Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Festa Remate da Exposición sobre o comic ‘Compañeiros’ (a fuga do Portiño)

O xoves 3 de xuño, a partir das 20.00 h., no Café Bar ‘El Invernadero’ (Rúa Pensamentos, 10, Barrio das Flores, A Coruña), celebraremos o remate da exposición do comic de Xosé Tomás ‘Compañeiros’, que trata da fuga do 12 de marzo de 1937 do Portiño, onde mataron a doce persoas que tentaban fuxir do terror franquista.

A exposición estivo presente no bar ‘El Invernadero’ durante dúas semanas, e foi moi visitada pola veciñanza do barrio. Daquela cómpre celebrar este feito, e así está prevista a degustación duns pinchos nese sitio e nesa data.

Tamén está prevista a presenza de Pepe Galán, autor do monumento dedicado aos Mártires do Portiño.

Agardámonos vernos todas alí.

 

Localización do Bar ‘El Invernadero’:  PREMER AQUÍ