Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Organizada por Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, do 26 de setembro –luns– ao 8 de octubro –sábado–, poderemos ver no espazo da entrada do Fórum Metropolitano da Coruña  a exposición “Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira de ensoños”.  Subvencionada polo Concello do Barco de Valdeorras e comisariada por Ricardo Gurriarán Rodríguez, a exposición data de 1999 con plena e actual vixencia no seu contido. Consta de vinte e seis paneis sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, a quen este 2022 se lle están dedicando as Letras Galegas. Imaxes e textos conforman un amplo e completo percorrido pola aportación do autor valdeorrés á vida cultural, social e política galegas.

A inauguración será o 27 de setembro, ás 19.30 horas, coa asistencia do comisario da exposición, Ricardo Gurriarán