Roteiro pola Memoria Antifranquista de Valdeorras

O póximo día 15 de Outubro a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) en colaboración co Ateneo Republicano de Valdeorras (ARV) fará un ROTEIRO POLA MEMORIA ANTIFRANQUISTA DE VALDEORRAS.

Partiremos no bus as 8,45 da mañá dende Catro Camiños, fronte a Igrexa de San Pedro de Mezonzo, con chegada a O Barco as 11,30 h, onde recolleremos a compañeirxs do ARV. Faremos un roteiro por polos lugares sinificativos da memoria dos asesiñados polo franquismo finalizando no monumento xs represaliadxs coa colocación dun ramo de honra. Cada parada será comentada e historiada por compañeiros de ARV, historiadores e veciños. Despois da comida ( custo aproximado 13/15 euros) faremos unha visita a bodega Alan do Val con cata de viños e merenda de confraternización, e posterior retorno con saida do Barco sobre as 19-20 h.

Anotaránse por estricta orde cronolóxica de anotamento ás persoas que desexen participar neste evento, para tentar de xuntar, alomenos, 20 persoas para o bús. De non conseguir nun prazo razoable este número de inscritxs, a viaxe será en coches particulares. O transporte en bus corre pola conta da CRMH da Coruña, así como, se así fóse, unha parte do custe do desprazamento en coches particulares.

PARA ANOTARSE NO ROTEIRO:

CONTACTO TELEFÓNO: 698 16 51 22, Emilio

CONTACTO POR CORREO ELECTRÓNICO: escribindo a crmhacoruna@gmail.com