Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.

Celso E. Ferreiro 

Estado proxectos

Retirada da simboloxía franquista na Coruña [4.0 Furacán]
[80%]

Monumento mortos do Portiño [2.0]
[100%]

Congreso Guerrilla Antifranquista Galega [1.0]
[100%]

Monumento fosa común S. Amaro [2.0]
[50%]

Proxecto Tódolos nomes [3.0]
[100%]

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
Benchegados á páxina da CRMH da Coruña
09
Mar
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rubén García para "La Opinión de A Coruña"   

O Concello accede a enviar a estatua de Millán Astray ao Museo Militar

O director do centro ofreceuse a gardar a figura do fundador da Lexión o 22 de xaneiro, poucas horas despois de que o Goberno local ordenase a retirada do monumento da praza 

A estatua de Millán Astray deixou a praza que aínda leva o seu nome o 22 de xaneiro, á primeira hora da mañá e en silencio, sen o bulicio que provocou noutras cidades a retirada de símbolos vinculados ao franquismo. O Concello trasladou o monumento do fundador da Lexión aos talleres municipais da Grela. O Museo Militar ofreceuse para gardar a figura e o alcalde recolle agora a luva, aínda que con cautela, sempre que non se vulnere a lei. "Como non, estariamos encantados! Trátase dun militar de prestixio e fundador da Lexión", afirmou o coronel José Navas, director do Museo Militar, o mesmo día que a estatua de Millán Astray abandonaba a vida pública coruñesa. Foi o alcalde, Javier Losada, o primeiro en falar sobre esta posibilidade, pero daquela ninguén do Goberno municipal púxose en contacto co responsable do centro cultural da praza de Carlos I.

Ler máis...
 
06
Mar
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CRMH   

Manifesto a prol da continuidade de colaboración por parte da Xunta de Galicia no traballo de recuperación da memoria da represión franquista en Galicia

A/A
Excmo. Sr. D. Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo
Consellaría de Cultura e Turismo
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela

En reunión celebrada en Vigo o día 9 de xaneiro de 2010, e constatado o cambio en negativo por parte do actual goberno da Xunta de Galicia, en relación co corte ou eliminación da promoción e colaboración coas actividades que se desenvolven coas tarefas referentes á recuperación da Memoria Histórica, anulando a anterior liña de actuación que se viña desenvolvendo ata marzo de 2009, as asociacións abaixo asinantes,

Ler máis...
 
02
Mar
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Vieiros.com   

COA ABSTENCIÓN DO PPdeG

Franco xa non é fillo adoptivo da Coruña

Aprobou a revogación de todos os títulos concedidos o ditador e a outros militares franquistas. A CRMH pide que se faga o mesmo con Manuel Fraga.

alt

Franco desprázase dende Meirás até A Coruña para asistir ao seu nomeamento como Alcalde honorario e recibir a medalla de ouro da cidade

O pleno municipal aprobou este luns, cos votos a favor do PSdeG e do BNG  e coa abstención do PPdeG, revogar todos os nomeamentos de títulos concedidos a Francisco Franco e a outros políticos e militares durante a etapa da ditadura, en aplicación da Lei da Memoria Histórica.

Ler máis...
 
24
Feb
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por E. Silveira para "La Voz de Galicia"   

O Concello rexeita todas as alegacións á memoria histórica

Aclara que os informes da comisión de expertos non atentan contra a honorabilidade dos afectados

A estatua de Millán Astray retirouse da praza que leva o seu nome

 

O Concello rexeitou todas as reclamacións e recursos interpostos por diversas entidades e particulares contra o acordo plenario do 7 de setembro de 2009, polo que se iniciaba a aplicación da lei da memoria histórica. A comisión informativa de honras e distincións, suxestións e reclamacións celebrará mañá unha sesión para dar o visto e prace a estes puntos antes de sometelo a aprobación plenaria o vindeiro luns.

Ler máis...
 
22
Feb
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CRMH   

23 F: Carta da CRMH ao Delegado do Goberno en Galicia

“UN ESTADO DEMOCRÁTICO NON PODE PAGAR A NÓMINA A MILITARES QUE FAN APOLOXÍA DO FASCISMO”

Será entregada o martes, 23 de febreiro, ás 10,30 horas na Delegación do Goberno en Galicia (praza de Ourense da Coruña).

Cando o 22 de xaneiro se procedía á retirada da estatua de Millán Astray, un militar realizaba o saúdo fascista, desde unha ventá do cuartel de Atocha. Esta imaxe foi difundida no informativo rexional de TVE.

Ler máis...
 
12
Feb
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por D. Barcala / R, Varea para "Público"   

Os actos falanxistas tamén incumpren a lei de partidos

A norma impide desde 2002 "homenaxear" aos que cometen actos violentos. TVE estuda a continuidade do comentarista Petón

 

Asistentes á homenaxe á División Azul, celebrado o mércores no cemiterio da Almudena.

 

O canto público do "Cara ao Sol" co saúdo fascista, organizado o pasado mércores pola Irmandade da División Azul no cemiterio da Almudena (Madrid), provocou un debate político e xudicial sobre a legalidade de conmemorar mitos franquistas. Expertos xuristas sinalan que a lei de partidos podería ser aplicada tamén para impedir estes actos de exaltación, por tratarse dun delito de apología da violencia.

Ler máis...
 
01
Mar
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Europa Press para "A Nosa Terra"   

O concello da Coruña retíralle as distincións a Franco

O Concello da Coruña ratifica hoxe en pleno a retirada de 21 distincións honoríficas, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, unha medida aprobada o pasado 7 de setembro.

Nun comunicado, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña pide que a estas distincións se sume a retirada do título de fillo predilecto para o ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, ministro de Gobernación durante a etapa franquista.

Ler máis...
 
23
Feb
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CRMH   

Carta aberta da CRMH ao Delegado do Goberno en Galicia

Sr. D. Antón Louro
Delegado do Goberno en Galicia


Estimado amigo:


   En aplicación da Lei da Memoria Histórica, e despois da aprobación polo Pleno da corporación municipal da Coruña, realizábase o pasado 22 de xaneiro a retirada da estatua de Millán Astray, situada fronte ao cuartel de Atocha. Un militar que presenciaba os feitos realizaba o saúdo fascista, brazo en alto, en presenza de numerosos medios de comunicación. Realizaba este acto desde as dependencias militares do citado cuartel (había outros dous militares máis), asomado a unha das ventás. Esta imaxe do militar foi difundida no “informativo rexional de TVE en Galicia” e está colgado en internet nas páxinas de numerosos medios de comunicación.

Ler máis...
 
22
Feb
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por R.Prieto para "La Opinión de A Coruña"   

A outra cara do drama da guerra

Os mariños sobreviventes do exilio

Centos de mariños republicanos galegos abandonaron o país tras a Guerra Civil. Os seus familiares relatan a LA OPINIÓN a fuxida e o regreso á súa terra tras décadas de desterro

Mariños republicanos a bordo do buque ´Liberdade´, en Cartaxena no ano 1937

É a outra cara do drama da guerra: o exilio dos miles de mariños republicanos que fuxiron rumbo a África para non caer en mans de Franco. "Fuxiron cara ao descoñecido", relata o fillo dun ex combatente coruñés. Sobreviviron aos campos de concentración, a loita contra os nazis ou entre os comandos ingleses. Tras nove anos de guerra, moi poucos regresaron a España. Dos que puxeron rumbo ao exilio, a maioría se reiventaron a súa vida afastados da súa familia, pero décadas despois regresaron á súa terra.

Ler máis...
 
11
Feb
2010
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Diego Barcala para "Público"   

Homenaxe fascista aos mortos por Hitler

Un centenar de franquistas canta a Cara ao sol para honrar aos falecidos da División Azul. A Policía non impediu o acto

A presidenta da Irmandade da División Azul (centro) xunto a membros deste colectivo canta o "Cara ao sol", brazo no alto, onte, no cemiterio.

A Lei da Memoria Histórica volveu onte a ser pisada de forma impune por un grupo de familiares de caídos e fanáticos da División Azul, que acudiron ao cemiterio da Almudena, en Madrid, a homenaxear aos militares que loitaron xunto ás tropas de Adolf Hitler. Tras unha cerimonia relixiosa chegou o momento de entoar o Eu tiña un camarada e despois a Cara ao Sol, saúdo nazi incluído, xunto ao monumento e panteón aos caídos, erixido en 1991.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Xoves, 11 Marzo 2010

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish

BANER Queremos Galego

Manifesto

Para a retirada de todo tipo de distincións honoríficas, concedidas durante a Ditadura, a Franco e a todos os seus ministros, así como a eliminación das rúas e simboloxía franquistas da Coruña
ojo.jpg

Enquisa

¿Que pensas de que exista unha fosa común en S. Amaro?
 

Diccionario galego

Data.Accións

« < Marzo 2010 > »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
luna.png

Contadores

Membros : 152

Contido : 553

Ligazóns Web : 113

Contidos vistos : 240527

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Tódalas visitas

Visitas [+/-]
Hoxe:
Onte:
Antonte:
25
374
474

-100
Esta semana:
A semana pasada:
A semana anterior:
1259
3293
3258

+35

Media diaria
Esta semana:
A semana pasada:
A semana anterior:
314.8
470.4
465.4
-155.6
+5
Este ano:122.7

Tódalas visitas
dende 15/03/08 169 483
martelopng.png