Este poema é unha modesta homenaxe á memoria de todas as mestras e mestres republicanos que tiveron fe cega no poder da educación e a cultura como arma transformadora da sociedade.

A MESTRA

Eu tiña unha mestra republicana.
Chamábase María.
Amaba a vida.
Amaba, como Machado, os días azuis
e o sol da infancia.
E a herba verde.
E a neve branca.

Ensinábanos cancións.
Contábanos contos.
Compartía connosco o seu pan e a súa risa.
Gustábanlle os paxaros,
os almendros en flor,
as estrelas fugaces.

Adoraba a poesía:
A de Lorca, a de Góngora, a de Santa Teresa.
Tiña fe cega no poder infinito
das palabras.

Escribíaas na lousa,
con letra clara:
Palabras como xustiza.
Palabras como soños.
Palabras como liberdade.
Palabras fermosas e máxicas.

Eu tiña unha mestra xovial, boa, valente.
Eu tiña unha mestra republicana.
Desapareceu despois da guerra.