Fala MARUXA SOLIÑO RIVEIRA.

Son filla de Álvaro e Aurelia, nacín o ano 1932 en decembro. Eu aínda recordo un pouco a meu pai. Vivía na rúa de Santiago en Vigo. Meu pai traballaba na limpeza dos tranvías de Vigo, estaba apuntado á UHP (Unión de Hermanos Proletarios). Cando eu tiña case catro anos levoume á Casa del Pueblo, onde estaba o cadaleito dunha rapaza. Viñeron catro rapaces, xoves, levando a caixa envolvida coa fouce e o martelo na bandeira republicana, que non facía dano a ninguén. Tiña as súas ideas como a toda a xente.

O que dicía el sempre, por que os ricos tiñan de todo e os pobres tiñan que carecer de tantas cousas. Os conserveiros, toda aquela xente que vivía ben, mentres os pobres non tiñan nin que comer.

Recordo que aínda non tiña catro anos e levoume a unha manifestación vestida toda de encarnado. A min gostábame moito cantar. E dicíame: “Maruxiña, canta”. “Que viva Lenín, que viva Carlos Marx, que viva la primera internacional”. Eu cantaba, mais sempre me dicía: “E ti miña neniña, como te acordas, miña filliña?”

Pois si que me acordei sempre, quedoume na cabeza gravada.

Cando chegou o alzamento nacional deste señor, dixeron que toda esta xente que non tivese delitos de sangue que fora ao seu traballo tranquilamente. Porque claro, os que tiñan os delitos de sangue eran eles mesmos. E el, que non tiña delito ningún, cos seus compañeiros foron traballar, e xa non volveron nunca máis.

Metéronos no cuartel da Garda Civil de Vigo e estivo catro días, e xa non o volvemos ver endexamais. Foi miña nai nunha mañá levarlle o almorzo e levoume a min con ela, e dixéronlle que Álvaro Soliño Arauxo fora dar unha declaración a Pontevedra e que xa non lle facía falla. O que pasara foi que o fusilaron ás seis da mañá. Cando miña nai se decatou, volveuse tola na porta e quixeron tamén fusilala, levábame a min collida da man.

Miña nai naquel tempo tiña moito medo, dicía: “Estamos tranquiliños, aínda que pasemos fame non importa, filliña”. Eu non puiden ir á escola. Só fun dos oito aos dez anos. Tiven que traballar con miña nai para podermos comer, podermos sobrevivir naqueles tempos. Pasei moita fame.

Ouviches? Que eu son comunista, porque levo as raíces de meu pai dentro.

E estou moi orgullosa de selo, ouviches? Porque a min góstame que todo sexa repartido. Non sei o que significa para algunha xente ser comunista; sermos comunistas é compartir as cousas e ser persoas, como dicía este paisano noso Carlos Taibo, non é dicir aquí estou, non, é o traballo para que o mundo sexa máis xusto e mellor. Ouviches?, éche isto, compañeiro.

Meu pai está enterrado en Tui en Santa María de Tebra nunha fosa común. A min gustaríame antes de morrer, vou facer setenta e seis anos, se chego a decembro, traer os restos de meu pai para aquí para Barcelona.

Eu fun con miña nai, con todas as viúvas, e no cemiterio, que agora xa non sei como está, puxéronlle unha rama de pirixel.
Os seus nomes non están, que é unha fosa común. Eu fun a Santa María de Tebra, levoume o meu sobriño. Cada vez que me acordo pónseme a carne de galiña.

“Álvaro Soliño Arauxo murió por disparo de arma de fuego a la edad de 36 años”. Así pon o certificado de defunción.

Pregúntasme que penso diso da Memoria Histórica? Mira, meu filliño, éche unha ferida que non cerra, que endexamais na vida ha pechar, mentres non se reivindique o único que tiñamos: A dignidade da xente que morreu polas súas ideas, porque non fixeron dano a ninguén, nada mais que por pensar diferente. Eu estou moi resentida.

Eles viñeron e levaron por diante aos que quixeron, e matáronos. E a miña nai dixéronlle: “Así que ti es a muller de Soliño? Díxolle o Rabioso. “Son, si señor”- contestoulle ela. “Júntate a los buenos y serás uno de ellos. Júntate a los malos y serás otro tanto”. Iso foi o que lle dixo o Rabioso a miña nai. Iso é o que non se vai do meu pensamento. E fíxenlles unha poesía para todos os que morreron asasinados:

Verdad, Dignidad y Libertad

Queremos que nos devuelvan
La Verdad y la Dignidad
De nuestro seres queridos.
Son muchos años
De ausencia,
De sentimientos perdidos,
De vidas que no
Se cierran,
de venganzas y terrorismo
Que nos trajo la derecha
Estas son las dos Españas:
El recuerdo y el olvido;
Nos faltan nuestras raíces
De las que tanto hemos querido.
Nos quitaron la niñez,
El tiempo lo hemos
Perdido,
Por culpa de aquella guerra
Quedaron muchos rencores;
Pero quedan los errores
De los que hoy todavía
Se creen los vencedores.
Los que fueron vencidos
se quedaron enterrados
en la niebla del olvido.
Cuántos dejaron la vida
En el “valle de los caídos”
Donde aquel vencedor
Asesino, dictador,
A la hora de morir
fue enterrado con honor.
Que sepa la juventud
Que no valen los honores,
Que valen más los valores
Que otros nos han dejado.
Acordaos del pasado,
No caigáis en el olvido
Para que no haya jamás
Ni vencedores ni vencidos.
Que lo más grande que hay
Dignidad y libertad
Por lo que ellos lucharon,
Libertad y libertad
La herencia que nos dejaron.

Testemuña recollida por Anxo Ferreiro Currás.

ÁLVARO SOLIÑO ARAÚXO foi fusilado en Vigo no mes de outubro de 1936. Coñecín a Maruxa Soliño Riveira cando celebramos o 25º aniversario de CPS (Cristianos por el Socialismo). Ela viña no grupo de Cornellá de Barcelona onde desenrolara o apostolado Juan N. García-Nieto, un dos fundadores do CPS en España. Esta muller deixoume gratamente impresionado polas súas intervencións na asemblea, cheas de experiencia dunha muller curtida no traballo, por sacar adiante unha familia, loitadora no barrio e unha galega enraizada en Catalunya. Mais isto non tería maior importancia que unha participante máis nestas xornadas de CPS, iso si, coa mente ben clara de “cristiá no Partido (PC) e comunista na Igrexa”, e con facilidade para a lírica, como se verá á fin. Emporiso, o que si ten importancia é que se trata da filla dunha vítima do franquismo en Vigo (Galiza). Nas xornadas do 2008, ao sabermos tal acontecemento, pedinlle que me contara todo o que lembrara de seu pai, e comezou a falarme arreo sen parar. Todo isto tíñao eu gardado para publicalo no libro dos curas republicanos, e xa non puiden agardar máis. Velaí, xa que logo, a testemuña da filla dunha vítima do franquismo.