Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

11
Mai
2010
Un documental lembra os 20 represaliados do Portiño

Un documental lembra os 20 represaliados do Portiño

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Daniel Prieto para "Xornal de Galicia"   
O filme lembra o intento de fuxida en 1937 duns 50 homes.

Un documental lembra os 20 represaliados do Portiño


A Comisión da Memoria prevé erixir “este ano” un monolito ás vítimas do franquismo da Coruña.




Dolores García, "Lolecha"


O litoral coruñés foi escenario durante os primeiros tempos da Guerra Civil dunha evasión frustrada por mar que rematou en traxedia. O 3 de marzo de 1937, uns 50 homes tentaron escapar desde O Portiño das gadoupas do franquismo en dous barcos, o Generoso e o José Linares, que nunca chegaron a saír do peirao da Coruña. Aqueles homes pretendían alcanzar a fronte republicana e Francia. Algúns morreron esa mesma noite asasinados ou afogados, e outros foron fusilados sete meses despois no Campo da Rata. En total, faleceron 20. Onte, 73 anos despois, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) presentou un documental sobre eses feitos para honrar a memoria dos represaliados.



“Debemos saldar a a débeda cos mortos do Portiño, vítimas da represión franquista na ditadura e durante a democracia, porque tamén foron vítimas do silencio”, sinalou Manuel Monge, presidente da CRMH. Despois de inaugurar o ano pasado un monumento en memoria desas vítimas, e de impulsar a publicación de diversas publicacións sobre o acontecido aquela noite, a entidade presentará hoxe oficialmente o documental sobre eses feitos, que se exhibirá de balde ás 20.00 horas no centro cívico de San Pedro de Visma. Ademais, poderase ver na páxina web do organismo, en www.memoriadacoruna.com.

A fuxida do Portiño, dirixido por Jorge Gil, “é unha homenaxe a todos aqueles que loitaron pola liberdade”, sinalou a concelleira de Cultura do Concello da Coruña, María Xosé Bravo, que participou na presentación do documental xunto ao seu produtor, Domingo Díaz e ao secretario da CRMH, Fernando Souto. “Debemos lembrar aqueles anos terribles da longa noite de pedra para non cometer os mesmos erros”, engadiu Bravo, que aludiu ás “dificultades” que xorden á hora de “dar luz” ás vítimas da represión franquista . Ademais, a edil enxalzou o traballo realizado pola CRMH e polo director do documental, a quen definiu como “unha persoa moi comprometida coa recuperación da memoria histórica”.

Nesa mesma liña, Domingo Díaz gabou o labor “de difusión” realizado pola entidade coruñesa. “No meu sector sempre defendo as obras audiovisuais como un método de chegar a máis xente”, sinalou.


Difusión en Centros Educativos


Por outra banda, Manuel Monge anunciou que a entidade que preside porá a disposición de todos os centros educativos da cidade os traballos de investigación efectuados para elaborar o documental. Na súa opinión, trátase dun material “moi útil” para coñecer a historia de España. “Cremos que pode axudar a entender o que pasou”, sinalou Monge, que salientou o “gran interese” que suscitou a proxección do documental entre os alumnos de varios centros de Secundaria.

Ademais, o presidente da CRMH pediu colaboración cidadá para ampliar a lista definitiva das vítimas do franquismo na comarca coruñesa, que na actualidade recolle uns 600 nomes e que se ampliará coas 20 vítimas do Portiño. A entidade construirá un monolito na cidade que lucirá ese listado. Monge sinalou que a súa inauguración “prevese para este ano”, malia que a comisión aínda non conta cun emprazamento definitivo onde colocalo.

O documental A fuxida do Portiño únese así ao libro do mesmo título elaborado polos historiadores Dionisio Pereira, Eliseo Fernández, Emilio Grandío e Carlos Velasco, da Editorial A Nosa Terra; e ao cómic Compañeiros, de Xosé Tomás, que recrean o mesmo episodio.

Aqueles partidarios da legalidade republicana, que tentaron fuxir do cárcere ou dunha morte segura vía marítima, eran na súa maioría traballadores, algúns vinculados ao socialismo e ao anarquismo, que non superaban os 25 anos.




 
Xoves, 09 Setembro 2010
Videocanle da CHRMdC en VimeoGalería de imaxes en  PicasaFaciana Google da CRMHdCSindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización
Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
Unha historia da insurxencia libertaria contra o franquismo

"Insurxencia libertaria" repasa a traxectoria de Defensa Interior e o Grupo Primeiro de Maio, que nos 60 loitaron contra o franquismo mediante a acción directa e armada.





A pesar da dispersión da militancia libertaria tras 1939, o movemento libertario mantivo no exilio o pulso das súas organizacións, aínda que cun pesado lastre de enfrontamentos internos.  Neste contexto, e tras o declive das tentativas guerrilleiras de Sabaté e Facerías, algúns mozos crecidos no exilio e outros chegados do interior, coa axuda de certos veteranos, buscaban un novo marco para o movemento libertario: fortalecer a creación de grupos na Península e priorizar a acción directa como instrumento para minar o Estado fascista. Así nacería Defensa Interior, organismo destinado a levar a cabo acciones armadas, aprobado en 1961 pola CNT, e que prometía unha nova etapa que recuperaría o sentido e o protagonismo da acción libertaria. Militantes de Mocidades Libertarias como os irmáns Gurucharri ou Octavio Alberola, e vellos loitadores do calibre de García Oliver ou Cipriano Mera apostaron honestamente polo DEI; mentres a dirección cenetista o saboteaba de maneira sistemática. A pesar diso, entre 1962 e 1970 levaron a cabo unha cincuentena de accións que, despois da supresión formal do DEI en 1965,  foron continuadas polas Mocidades Libertarias e o Grupo Primeiro de Maio. Entre estas accións atópanse o secuestro do delegado español no Vaticano monseñor Marcos Ussía, e varios plans frustrados contra o ditador Francisco Franco.


O rexeitamento crecente da dirección do Movemento Libertario, en mans de persoas como Federi­ca Montseny ou Germinal Esgleas, as execucións de Delgado e Granadeiros, as de­ten­ciones de importantes a miña­­litantes no interior e as propias redadas das autoridades francesas contra os sectores máis activos do exilio acabarían por asfixiar esta vía. Frustráronse así as ilusións dunha nova xeración de libertarios que, mentres fracasaba o intento de renovar e relanzar as organizacións históricas do anarquismo ibérico, atopaban nos movementos ao redor dos que se fraguou o Maio do 68 e no contacto con outros mozos anarquistas europeos a posibilidade dunha acción revolucionaria á marxe das vellas estruturas.


Salvador Gurucharri Ochoa (Barcelona, 1936) ingresou na sección londiniense da CNT e a FIJL en 1956, desde onde é tableció lazos coas Mocidades Libertarias de París. Participou no proceso de reunificación da CNT en 1960 e nas fases preparatorias de Defensa Interior. Como se cre tario da Comisión de Relacións da FIJL participa na Comisión de Defensa. Foi detido en 1963, nunha macrorredada das autoridades francesas contra medios libertarios, e asignado a vixilancia en París, onde integrou a Comisión de Relacións clandestina. En 1965 marchou a Bruxelas para constituír a Delegación Exterior da FIJL. Tras a súa volta a España en 1976 situouse na corrente oficial sen participar no desgarrador V Congreso. Nos anos noventa milita na CNT de Cataluña desconfederada. Dirixiu Solidariedade Obreira até 1999 e é autor Bibliografía do anarquismo español 1869-1975. Anotacións para unha bibliografía razoada (Barcelona, 2004).

Tomás Ibáñez Graza (Zaragoza, 1944) durante os anos sesenta participou desde París no movemento anarquista francés e na loita antifranquista dos mozos libertarios españois no exilio. Membro da Comisión de Relacións da FIJL entre xaneiro de 1966 e abril de 1969, foi desterrado de París e asignado a vixilancia nunha remota rexión fran ce sa tras participar nos feitos de Maio do 68. Tras regresar a Barcelona en 1973 involucrouse, xa morto Franco, no re xurdir multitudinario da CNT e do movemento libertario. Despois do V Congreso abandonou a militancia anarcosindicalista até o ano 2000 en que se afiliou a CXT. Cofundador de revístaa Arquipélago, actualmente escribe para revistas libertarias de diversos países. Entre outros libros, é autor de Por que A? Fragmentos dispersos para un anarquismo sen dogmas (2006), Poder e Liberdade (1982), Municións para disidentes (2001) ou Contra a Dominación (2005).

Insurxencia libertaria. As Mocidades Libertarias na loita contra o franquismo

Salvador Gurucharri e Tomás Ibáñez

978-84-92559-15-2 | 344 páxs. | 24 euros

Diccionario galego

Data.Accións

« < Setembro 2010 > »
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 1588

Ligazóns Web : 164

Contidos vistos : 380366

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

martelopng.png