logo-youtube.png

COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA

Dende a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica CRMH da Coruña, coa colaboración do Concello da Coruña, inauguramos, este XOVES 12 DE DECEMBRO, A PARTIR DAS 19,00 h. a Exposición ESPAZOS REPUBLICANOS (A Coruña, do 14 de abril de 1931 ao 18 de xullo de 1936), cunhas verbas dos representantes do Concello e da CRMH da Coruña, en concreto, Jesús Javier Celemín, concelleiro de Cultura, Educación e Memoria Histórica e Fernando Souto Suárez, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Espazos Republicanos é un proxecto froito dun traballo coral que achega a visión de arquitectos, xornalistas, historiadores ou docentes, entre outras moitas persoas que comparten a sensibilidade do ideario republicano e que buscan que a cidadanía poida situar e recoñecer algúns destes espazos que xa forman parte da Memoria colectiva da arquitectura coruñesa.

A recuperación da memoria histórica e republicana da cidade da Coruña, dende o ámbito da arquitectura, pasa por mostrar onde están situados estes espazos públicos que nos remiten a este ideario republicano que desexaban plasmar arquitectos como Caridad Mateo, Antonio Tenreiro ou Rey Pedreira, que percibían as edificacións como proxectos urbanos complexos para o uso da cidadanía. Non era só arquitectura. Estes profesionais proxectaban espazos de formación, de educación, de lecer, de cultura…, é dicir, trasladaban coa súa obra a necesidade de xerar espazos públicos de calidade, inspiradores de valores democráticos e fieis ao reflexo das expresións dunha sociedade moderna.

É a República a que, pola súa idea de europeísmo, vaille dar a palabra a aqueles arquitectos que, se ben estaban marxinados, agora van contemplar proxectos de modernidade e de calidade, non só para o centro da cidade, senón para os barrios obreiros. Toda esta idea de concepción de República e vangarda sintetizarase dende 1931 ata 1936, ano no que estes proxectos se frustrarían polo Alzamento Militar e posterior Guerra Civil.

A exposición está impulsada polo arquitecto e socio da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Xosé Lois Martínez Suárez, coa colaboración do Concello da Coruña que, partindo do plano da cidade encargado a Fermín Gutiérrez no ano 1931, viu a necesidade de reflectir como eran os Espazos Republicanos da nosa cidade.

LUGAR: SALA DE EXPOSICIÓNS SALVADOR DE MADARIAGA (Rúa Durán  Loriga, nº 10)

HORA: 19 horas 

 

PODES VER O VIDEO DA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “ESPAZOS REPUBLICANOS” PREMENDO NA LIGAZÓN DE ABAIXO

https://wetransfer.com/downloads/20fee86681bd12ed131c6a421fb2d6fc20191214105715/43ccf6459cc721ac0500da02205756f820191214105715/ee81b8

 

CONVITEespazosrepublicanos.png

Créditos:

Organizan: Concello da Coruña e Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Fondo documental: Arquivo Histórico Municipal da Coruña

Dirección: Xosé Lois Martínez Suárez

Coordinación: Fernando Souto Suárez

Coordinación técnica: Situacións Construídas, taller de arquitectura: Daniel Rodríguez Ayuso e Carmen Armada Martínez, coa colaboración de Irene García Paz, Tania García Tubío e Jorge García Vila

Edición de textos e entrevistas: Irene Tomé Urresti

Autores: Xosé Alfeirán Rodríguez, Aldara Cidrás, Xosé A. Fraga, Montserrat Golías Pérez, Emilio Grandío, Aurora Paz Viruet, Xosé Lois Marínez, Irene Tomé Urresti

Documentación: Eliseo Fernández

Deseño da exposición: Situacións Construidas, taller de arquitectura: Daniel Rodríguez Ayuso e Carmen Armada Martínez, coa colaboración de Irene García Paz, Tania García Tubío e Jorge

Realización e edición de vídeos: Xosé Antón Bocixa Rei

Colaboradores: Lucía Escrigas, Roberto Iglesias Rey, Alicia Martínez, Clara Martínez, Cristina Oimil e Jose Ramón Ramos García

Contacto: espazosrepublicanos@gmail.com

Redes sociais: Twiter, Instagram e Facebook: Espazos Republicanos