|
|
Escrito por Rubén García para "La Opinión de A Coruña"
|
|
| |
O Concello accede a enviar a estatua de Millán Astray ao Museo Militar
O director do centro ofreceuse a gardar a figura do fundador da Lexión o 22 de xaneiro, poucas horas despois de que o Goberno local ordenase a retirada do monumento da praza
A estatua de Millán Astray deixou a praza que aínda leva o seu nome o 22 de xaneiro, á primeira hora da mañá e en silencio, sen o bulicio que provocou noutras cidades a retirada de símbolos vinculados ao franquismo. O Concello trasladou o monumento do fundador da Lexión aos talleres municipais da Grela. O Museo Militar ofreceuse para gardar a figura e o alcalde recolle agora a luva, aínda que con cautela, sempre que non se vulnere a lei. "Como non, estariamos encantados! Trátase dun militar de prestixio e fundador da Lexión", afirmou o coronel José Navas, director do Museo Militar, o mesmo día que a estatua de Millán Astray abandonaba a vida pública coruñesa. Foi o alcalde, Javier Losada, o primeiro en falar sobre esta posibilidade, pero daquela ninguén do Goberno municipal púxose en contacto co responsable do centro cultural da praza de Carlos I.
|
|
Ler máis...
|
Manifesto a prol da continuidade de colaboración por parte da Xunta de Galicia no traballo de recuperación da memoria da represión franquista en Galicia
A/A Excmo. Sr. D. Roberto Varela Fariña Conselleiro de Cultura e Turismo Consellaría de Cultura e Turismo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela
En reunión celebrada en Vigo o día 9 de xaneiro de 2010, e constatado o cambio en negativo por parte do actual goberno da Xunta de Galicia, en relación co corte ou eliminación da promoción e colaboración coas actividades que se desenvolven coas tarefas referentes á recuperación da Memoria Histórica, anulando a anterior liña de actuación que se viña desenvolvendo ata marzo de 2009, as asociacións abaixo asinantes,
|
|
Ler máis...
|
|
COA ABSTENCIÓN DO PPdeG
Franco xa non é fillo adoptivo da Coruña
Aprobou a revogación de todos os títulos concedidos o ditador e a outros militares franquistas. A CRMH pide que se faga o mesmo con Manuel Fraga.

Franco desprázase dende Meirás até A Coruña para asistir ao seu nomeamento como Alcalde honorario e recibir a medalla de ouro da cidade
O pleno municipal aprobou este luns, cos votos a favor do PSdeG e do BNG e coa abstención do PPdeG, revogar todos os nomeamentos de títulos concedidos a Francisco Franco e a outros políticos e militares durante a etapa da ditadura, en aplicación da Lei da Memoria Histórica.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por E. Silveira para "La Voz de Galicia"
|
|
| |
O Concello rexeita todas as alegacións á memoria histórica Aclara que os informes da comisión de expertos non atentan contra a honorabilidade dos afectados 
A estatua de Millán Astray retirouse da praza que leva o seu nome O Concello rexeitou todas as reclamacións e recursos interpostos por diversas entidades e particulares contra o acordo plenario do 7 de setembro de 2009, polo que se iniciaba a aplicación da lei da memoria histórica. A comisión informativa de honras e distincións, suxestións e reclamacións celebrará mañá unha sesión para dar o visto e prace a estes puntos antes de sometelo a aprobación plenaria o vindeiro luns.
|
|
Ler máis...
|
23 F: Carta da CRMH ao Delegado do Goberno en Galicia “UN ESTADO DEMOCRÁTICO NON PODE PAGAR A NÓMINA A MILITARES QUE FAN APOLOXÍA DO FASCISMO” Será entregada o martes, 23 de febreiro, ás 10,30 horas na Delegación do Goberno en Galicia (praza de Ourense da Coruña). Cando o 22 de xaneiro se procedía á retirada da estatua de Millán Astray, un militar realizaba o saúdo fascista, desde unha ventá do cuartel de Atocha. Esta imaxe foi difundida no informativo rexional de TVE.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por D. Barcala / R, Varea para "Público"
|
|
| |
Os actos falanxistas tamén incumpren a lei de partidos A norma impide desde 2002 "homenaxear" aos que cometen actos violentos. TVE estuda a continuidade do comentarista Petón  Asistentes á homenaxe á División Azul, celebrado o mércores no cemiterio da Almudena. O canto público do "Cara ao Sol" co saúdo fascista, organizado o pasado mércores pola Irmandade da División Azul no cemiterio da Almudena (Madrid), provocou un debate político e xudicial sobre a legalidade de conmemorar mitos franquistas. Expertos xuristas sinalan que a lei de partidos podería ser aplicada tamén para impedir estes actos de exaltación, por tratarse dun delito de apología da violencia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
Escrito por Europa Press para "A Nosa Terra"
|
|
| |
O concello da Coruña retíralle as distincións a Franco O Concello da Coruña ratifica hoxe en pleno a retirada de 21 distincións honoríficas, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, unha medida aprobada o pasado 7 de setembro. 
Nun comunicado, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña pide que a estas distincións se sume a retirada do título de fillo predilecto para o ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, ministro de Gobernación durante a etapa franquista.
|
|
Ler máis...
|
Carta aberta da CRMH ao Delegado do Goberno en Galicia Sr. D. Antón Louro Delegado do Goberno en Galicia Estimado amigo:
En aplicación da Lei da Memoria Histórica, e despois da aprobación polo Pleno da corporación municipal da Coruña, realizábase o pasado 22 de xaneiro a retirada da estatua de Millán Astray, situada fronte ao cuartel de Atocha. Un militar que presenciaba os feitos realizaba o saúdo fascista, brazo en alto, en presenza de numerosos medios de comunicación. Realizaba este acto desde as dependencias militares do citado cuartel (había outros dous militares máis), asomado a unha das ventás. Esta imaxe do militar foi difundida no “informativo rexional de TVE en Galicia” e está colgado en internet nas páxinas de numerosos medios de comunicación.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por R.Prieto para "La Opinión de A Coruña"
|
|
| |
A outra cara do drama da guerra Os mariños sobreviventes do exilio Centos de mariños republicanos galegos abandonaron o país tras a Guerra Civil. Os seus familiares relatan a LA OPINIÓN a fuxida e o regreso á súa terra tras décadas de desterro 
Mariños republicanos a bordo do buque ´Liberdade´, en Cartaxena no ano 1937 É a outra cara do drama da guerra: o exilio dos miles de mariños republicanos que fuxiron rumbo a África para non caer en mans de Franco. "Fuxiron cara ao descoñecido", relata o fillo dun ex combatente coruñés. Sobreviviron aos campos de concentración, a loita contra os nazis ou entre os comandos ingleses. Tras nove anos de guerra, moi poucos regresaron a España. Dos que puxeron rumbo ao exilio, a maioría se reiventaron a súa vida afastados da súa familia, pero décadas despois regresaron á súa terra. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Diego Barcala para "Público"
|
|
| |
Homenaxe fascista aos mortos por Hitler Un centenar de franquistas canta a Cara ao sol para honrar aos falecidos da División Azul. A Policía non impediu o acto 
A presidenta da Irmandade da División Azul (centro) xunto a membros deste colectivo canta o "Cara ao sol", brazo no alto, onte, no cemiterio. A Lei da Memoria Histórica volveu onte a ser pisada de forma impune por un grupo de familiares de caídos e fanáticos da División Azul, que acudiron ao cemiterio da Almudena, en Madrid, a homenaxear aos militares que loitaron xunto ás tropas de Adolf Hitler. Tras unha cerimonia relixiosa chegou o momento de entoar o Eu tiña un camarada e despois a Cara ao Sol, saúdo nazi incluído, xunto ao monumento e panteón aos caídos, erixido en 1991.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |