Iniciativa #DefendeMeirás

A Iniciativa Defende Meirás lanza unha campaña para esixir á Xunta que protexa os bens móbeis do Pazo de Meirás baixo o paraugas do BIC

 

Pon ao dispor do movemento memorialístico do país e de toda a cidadanía un modelo de instancia dirixida ao Conselleiro de Cultura para que actúe de maneira urxente diante do risco, que segue vivo, de que os Franco empecen a retirar bens de Meirás.
AO CONSELLEIRO DE CULTURA     Formato Word
AO CONSELLEIRO DE CULTURA     Formato Libre Office
AO CONSELLEIRO DE CULTURA     Formato pdf
Dirixir a instancia ao enderezo electrónico do Conselleiro de Cultura:  conselleiro.cultura.educacion@xunta.gal
Ou entregala físicamente en calquera rexistro oficial, tamén dirixida ao Conselleiro de Cultura (rexistro dos concellos, Deputacións, Xunta de Galicia, etc)