A Asociación

souto2011

O memorial Mortos do Portiño é obra de Pepe Galán, que empregou LED, aluminio, cumbo e aceiro cortén. Na imaxe: Fernando Souto, presidente da CRMH. Foto: La Voz de Galicia.

Os primeiros pasos démolos no ano 2004 (a primeira xuntanza foi o 9 de novembro, ás 20 h no local Portas Ártabras, convocados por Manuel Monge, mediante unha chamamento nos medios de comunicación locais). En 2005 aprobamos os estatutos, tras varias asembleas moi participativas e rexistramos a asociación na Consellería de Interior, Xustiza…

Preparáronse e redactáronse os estatutos da asociación, nunha proposta preparada por Xosé Manuel Carril. Despois de diversas discusións en asemblea de socias e socios para conseguir o máximo consenso, aprobarónse. Nomeouse unha xunta directiva e legalizáronse os estatutos o día 17 de outono de 2005.

 

Na actualidade a xunta directiva conta cos seguintes membros:

Presidente: Fernando Souto Suárez
Secretario: Xosé Manuel Pazos
Tesoureira: Guillermina Gómez Barreiro
Vogais: Xesús Díaz Díaz, Antía Paz Cabezas, Antía Rocha Correa, Sonia Sainz Suárez, Vitoria Mejuto Vilas, Miguel Anxo Casal Vigo, Rubén Afonso Lobato e Ramón Isasi Méndez

Obxectivos

campo-da-rata

Memorial no Campo da Rata (A Coruña). Obra de Isaac Díaz Pardo no ano 2001 para honrar os fusilados no ano 36, con poemas de Federico García Lorca e Uxío Carré Alvarellos. Fotografía: Blog do barrio de Monte Alto.

Esta asociación ten como fins os que se indican deseguido:

  1. Recuperar a memoria histórica da Galiza, porque non pode entenderse o presente e construír o futuro se ignoramos o noso pasado.
  2. Recuperar e divulgar a memoria histórica de todos aqueles cidadáns galegos, homes e mulleres de moi diversas ideoloxías (en todo caso leais ao réxime constitucional da II República, ás liberdades democráticas vixentes naquel momento e ao Estatuto de Autonomía de Galiza), que, tras o levantamento militar antidemocrático e inconstitucional de 1936, foron asasinados, pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista, foron perseguidos e encarcerados até o exterminio ou tiveron que padecer a emigración e o exilio ―tamén na propia terra―, mesmo continuándose nel, nalgúns casos, a loita polo restabelecemento das liberdades do pobo galego e pola reconstrución dun réxime democrático na Galiza.
  3. Coordinar, dar pulo e axudar no traballo de cantas persoas e entida­des, tanto públicas como privadas, realicen actividades encamiñadas á recuperación da memoria histórica da loita galega antifascista, en xeral, e antifranquista, en particular.

Normativa

Memorial_vitimas

Memorial na avenida de Navarra (A Coruña). O conxunto recolle os nomes de máis de 600 persoas asasinadas na Coruña pola represión franquista. Inaugurouse no 2010, entre a Torre de Hércules e o antigo cárcere. Moi preto do mar.