ordes: Obradoiro de Historia, 2011. Páx. 101.
El Pueblo Gallego. Vigo, 16-08-1936.

Natural de Betanzos. Médico de 27 anos, Veciño de Mugardos.

Exercía en Mugardos onde era coñecido como o médico dos pobres. Integrante do Comité da Fronte Popular en Mugardos. Afiliado ao PCE.

Foi paseado no cemiterio de A Igrexa, Mugardos, o 18 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos feitos pola “Forza Pública” ao tratar de fuxir. Enterrado no cemiterio de Mugardos.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 250.

Natural de Oleiros. Xornaleiro de 50 anos. Veciño de Dorneda (Oleiros).

Directivo da Sociedad Agraria Republicana de Dorneda.

Foi paseado na Coruña o 19 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 136.
Velasco Souto, Carlos F. A represión franquista en Oleiros (1936-1950). Iñás-Oleiros: Trifolium, 2008.

Naceu na Coruña en 1901. Mariñeiro. Veciño de Xixón.

Afiliado á UGT e fundador do Pósito Marítimo de Xixón. Dirixente da Revolución de Outubro de 1934 no barrio de Cimadevilla. Ao iniciarse o golpe militar tomou parte no asalto ao forte de Santa Catalina de Xixón. No período bélico, desempeñou cargos na Consejería de Pesca e de colaboración nos labores de vixilancia marítima. Foi detido no momento da caída de Asturias, cando fuxía no vapor Mont Seny.

Xulgado en Asturias e condenado a pena de morte, foi executado en Xixón o 5 de maio de 1938.

Máis información en:

Laruelo Roa, Marcelino. La libertad es un bien muy preciado: consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacional al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas. Xixón: En la Estela de Aldebarán, 1999.

Natural e veciño de Santiago de Compostela. Ferreiro, de 33 anos.

Presidente do Sindicato Metalúrgico da CNT de Santiago e traballador de Fundiciones Franco. Membro tamén do Ateneo Libertario compostelán. Foi detido no trancurso da Revolución de Outubro de 1934. Integrou, así mesmo, o Comité da Fronte Popular organizado en Compostela diante do levantamento fascista. Estivo agachado no monte, primeiro, e na súa casa despois, até que foi detido.

Xulgado en Compostela por rebelión militar, en xaneiro de 1938, condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 9 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 74, 244.

Natural de León. Militar de 39 anos. Veciño da Coruña.

Brigada do Exército, do corpo de Artillaría. Estivera destinado en Ferrol, onde tivo participación nos sucesos de Outubro de 1934. Nos días do golpe, traballou para evitar os movementos dos militares facciosos.

Foi xulgado en Consello de Guerra e condenado a pena de morte. Pasado polas armas en Punta Herminia (A Coruña) ás 4 da madrugada do 28 de xullo de 1936.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
La Voz de Galicia. A Coruña, 29-07-1936.

Natural e veciño da Coruña. Peón, de 39 anos.

Socio de Germinal e directivo do Sindicato de Peones Siempre Adelante da CNT da Coruña. Detido o 31 de xullo de 1937 nunha vivenda da rúa Juan Flórez, no marco da caída das redes libertarias do barrio das Atochas. Foille aplicada a Lei de fugas por axentes da Garda Civil, xunto ao tamén detido Rogelio González.

Foi paseado na estrada de Circunvalación á altura do cárcere da Coruña, o 31 de xullo de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas por arma de fogo que lle ocasionaron hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 39, 43, 249.

Natural de Chantada. Mestre de 33 anos. Veciño de Ortigueira.

Director da Escuela Graduada de Ortigueira.

Foi paseado na Coruña o 25 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.

Naceu na Coruña en 1916. Carpinteiro. Veciño da Coruña.

Afiliado á Sección de Carpinteros do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da Coruña, da CNT. Detido en febreiro de 1937 por participar na tentativa de fuxida da motora Sisargas, foi condenado a cadea perpetua. Despois de saír da cadea en 1941, integrouse en actividades clandestinas polas que foi novamente detido en 1942 e 1944. Ao saír da cadea, incorporóuse á IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia e estivo no maquis até o ano 1947; foi detido en Huesca cando tentaba fuxir a Francia.

Fusilado na Prisión Provincial da Coruña o 9 de decembro de 1948.

Máis información en:

Causa 291/37. A Coruña.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 27, 138, 175, 176, 250.

Naceu en Sada en 1900. Carabineiro. Veciño de Sada, casado e con fillos.

Desapareceu en 1936, segundo a súa familia pola súa negativa a participar en accións represivas.

Máis información en:

http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?mes=11&ano=2010

Natural e veciño de Oleiros. Albanel de 26 anos.

Presidente da Sociedad de Agricultores y Oficios Varios de Oleiros. Afiliado á CNT.

Paseado en Monte Guillar (Outeiro de Rei) o 23 de setembro de 1936. A causa de morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia debida a lesións por disparos de arma curta. Inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, sendo identificado o 25 de novembro de 1981. Enterrado no cemiterio de Guillar (Outeiro de Rei).

Máis información en:

Pereira Martínez, Carlos. Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936). Iñás-Oleiros: Trifolium, 2002.

Natural e veciño da Pobra do Caramiñal. Xornaleiro de 23 anos.

Desertor do exército faccioso, foi perseguido pola súa participación nun comité de resistentes na Pobra do Caramiñal.

Fuxido, detido e xulgado na Coruña por rebelión militar. Condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) ás 7 horas do 26 de xaneiro de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.

Natural e veciño da Coruña. Practicante de 35 anos.

Exerceu como practicante da Armada en Ferrol nos anos 20. Tamén colaborou coa Escuela Racionalista de Ferrol en 1934. Afiliado a Izquierda Republicana.

Foi paseado en Tatín-Ouces (Bergondo) o 23 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia intensa. Enterrado no cemiterio de Ouces.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. “Mortalidade pola represión na Guerra Civil en Ames, Arzúa, Bergondo, Cambre, Irixoa, Teo e Valdoviño” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Paxs. 447-455.
Fernández, Carlos. Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Sada: Ediciós do Castro, 2000.

Natural e veciño de Betanzos. Albanel de 27 anos.

Directivo do Sindicato de Profesiones Varias (CNT) de Betanzos. Foi acusado de facer fronte con armas ás tropas do exército sublevado.

Executado, sen xuízo, no cemitério de Canido (Ferrol) o 26 de xullo de 1936. Enterrado no cemiterio de Canido.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 247.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 309.

Natural de Carral, de 29 anos.

Deportado a Mauthausen en xaneiro de 1941. Foi trasladado ao campo de exterminio de  Gusen en abril, onde morre o 6 de xullo de 1942.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 397.

Naceu en Meirás (Sada) en 1886. Labrego. Veciño de Sada.

Era un labrador acomodado que pertencera ao sindicato da súa parroquia. Afiliado á CNT.

Suicidouse en Sada o 19 de outubro de 1936 por temor ás represalias pola súa militancia.

Máis información en:

http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?mes=11&ano=2010

Natural da Coruña. Mariñeiro de 35 anos. Veciño de Avilés (Asturias), casado.

Foi paseado en Oviedo o 6 de setembro de 1941.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

Factor ferroviario, foi acusado dunha sabotaxe perto de Aranga. Xulgado por un tribunal militar en 1941 e condenado a morte.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña en xaneiro de 1905. Estibador. Veciño do barrio coruñés de Santa Lucía.

Directivo da Sección de Carboneros do Sindicato de Industria Pesquera (CNT) da Coruña. Refuxiado nos montes de Elviña despois do golpe militar.

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 5 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153).
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Militar de “reemprazo”, de 20 anos. Veciño do barrio coruñés da Silva.

Moi coñecido como violinista. Foi socio do Centro de Estudios Sociales Resplandor en el Abismo. No momento do golpe militar era soldado do Rexemento de Artillaría. Detido pola súa suposta participación nun complot para levantar os cuarteis da Coruña en contra dos militares sublevados. Afiliado ás JJLL.

Foi pasado polas armas no Campo da Rata (A Coruña) o 23 de outubro de 1936, en cumprimento do artigo 4º do Bando declarando o Estado de Guerra. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 251, 262, 273.
Patiño Regueira, A. Memoria de ferro. Vigo: A Nosa Terra, 2005.

Natural e veciño da Coruña. Camareiro de 48 anos.

Afiliado ao PSOE e á UGT. Executado nos inicios do mes de agosto de 1936 a carón doutros dirixentes obreiros, para tentar conxurar a folga xeral que aínda paralizaba parte da cidade da Coruña.

Foi executado no Campo da Rata (A Coruña) o 9 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.

Naceu en Boiro en 1906.

Estivo emigrado na Arxentina onde exerceu de tipógrafo. A partir de 1943 traballou para o PCE na clandestinidade en Bilbao, Barcelona, Madrid e, finalmente, Galiza. En 1946, exerceu a responsabilidade das actividades do Ejército Guerrillero de Galicia. Detido en xullo de 1948 na Coruña xunto a Gómez Gayoso.

Xulgado en Consello de Guerra e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 6 de novembro de 1948.

Máis información en:

Máiz, Bernardo. Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais, 1988. Páx. 183).
Redondo Abal, Francisco Xavier. Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro, 2006.

 

Natural de Betanzos, de 25 anos.

Fusilado no Cementerio del Este (Madrid) o 28 de outubro de 1942. Está enterrado no  mesmo lugar.

Máis información en:

Núñez Díaz Balart, Mirta; Rojas Friend, Antonio. Consejo de guerra: los fusilamientos en el Madrid de la Posguerra (1939-1945). Madrid: Compañía Literaria, 1997.

Naceu en Aranga. Xornaleiro de 29 anos. Veciño da Coruña, casado en xullo de 1930 con Antonia Limés Ares.

Foi paseado en Mazaído-Comeanda (A Coruña) o 20 de agosto de 1936. O seu cadáver apareceu ao carón do de Luís Huici e outros. A causa da súa morte segundo o Rexistro civi foil: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.
El Noroeste. A Coruña, 22-07-1930.

Naceu na Coruña en 1881. Industrial. Veciño da Coruña.

Concelleiro dende 1931 polo Partido Republicano Radical Socialista, foi nomeado alcalde en 1934, por pouco tempo. Alcalde da Coruña novamente entre febreiro e xullo de 1936, por Unión Republicana. Despois do golpe militar, foi detido e posto en liberdade. Apresado de novo, foi procesado en Consello de Guerra.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 31 de agosto de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 26, 124-125, 145, 153, 167.
Pereira Martínez, Carlos (Ed.). O que fixeron en Galicia. 1936. Vigo: A Nosa Terra, 1998. Paxs. 105 e ss.

Natural de Asturias. Obreiro de 33 anos. Veciño da Coruña.

Membro da “Unión Petrolera” da CNT da Coruña e traballador da CAMPSA. Acusado de participar no intento de sabotaxe aos depósitos da CAMPSA.

Morreu na Coruña nunha confrontación armada o 22 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 419.

Naceu en Sada en 1907. Labrego. Veciño de Sada.

Agrarista e cadro do Sindicato de Oficios Varios de Sada (CNT). Directivo do grupo galeguista local, conselleiro comarcal do Partido Galeguista e secretario xeral da Fronte Popular en Sada. Irmán de Ramón Suárez Picallo. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Foi paseado en Monte Abeleira-Veigue (Sada) o 12 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna producida por lesións. Enterrado no cemiterio da Sada.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 157.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páxs. 157-158.

http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/index.php?mes=11&ano=2010

Naceu na Coruña o 29 de novembro de 1874. Funcionario. Veciño da Coruña.

Militante do Partido Republicano Radical Socialista. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Secretario do gobernador civil da Coruña no ano 1936. Afiliado na Fronte Popular a Izquierda Republicana.

Paseado, aplicáronlle a Lei de fugas e morreu no Campo da Rata (A Coruña). A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: lesións producidas por disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.

Natural e veciño de Oleiros. Xornaleiro de 43 anos, casado e con tres fillos.

Fundador e presidente da Unión Campesina de Nós. Directivo da Federación Comarcal Campesina da CNT.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 29 de abril de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.
Velasco Souto, Carlos F. A represión franquista en Oleiros (1936-1950). Iñás-Oleiros: Trifolium, 2008. Páx. 38.

Natural de Cañas (Carral), de 33 anos.

Vítima da represión en León, morreu o 1 de decembro de 1936.

Máis información en:

Álvarez Oblanca, Wenceslao; Serrano, Secundino. La guerra civil en León. León: Edilesa, 2009. Páx. 291.

Natural de Cotobade. Enterrador de 33 anos, Veciño de Oleiros, casado e con catro fillos.

Directivo da Sociedad Agraria de Dorneda.

Foi paseado en Cecebre (Cambre) o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock traumático. Enterrado no cemiterio de Cecebre (Cambre).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. “Mortalidade pola represión na Guerra Civil en Ames, Arzúa, Bergondo, Cambre, Irixoa, Teo e Valdoviño” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 447-455.
Velasco Souto, Carlos F. A represión franquista en Oleiros (1936-1950). Iñás-Oleiros: Trifolium, 2008. Páx. 40.

Naceu na Coruña en xuño de 1912.

Preso en Fallingbostel. Deportado a Mauthausen en xaneiro do 1941 e posteriormente trasladado a Gusen en abril do 1941, onde morre o 8 de abril de 1941.

Máis información en:

Bermejo, Benito; Checa, Sandra. Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Subdirección General de Archivos Estatales, Ministerio de Cultura, 2006. Páx. 398.

Natural de Carral. Xornaleiro de 29 anos. Veciño da Coruña, casado e con tres fillos.

Director do voceiro Joven Socialista das JJSS coruñesas. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Foi paseado en Cambre o 19 de setembro de 1936. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: shock traumático. Enterrado no cemiterio de Santa María de Vigo (Cambre).

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. “Mortalidade pola represión na Guerra Civil en Ames, Arzúa, Bergondo, Cambre, Irixoa, Teo e Valdoviño” in A II República e a Guerra Civil : actas dos traballos presentados ao II Congreso da Memoria, Culleredo, 1 a 3 de decembro de 2005. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006. Páxs. 447-455.

Natural de Betanzos. Panadeiro, de 26 anos. Veciño da Coruña. Militante da CNT.

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 15 de setembro de 1936. O seu corpo foi identificado con posterioridade, en febreiro de 1937. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 153.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páxs. 310, 311.

Natural de Betanzos. Industrial de 31 anos. Veciño da Coruña, casado e cun fillo..

Propietario dunha panadaría-leitaría na Rúa do Orzán, na Coruña. En 1936, era presidente do Centro de Estudios Sociales Liberación de Peruleiro. Afiliado á CNT.

Foi paseado na Coruña. Infórmase da súa morte violenta nunha causa militar iniciada o 21 de setembro de 1936 na Coruña. Descoñécese a data da morte, que é anterior a setembro de 1936.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 310.
Grandío Seoane, Emilio (Ed.). Anos de odio : golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939). A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007. Páx. 174.

Naceu na provincia de Zaragoza en xaneiro de 1893. Capitán da Garda de Asalto en 1936. Veciño da Coruña.

Era membro da masonaría. Leal á República, defendeu o Goberno Civil dos militares sublevados. Foi un dos primeiros executados na cidade da Coruña, a carón do gobernador civil, Pérez Carballo .

Foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 25 de xullo de 1936 en aplicación do Bando de guerra. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
Pereira Martínez, Carlos (Ed.). O que fixeron en Galicia. 1936. Vigo: A Nosa Terra, 1998. Páx. 107.

Naceu na Coruña en 1907. Veciño do barrio coruñés de San Pedro de Visma.

Foi un dos implicados na evasión do Portiño en marzo de 1937. Considerado promotor da fuga. Xulgado, foi executado en Punta Herminia (a Coruña) ás 6 horas do 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio municipal da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 198, 199.

Veciña de Iñás (Oleiros).

Afiliada ao PCE. Compañeira do guerrilleiro José María Castelo Mosquera. Incorporouse á guerrilla na IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia, formando parte do Destacamento Eive Carbón.

Faleceu nun enfrontamento armado da guerrilla o 5 de marzo de 1949, tentando romper o cerco da Garda Civil, en Bugallido-Zas (Negreira).

Máis información en:

Velasco Souto, Carlos F. A represión franquista en Oleiros (1936-1950). Iñás-Oleiros: Trifolium, 2008. Páx. 65.

Natural de Guitiriz. Obreiro de 55 anos. Veciño da Coruña.

Paseado en Veiga-Montemeda (Guntín) o 8 de xullo de 1937. Inscrito inicialmente como descoñecido e despois identificado. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: síncope cardíaco. Enterrado no cemiterio de San Martiño de Montemeda (Guntín).

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural e veciño de Coruña. Militar de 60 anos.

Coronel de Artillaría, comandaba o Regimiento de Artillería Ligera Número 16 radicado na Coruña en 1936. Foi acusado de traizón por non se sumar á sublevación militar.

Xulgado na Coruña e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 9 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural e veciño de Bergondo. Mestre de obras de 39 anos.

Foi paseado en Trasanquelos, estrada A Golada-Betanzos, quilómetro 47 (Cesuras) o 20 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio de Trasanquelos (Cesuras).

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña en febreiro de 1914. Panadeiro. Veciño da Coruña.

Detido no ano 1934 polos feitos da frustrada Revolución de Outubro de 1934, cumpriu condena en Pamplona. Tras o golpe militar, foi acusado de se enfrontar ás tropas sublevadas no barrio de Monelos. Estivo implicado na fuxida do monte de San Pedro e tamén na tentativa de saída no boniteiro Explorador, polo que foi detido en agosto de 1937. Fillo de José Torres Regueiro, tamén asasinado. Afiliado á CNT.

Foi paseado nas Xubias (A Coruña) o 8 de agosto de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia por disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 35, 42, 78, 249.

Naceu en Santa Marta de Babío (Bergondo) en 1892. Empregado. Veciño da Coruña.

Traballador da Telefónica despedido en 1931, pasou a ser conserxe nos locais da CNT coruñesa. Participou na resistencia no barrio de Monelos e despois agachouse nos montes de San Pedro de Nós (Oleiros) e nalgunha vivenda da Coruña. Foi detido en xullo de 1937 no domicilio de Alejandro Basilio Palacios, no marco da desfeita dos grupos libertarios do barrio das Atochas.

Foi paseado no Campo da Rata (A Coruña) o 16 de xullo de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia por disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 38, 78, 249.

Natural de Marín. Mariñeiro de 19 anos. Veciño da Coruña.

Afiliado a El Despertar Marítimo (CNT). Acusado de ataques anticlericais á igrexa e ao crego de San Pedro de Mezonzo.

Participou na tentativa de fuga colectiva do Portiño (A Coruña) en marzo de 1937; tiroteada a buceta na que fuxía, desapareceu no mar

Máis información en:

Causa 554/38, Mariña

www.nomesevoces.net

Natural da Coruña, de 32 anos.

Paseado na estrada Santiago-A Coruña, quilómetro 56 (Santiago de Compostela) o 2 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: destrución orgánica do cerebro. Enterrado no cemiterio de Boisaca (Santiago).

Máis información en:

Lamela, Luis. 1936, la Cruzada en Compostela. Sada: Ediciós do Castro, 2005. Páx. 191.

Natural e veciño da Coruña. Estudante de 19 anos.

Estaba próximo a casar con Bélgica García García, irmá dos socialistas coruñeses coñecidos como os “de la lejía”.

Foi paseado en Rega-Suevos (Arteixo) o 26 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Suevos.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.
Fernández, Carlos. Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Sada: Ediciós do Castro, 2000.

Natural e veciño de Cee, de 26 anos.

Empregado da Fábrica de Carburos Metálicos de Cee e afiliado á UGT. Participou nunha reunión de militantes de esquerda de Cee para artellar a resposta ao levantamento militar, e deseguido fíxose un mitin no que foi o orador principal. Foi detido o 23 de agosto de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Fernández, Carlos. Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Sada: Ediciós do Castro, 2000.

Natural de Oleiros, de 20 anos.

Vítima da represión franquista en León. Morreu o 1 de febreiro de 1938.

Máis información en:

Álvarez Oblanca, Wenceslao; Serrano, Secundino. La guerra civil en León. León: Edilesa, 2009. Páx. 292.

Natural e veciño de Betanzos. Labrego de 46 anos.

Afiliado á CNT. Fuxido durante case toda a guerra, entregouse despois de que prenderan a súa muller.

Xulgado na Coruña por rebelión en 1939, foi condenado a 20 anos de prisión. A súa muller, Carmen Romay Cortés, tamén condenada, estivo presa no Penal del Dueso.

Morreu na Prisión Provincial da Coruña o 16 de xaneiro de 1942.

Máis información en:

Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 247.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 311.

Natural e veciño da Coruña. Estibador de 25 anos.

Militante da Sección de Carboneros do Sindicato de Industria Pesquera da CNT da Coruña. Acusado de patrullar con armas nos días do golpe militar, foi condenado a cadea perpetua e levárono a cumprir a sentenza ao Penal de San Cristóbal.

Morreu na fuga do Penal de San Cristobal (Pamplona) o 22 de maio de 1938.

Máis información en:

Alforja, Iñaki; Sierra, Félix. Fuerte de San Cristóbal, 1938 : la gran fuga de las cárceles franquistas : testimonios y documentos. Pamplona : Pamiela, 2005.

Albanel de 24 anos. Veciño da Coruña.

Afiliado á Sección de Albañiles do Sindicato Único del Ramo de la Construcción (CNT) da Coruña. Implicado na reconstrución clandestina dos grupos anarquistas coruñeses, permaneceu agochado no barrio das Atochas, ata que foi descuberto xunto con outros militantes.

Morreu nunha operación de castigo e limpeza na rúa Atocha Alta nº 55 da Coruña o 10 de xullo de 1937, a carón da muller que lle daba hospedaxe, Alicia Dorado, e o anarquista greco-arxentino Antonio Fournerakis. Causa de morte, segundo o rexistro civil: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420.

Natural de Vixoi (Bergondo). Labrego.

Guerrilleiro, foi xefe militar do Destacamento Santiago Álvarez e responsábel político do Destacamento Enrique Lister da IVª Agrupación do Ejército Guerrillero de Galicia. Afiliado ao PCE.

Morreu nun enfrontamento armado da guerrilla coa Garda Civil, perto do seu lugar de nacemento en Vixoi, o  5 de decembro de 1950.

Máis información en:

Redondo Abal, Francisco Xavier. Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro, 2006.
Heine, H. A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Edicións Xerais, 1980.
Máiz, Bernardo. Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais, 1988. Páxs. 166, 184).

Natural e veciño de Betanzos. Camareiro de 31 anos.

Membro do Sindicato de Profesiones Varias (CNT) de Betanzos. Estivera emigrado na Habana. Vendedor e correspondente de prensa obreira naquela vila. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado en A Naveira (Curtis) o 15 de agosto de 1936, xunto co seu compañeiro de sindicato José Rilo Garabal. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia. Enterrado no cemiterio de Santalla (Curtis).

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 311.

Naceu na Coruña. Oficial de Correos de 40 anos.

Becario do Concello da Coruña para levar a cabo os estudos da carreira mercantil. Vicesecretario do Colegio Oficial de Titulados Mercantiles de León en 1935. Pai do xornalista coruñés Orestes Vara Calzada.

Morreu en León, vítima da represión franquista, o 21 de novembro de 1936.

Máis información en:

Álvarez Oblanca, Wenceslao; Serrano, Secundino. La guerra civil en León. León: Edilesa, 2009. Páx. 292.

Natural e veciña da Coruña. Empacadora de peixe de 74 anos.

Militante da Sección de Empaque y Descarga do Sindicato de Industria Pesquera (CNT) de A Coruña. Moi activa na delongada folga declarada por esta Sección en 1935.

Foi paseada na Coruña o 14 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: shock traumático.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 137.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páx. 72.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. “Unha achega á represión franquista contra as mulleres libertarias na Galiza” in Unión Libre. Sada: Ediciós do Castro, 2006. Nº 11. Páxs. 75-87.

Natural de Anceis (Cambre). Xornaleiro de 24 anos. Veciño de Altamira (Cambre).

En xaneiro de 1934 foi xulgado por un Tribunal de Urxencia, acusado de sedición polos sucesos de outubro daquel ano. Encausado por integrar un grupo de paisanos que fixeron resistencia ao golpe militar na zona de Sueiro.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 25 de xaneiro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 476.
Causa 333/36 A Coruña.

Tipógrafo de 25 anos. Veciño da Coruña.

Afiliado á CNT e administrador do periódico anarquista Brazo y Cerebro. Despois do golpe de estado, participou nas tarefas de reorganización da FAI na Coruña, até a súa detención acusado de deserción. A súa nai, Aurora Miguélez, escondeu a Fournerakis e fixo de enlace con membros da FAI en Ferrol e Pontedeume.

Foi paseado no Campo da Rata (A Coruña) o 13 de xullo de 1937, xunto a Alejandro Delgado e José González. A súa morte estivo enmarcada na caída da rede clandestina de anarquistas no barrio das Atochas da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 38, 75, 252.

Naceu na Coruña. Labrego de 46 anos. Veciño de Pelúgano-Aller (Asturias), casado.

Executado en Oviedo o 29 de xullo de 1938. Enterrado na Fosa Común de Oviedo.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

http://humano.ya.com/fosaoviedo/1938-d.htm

Membro da guerrilla. Actuaba na zona das Mariñas.

Morreu nun enfrontamento armado da guerrilla coa Garda Civil en Ledoño (Culleredo) o 3 de marzo de 1950.

Máis información en:

Heine, Hartmut. A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Edicións Xerais, 1980.
Redondo Abal, Francisco Xavier. Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro, 2006.

Naceu na Coruña. Veciño de Churío (Irixoa), de 24 anos.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de decembro de 1936. Enterrado no Cemiterio Municipal da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 139.
Fernández, Carlos. Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Sada: Ediciós do Castro, 2000.

Naceu na Coruña. Veciño de Bens, de 26 anos.

Paseado na Coruña o 21 de setembro de 1937. A causa da morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral por disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Naceu na Coruña. Electricista de 23 anos.

Antigo lexionario. Executado na Coruña o 16 de xuño de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas sufridas ao ser pasado polas armas en cumprimento de sentenza. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 141.

Natural de Monforte de Lemos. Barbeiro de 22 anos. Veciño da Coruña.

Colaborador do xornal coruñés El Eco Deportivo. Soldado voluntario en 1935 destinado na Coruña. Detido en Monforte ao se producir o golpe, mentres estaba de permiso. É liberado e incorpórase ao exército faccioso, combatendo en Asturias. Detido a consecuencia duns escritos contra a sublevación mentres se atopaba ferido no hospital.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 10 de maio de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.
Vázquez Carril, Faustino; Grandío Seoane, Emilio. Las columnas gallegas hacia Oviedo. Diario bélico de la guerra civil española (1936-1937). Baiona: NigraTrea, 2011.

Natural e veciño da Coruña. Varredor municipal de 27 anos.

Secretario do Sindicato de Empleados y Obreros Municipales da Coruña. Afiliado á CNT.

Foi paseado o 29 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: morte rexistrada na Coruña a causa de ataque de uremia. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 421.

Natural e veciño de Betanzos. Xornaleiro de 19 anos.

Membro do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos. Afiliado á CNT.

Desaparecido. Semella que foi paseado en Osedo (Sada) o 22 de setembro de 1936.

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 313.

Naceu na Coruña. Garda urbano de 36 anos. Veciño de Tudela Veguín (Asturias).

Executado en Oviedo o 1 de abril de 1938. Está enterrado na Fosa Común de Oviedo.

Máis información en:

www.todoslosnombres.es

http://humano.ya.com/fosaoviedo/1938-b.htm

Natural de Vigo. Peón de 42 anos. Veciño da Coruña.

Directivo do Sindicato de Oficios Varios da Coruña. Afiliado á CNT.

Paseado na Coruña. A súa morte rexístrase no Hospital Municipal da Coruña o 8 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 135.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 419.

Naceu na Coruña. Zapateiro de 48 anos. Veciño de Limodre (Fene).

Unha filla chamábase Progreso e o seu fillo, Fernando Vázquez Ventureira, foi asasinado o mesmo día ca el.

Paseado en Ferrol pola  “Fuerza Pública”, apareceu morto no cemiterio de Serantes o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: ferida de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Serantes.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 261.

Zapateiro de 30 anos. Veciño da Coruña.

Secretario do Sindicato de Zapateros Mecánicos e redactor do periódico anarquista Brazo y Cerebro. Afiliado á CNT e á FAI.

Foi paseado na Coruña o 1 de decembro de 1937. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: feridas por arma de fogo. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Pax. 420.

Natural e veciño de Oleiros. Xornaleiro de 54 anos.

Paseado en Cecebre (Cambre) o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte, segundo o Rexistro civil foi: shock traumático. Enterrado no cemiterio de Cecebre.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Natural e veciño da Coruña. Barbeiro de 38 anos.

Vogal de Germinal e membro do Liceo de Artesáns de Oza. Tivo unha destacada participación nos Comités Pro-Presos da CNT coruñesa. Dende finais dos anos 20 amosouse moi activo na reivindicación de melloras para o barrio de Monelos, onde residía. Afiliado á CNT. Tras a súa morte, a viúva e os fillos deberon emigrar á Arxentina; a súa irmá Elisa foi condenada a 20 anos de reclusión por participar en actividades clandestinas para reorganizar a FAI

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi fusilado no Campo da Rata (A Coruña) o 11 de novembro de 1936. O seu fillo Floreal, de 11 anos, presenciou a execución. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 138
Pererira, Dionísio. Sindicalistas e rebeldes. Anacos da historia do movemento obreiro na Galiza. Vigo, A Nosa Terra, 1998. Páx. 165.

Naceu na Coruña. Ferreiro de 19 anos. Veciño de Fene.

Asasinado ao carón do seu pai, Fernando Vazquez López.

Foi paseado pola “Fuerza Pública” no cemiterio de Serantes (Ferrol) o 22 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: ferida de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Serantes.

Máis información en:

Suárez, Xosé Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 261.

Natural de Buenos Aires. Labrego de 23 anos. Veciño de Betanzos.

Do Sindicato de Profesiones Varias (CNT) de Betanzos. Encarcerado despois do golpe militar e procesado co seu pai Andrés Veiga Rey, que foi condenado a unha pena de doce anos e un día prisión.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia  nas inmediacións do Polvorín de Adormideiras ás 6 horas do 18 de novembro de 1938. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna por disparos de arma de fogo ao ser executado. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 145.
Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 314.

Naceu en Betanzos o 26 de setembro de 1911. Labrego. Veciño de San Pedro das Viñas (Betanzos).

Militante do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos. Logo do golpe militar, desertou da Armada. Afiliado á CNT e ao PCE.

Paseado na estrada Santiago-A Coruña, Leiro (Ordes), o 28 de agosto de 1936.  Rexistrado morto en Ordes a causa de destrozo cranial producido por disparo de arma de fogo. Inscrito inicialmente como descoñecido, foi identificado en 1941

Máis información en:

Torres Regueiro, Xesús. “1936-1939: As vítimas betanceiras da represión”, in Anuario Brigantino. Betanzos, 2006. Nº 29. Páx. 315.

Natural de Ferrol. Militar de 23 anos.

Cabo habilitado para sarxento da Lexión. Na guerra estivo combatendo na fronte de Madrid. Detido por participar na tentativa de fuxida da motora Sisargas, en febreiro de 1937.

Xulgado na Coruña por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Campo da Rata (A Coruña) ás 5 horas do 11 de xullo de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Causa 291/37. A Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 142.

Natural de Piadela (Betanzos). Militar de 24 anos. Veciño de Betanzos.

Fogueiro do bou armado Ciriza.

Xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a pena de morte, foi executado no Arsenal de Ferrol o 20 de decembro de 1936. Enterrado no cemiterio de Serantes.

Máis información en:

Suárez, Manuel. Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol: Concello de Ferrol, 2002. Páx. 269

Natural e veciño da Coruña. Panadeiro de 33 anos.

Directivo do Sindicato de Panaderos (CNT) e militante da FAI. Participou na insurrección promovida pola CNT en decembro de 1933, sendo xulgado e condenado a 20 anos de prisión, dos que foi amnistiado na Fronte Popular. Tras o golpe militar, moi activo na resistencia en San Pedro de Nós (Oleiros). Foi detido na fuxida do Portiño, en marzo de 1937.

Xulgado na Coruña e condenado a pena de morte foi executado en Punta Herminia (A Coruña) o 9 de outubro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 143.
Fernández, Eliseo (ed.). A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páx. 194, 195.

Natural e veciño de Abegondo, de 50 anos.

Afiliado á Sociedade agraria a Armonía Campesina de Mabegondo.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 22 de febreiro, de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.

Natural e veciño na Coruña. Xuíz de 32 anos.

Titulado en Dereito. Xuíz Municipal da Coruña. Membro das Juventudes de Izquierda Republicana. Exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Morreu na cadea por tuberculose en decembro do 1939.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páxs. 26, 102.

Natural de Viós (Abegondo). Labrego de 56 anos. Veciño de Lubre (Bergondo).

Foi paseado na estrada de Alvedro ao Burgo (Culleredo) o 19 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia menínxea. Enterrado no cemiterio de Almeiras (Culleredo).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 154.
Pereira Martínez, Carlos. “A Represión en Culleredo, unha aproximación inicial” in A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 470.

Vendedor ambulante de xornais e libros de 50 anos. Vivía no Campo de Artillaría da Coruña.

Foi paseado en Bastiagueiro-Liáns (Oleiros) o 24 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio de Perillo (Oleiros).

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 156.

Naceu en Santiago de Compostela. Carpinteiro de  40 anos. Veciño da Coruña.

Relevante cadro anarcosindicalista galego. De orixe compostelá, militou dende moi novo na súa cidade natal, Vigo e A Coruña. Foi secretario da Confederación Regional Galaica da CNT e director do seu voceiro semanal Solidaridad Obrera. Socio de Germinal. Na Fronte Popular traballaba como listeiro nas obras da nova Estación do camiño de ferro, integrado no Sindicato de Oficios Varios (CNT) da Coruña. Detido despois do golpe militar e confinado na Prisión Provincial, non chegou a ser xulgado e foi asasinado logo de rexeitar a xefatura dos sindicatos falanxistas, que comezaban a formarse.

Foi paseado. O seu corpo apareceu en Campos de Sabón, Oseiro (Arteixo), o 25 de setembro de 1936. No Rexistro civil figura como causa da súa morte: hemorraxia interna. Foi enterrado no cemiterio de Oseiro e posteriormente trasladado ao cemiterio civil da Coruña pola súa familia.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 150.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. O Movemento libertario en Galiza : (1936-1976). Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 10, 19, 23, 73, 160, 220, 249, 294.
Pereira, Dionísio. Sindicalistas e rebeldes. Anacos da historia do movemento obreiro na Galiza, Vigo, A Nosa Terra, 1998, páx. 35 e ss.

Naceu en Xerdiz (Ourol) en 1905. Veciño de Lugo.

Fora Garda de Asalto e na posguerra rexentaba un bar en Lugo. Incorporouse á loita clandestina no PCE e tamén na guerrilla, proporcionando armas aos combatentes. Afiliado ao PCE.

Foi detido en febreiro de 1946. Xulgado e executado a garrote vil na Prisión Provincial da Coruña o 21 de setembro de 1946.

Máis información en:

Heine, H. A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Edicións Xerais, 1980.
Redondo Abal, Francisco Xavier. Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965). Sada: Ediciós do Castro, 2006.

Veciño da Coruña. Morte rexistrada na Coruña o 22 de xullo de 1936 como consecuencia dunha confrontación armada. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Veciño da Coruña. A súa morte rexístrase na Coruña o 22 de xullo de 1936 como consecuencia dunha confrontación armada. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: perda de substancia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

De 50 anos. Paseado. O seu cadáver apareceu no mar, xunto ao Campo da Rata, Adormideiras (A Coruña) o 8 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: asfixia por submersión. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Paseado na praia do porto de San Pedro de Visma (A Coruña) o 1 de abril de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

De 35 anos. Paseado en Bordeiras-Pastoriza (Arteixo) o 12 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: destrución de cerebro. Enterrado no cemiterio de Pastoriza (Arteixo).

Máis información en:

www.nomesevoces.net

De 28 anos. Paseado en Veira-Herves (Carral) o 14 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: tres feridas de pistola. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Paseado en Montrove-Liáns (Oleiros) o 4 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Liáns.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Paseado en Raposeira-Liáns (Oleiros) o 15 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de San Pedro de Nós (Oleiros).

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Paseado en Soñeiro (Sada) o 20 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna por disparo de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Soñeiro.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Paseado na estrada de Castelo a Taibo (Sada) o 30 de setembro de 1936. Causa de morte, segundo o rexistro civil: hemorraxia interna cerebral por disparo de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Osedo (Sada).

Máis información en:

www.nomesevoces.net

De 60 anos. Paseado na estrada de Sada-Espírito Santo (Sada) o 5 de outubro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna por disparo de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Soñeiro (Sada).

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Veciño da Coruña. Morto na Coruña a causa dunha confrontación armada o 22 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral traumática. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Veciño da Coruña. Morto na Coruña a causa dunha confrontación armada o 22 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: perda de substancia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Veciño da Coruña.  Morto na Coruña a causa dunha confrontación armada o 22 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Veciño da Coruña.  Morto na Coruña a causa dunha confrontación armada o 22 de xullo de 1936. A caausa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Foi paseado na Coruña o 16 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Foi paseado na Coruña o 28 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna abdominal. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

De 28 anos. Foi paseado na Coruña o 28 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: hemorraxia interna abdominal. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Foi paseado no Campo da Rata (A Coruña) o 16 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Foi paseado na Coruña o 16 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Foi paseado na Coruña o 16 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Foi paseado en Mazaído-Comeanda (A Coruña) o 20 de agosto de 1936. A causa da sú morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Veciño de San Pedro de Visma (A Coruña).

Morreu na Coruña nunha confrontación armada o 22 de xullo de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio da Coruña.

Máis información en:

Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 134.

De 20 anos. Foi paseado nas canteiras de Ribalta (Betanzos) o 28 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o rexistro civil foi: hemorraxia cerebral. Enterrado no cemiterio de Betanzos.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 2 de setembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 5 de setembro de 1936. A causa da súa morte, segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 3 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Veira .

Máis información en:

www.nomesevoces.net

Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 18 de agosto de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro civil foi: disparos de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Veira.

Máis información en:

www.nomesevoces.net