A “nova” lei engloba tamén no concepto de “vítima” aos verdugos, e discrimina ás vítimas da represión franquista en base a unha data (1-1-1968) elixida arbitrariamente. CXT considera que esta lei non vai supor o cambio esperado por anos por vítimas, familiares e organizacións memorialistas, quen ademais non foron consultadas nin tidas en conta para a elaboración da mesma.

CXT continúa afirmando que a lei de Memoria Democrática segue sendo insuficiente e infame para as vítimas do franquismo e os seus familiares