O programa de Memoria Democrática incluído nos novos orzamentos prevé aumentar as intervencións en fosas comúns respecto de 2022, ao pasar de 1.000 corpos localizados a 1.200 e de 800 corpos exhumados a 1.000

Os novos orzamentos prevén 13 millóns para desenvolver a Lei de Memoria    LAOPINIONCORUNA.ES

 

O Goberno disponse a aplicar a Lei de Memoria, unha vez que estea en vigor, o que implica, segundo o ministro Bolaños, as exhumaciones do xeneral golpista, instigador de miles de asasinatos, e do fundador de Falanxe, convertido nun mito franquista

Días contados para Queipo de Llano e Primo de Rivera     PUBLICO.ES

 

O Senado tramitou finalmente a nova Lei de Memoria Democrática. Pero segundo salienta Emilio Silva no programa A Cafetera de Radiocable.com «non termina de recoller o sentir das vítimas, nin as esixencias que fixo a ONU ao goberno español»

“A Lei de Memoria Democrática é unha goleada da impunidade”     RADIOCABLE.COM

 

A organización anarcosindicalista denunciou hai meses que esta lei é insuficiente e infame para vítimas e familiares do terror franquista. CXT considera que a actitude do Estado segue sendo de covardía porque non aborda os feitos como aconteceron nin as súas verdadeiras consecuencias para millóns de persoas

CXT lamenta que o Goberno consinta unha lei memorialista que non investiga nin aclara episodios moi escuros da ditadura e a transición españolas     TERCERAINFORMACION.ES