Quixeron borrarvos da fase da Historia
Quixeron con vos anular a memoria
Ilusos noxentos, homes feitos de cartón
Asasinos funestos, bonecos desa sen razón
Pensando que a historia xa así remataba
Miserentos, malditos, só escomezaba.

Nin pistolas, nin escopetas, nin canóns, nin metralletas
Son quen de acalar o falar das voces honestas
Que defenden xustiza, amor e honradeza
Voces xusticieiras, saen da entrana da terra
Coas verbas limpas, sen sangue nas máns
Reclamando xustiza para seus irmáns.

Inda quedan homes xustos, honestos, seguros
Os inxustos malditos, caerán de maduros
Froitas velenosas, que caerán no chán
Sen sosten que os ature ¡pagarán, pagarán!
Feriron as carnes das mellores xentes
Amparados nas hostes, capital fascistas.

Mais xa está o tempo, que verdade dirá
Nos que sen dúbida algunha a luz brilará
Poñendo ós malditos o recado da lei
A que transgrediron, inda non se di
Pero as xentes xustas, esíxeno xa
O reloxo do tempo xa non parará.

¡Co dedo os sinalo, eses asasinos teñen que pagar!