INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ES PAZO MEIRÁS, VENRES 4 DE DECEMBRO ÁS 11,30 HORAS

Dende a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña, coa colaboración do Concello da Coruña, inauguramos, este VENRES 4 DE DECEMBRO, ÁS 11,30 HORAS, a Exposición [Es] Pazo Meirás, cunhas verbas dos representantes do Concello e da CRMH da Coruña, en concreto, Jesús Javier Celemín, concelleiro de Educación e Memoria Histórica; Xesús Vázquez Conde (Chus), socio fundador da CRMH e Nerea Domínguez, membro do Grupo de Traballo da CRMH. Será no lugar da exposición, no Obelisco da Coruña.

[Es] Pazo Meirás é unha mostra gráfica que explica os diferentes usos do Pazo de Meirás ata estar en mans de Franco, así como o proceso democrático de recuperación. Este proxecto está baseado na documentación do libro de Carlos Babío e Manuel Pérez: Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio; que foi sintetizada e plasmada por membros da CRMH, historiadores, arquitectos, xornalistas, estudantes, entre otros participantes se pode ver no Obelisco da Coruña ata o 19 de decembro.

Foi no mes de setembro de 2020 cando o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimaba a demanda do Estado que condenaba aos herdeiros do ditador a devolver o pazo de Meirás a este último, deixando claro que esta adquisición foi ‘unha venda simulada’ nun contexto de represión. Este proceso de recuperación significa algo máis: o cambio dun relato asentado na falsa legalidade franquista que comezaba fai máis de 80 anos e que agora se pode ver explicado na exposición [Es] Pazo Meirás.

O pazo de Meirás é un exemplo máis de espolio doutros moitos lugares que seguen pertencendo á familia Franco, como a Casa Cornide, na Cidade Vella da Coruña, e que adquiriron por medio de falsas doazóns. Neste exposición da CRMH explicamos como se levou a cabo o proceso de recuperación do Pazo de Meirás facendo fincapé na especial participación da cidadanía, dos historiadores e da presión das institucións.

Redes Sociais:

Instagram: https://www.instagram.com/espazosdamemoria/

Facebook: https://www.facebook.com/EspazosdaMemoria

Twitter: https://twitter.com/EspazosR

[Espazo] Meirás:

https://memoriadacoruna.com/wp-admin/post.php?post=47523&action=edit

 

Visita virtual á historia do Pazo de Meirás:

https://luzes.gal/10/12/2020/politica/visita-virtual-a-historia-do-pazo-de-meiras-3d/